Xerome Emiliani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXerome Emiliani

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1486 Editar o valor em Wikidata
Venecia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1537 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Somasca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMonastic life (en) Traducir, suporte social (pt) Traducir e servizo militar Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , oficial , relixioso cristián Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrdem dos Clérigos Regulares de Somasca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de febreiro Editar o valor em Wikidata

Xerome Emiliani, nado en Venecia en 1486 e finado en Somasca o 8 de febreiro de 1537, fundador dos Cregos Regulares de Somasca adicada á atención dos marxinados e enfermos e particularmente á infancia e á xuventude desamparada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Anxo Emiliani, senador da República veneciana. Orfo de pai aos dez anos, seguiu a carreira militar guerreando contra o Papa e a Liga de Cambrai en defensa do seu Estado. Foi alcaide e rexente de Caltelnuovo di Quero sul Piave, caendo prisioneiro cando os franceses, aliados do Papa e unidos a el na Liga de Cambrai, tomaron a praza. Conseguiu escapar, e máis tarde, en 1516, retomou o cargo e fíxose cargo da viúva do seu irmán falecido e dos seus catro fillos.

Coñeceu a Caetano de Thiene en 1527, o que influíu en que se implicase ao servizo do hospital de enfermos incurables de Venecia. Asemade, abriu un obradoiro para formar a nenos e xente nova marxinada. Entregado á cura de enfermos durante as epidemias, en 1531, el mesmo se contaxia. Recuperado, entrega todos os seus bens aos pobres e parte a Bérgamo para fundar con varios laicos obras de atención a orfos, prostitutas e enfermos. Espallou a súa acción a varias cidades italianas como Milán, Pavia ou Brescia. En 1534, funda a Congregación de servos dos Pobres, máis tarde denominada Somasca, aínda que el non entra na mesma.

En febreiro de 1534, desatada unha epidemia de peste e adicado á atención dos apestados, el mesmo se contaxia mortalmente.

Significación[editar | editar a fonte]

Foi beatificado o 23 de abril de 1747 por Bieito XIV e canonizado o 12 de outubro 1767 por Clemente XIII. A súa festa celébrase o 8 de febreiro.

É patrón de Treviso e Venecia.