Alexandre VII, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papa do século XVI ó século XVII |
|
|---|---|
|
|
| Papas do século XVII |
|
|
|
| Papas do século XVII ó século XVIII |
|
|
|
| Antipapa/s |
|
|
Alexandre VII, (* Siena, 13 de febreiro de 1599 – † Roma, 22 de maio de 1667). Papa n.º 237 da Igrexa Católica entre 1655 e 1667.
Inicialmente contrario ao nepotismo, durante o seu primeiro ano do seu papado prohibiu aos seus parentes mesmo visitar Roma. Non obstante, durante o consistorio do 2 de abril de 1656, anunciou que o seu irmán e os seus sobriños acudirían a asistirlle quedando a partir de entón en mans dos seus parentes a administración eclesiástica. Esta medida, que supuxo un novo florecemento do nepotismo, complementouna proporcionando aos membros da súa familia que residía na súa cidade natal os postos civís e eclesiásticos mellor pagados así como magníficos pazos e facendas.
Favoreceu os españois nas súas reclamacións sobre Portugal, que restablecera a súa independencia en 1640.
Mantivo a condena contra o xansenismo ao defender este a maldade da natureza humana. Favoreceu aos xesuítas, conseguindo a súa readmisión en Venecia.
Foi inimigo do sucesor do Cardeal Richelieu o tamén poderoso no Reino de Francia, cardeal Mazarino. Este realizou unha política a prol do seu Estado en contra dos intereses da Igrexa Católica en Europa.
Fomentou así mesmo a arquitectura e o embelecemento xeral de Roma, onde se derrubaron casas para realizar un novo trazado das rúas romanas, converténdose ademais nun gran mecenas, especialmente de Bernini, a quen encargou a construción da bela columnata da praza da Basílica de San Pedro e confiou obras como a ornamentación da igrexa de Santa María del Popolo.
Canonizou a Francisco de Sales, Ramón Nonato e Tomé de Villanueva.