Simón, apóstolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Simón, o Zelote
Aveiro March 2012-18.jpg

San Simón o Zelote, imaxe anónima de finais do s. XVII no Museo de Aveiro (Portugal).
Apóstolo e Mártir
Biografía
Nacemento arredor do ano 1 a.C. en Caná, Palestina
Pasamento 107 d.C. en Persia
Proceso de canonización
Canonización Anterior á Congregación
Veneración
Venerado/a en Maioría das confesións cristiás
Festividade 28 de outubro
Atributos serra, cruz
Patrón/a de goldreiros, curtidores e serrachíns

Simón, dito Simón, o Zelote (ou o Celador) ou Simón, o Cananeo, natural da Galilea, foi un dos discípulos de Xesús Cristo que formou parte do grupo dos doce apóstolos. Refírese coma o Cananeo de acordo co Libro de Mateo e coma o Zelote no Libro de Lucas e en Feitos dos Apóstolos.

A palabra grega Cananeo e a palabra Zelote, derivada do aramaico, significan a mesma cousa: "celoso". Suponse por ese apelido que Simón pertencía á seita xudaica coñecida como zelotes.

Ministerio[editar | editar a fonte]

Non se sabe con exactitude cal sería o ministerio de Simón posteriormente. Algunhas tradicións colócano como grande auxiliador no estabelecemento do cristianismo en Exipto, xunto con San Marcos e Filipe en Siria, con todo, podería ter evanxelizado tamén polo norte de África, por Asia menor e a Península Ibérica. De aí, podería ter partido con Xudas Tadeo para a Mesopotamia e Siria, onde se encontrou con outros Apóstolos que por aló evanxelizaban. A seguir, partiría para Persia. A súa predicadión parécese á dos outros catro apóstolos que foron para o Oriente, considerada por algúns como ascética e xudaica, como as preservadas na Epístola canónica de Xudas.

Martirio[editar | editar a fonte]

"O martirio de San Simón Apóstolo" pintada na igrexa de São Simão apóstolo, en São Simão (Brasil).

Segundo o cronista cristián Hexésipo, Simón encontrou o martírio no tempo do emperador Traxano, cando contaba con, aproximadamente, 120 anos de idade. As versións sobre a súa execución diverxen: unhas falan sobre a crucifixión e outras tradicións menos seguras, dunha morte na fogueira en Armenia. A tradición católica di que Simón foi martirizado cortado ao medio vivo cunha serra.

Iconografía[editar | editar a fonte]

O apóstolo é representado tendo na súa man dereita un libro aberto, que simboliza a evanxelización dinámica e que a Palabra de Deus é sempre actual. Na man esquerda, a serra, ferramenta utilizada para o seu martirio. Cos ollos fitos no libro, lembra o amor a Deus por riba de todas as cousas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simón, apóstolo Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]