Gregorio XVI, papa
| Papa do século XVIII ó século XIX |
|
|---|---|
|
|
| Papas do século XIX |
|
| Papa do século XIX ó século XX |
|
|
Bartolomeo Alberto Cappellari, coñecido como Gregorio XVI, nado en Belluno, Italia, o 18 de setembro de 1765 e finado en Roma o 1 de xuño de 1846, foi papa da Igrexa Católica dende o 2 de febreiro de 1831 ata a súa morte en 1846.
[editar] Traxectoria
A unha idade moi temprana, ingresou na Orde da Camáldula, na que pronto se distinguiu polas súas aptitudes para a teoloxía e a lingüística. Obtivo gran notoriedade en 1799 coa publicación dunha obra en contra dos xansenistas italianos titulada Il trionfo della Santa Sé, a cal foi traducida a varias linguas europeas.
En 1831 foi elixido sucesor de Pío VIII. Para rematar as loitas que xurdiron no Vaticano tivo que percorrer á axuda de Austria.
[editar] Perfil
Na súa xestión eclesiástica amosou un talante moi conservador. Publicou a encíclica Mirari vos, pola que denunciaba, entre outras cousas, a liberdade relixiosa e a separación entre Igrexa e Estado. A pesar do seu inmobilismo, Gregorio XVI foi bastante crítico coa escravitude, que seguía se practicando en moitos países, como os Estados Unidos.
O mundo das artes débelle a restauración de San Paulo e a creación do Museo Etrusco, Exipcio e Cristián. Foi o máximo responsable do progreso católico en América e potenciou as misións.
Morreu o 1 de xuño de 1846 e foi sucedido por Pío IX.