Carlo Maderno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlo Maderno
Nacemento1556
Lugar de nacementoCapolago
Falecemento30 de xaneiro de 1629
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de São João dos Florentinos
NacionalidadeSuíza
Ocupaciónarquitecto
IrmánsStefano Maderno
Coñecido porPalazzo Barberini e Igreja de Santa Susana nas Termas de Diocleciano
PremiosOrdem da Espora de Ouro
editar datos en Wikidata ]
Fachada de San Pedro do Vaticano, por Carlo Maderno

Carlo Maderno, nado en Capolago cantón do Tesino (Suíza) no 1556 e finado en Roma o 30 de xaneiro de 1629, foi un arquitecto de orixe italiana, coñecido mundialmente por ser o autor da fachada da basílica de San Pedro do Vaticano. Ás veces é citado como Carlo Maderna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Maderno formaba parte dunha familia de pedreiros. Acabou de prepararse con seu tío Domenico Fontana, en Roma, como canteiro e estuquista.

A súa primeira obra romana importante foi a fachada de Santa Susanna, realizada entre 1595 e 1603, na cal utilizou como modelo a fachada de Il Gesú, de Roma, obra de Della Porta, ben que Maderno introduciu unha maior volumetría que acentúa o claroscuro, precedente directo do que se fará no barroco.

Sant'andrea della Valle, Roma

A fachada de San Pedro do Vaticano[editar | editar a fonte]

Baixo o pontificado de Paulo V, gañou o concurso para a conclusión da Basílica de San Pedro do Vaticano, proxecto no que propón, inicialmente, para obter unha maior capacidade de fieis, transformar o proxecto de Miguel Anxo, mudando a planta de cruz grega centralizada nunha planta de cruz latina, que primase o aspecto lonxitudinal. A solución de Maderno habería ser un compromiso que non alterase o concepto fundamental proposto por Miguel Anxo, coa cúpula como elemento dominante e organizador do espazo, de feito que ao acometer a monumental fachada, esta é desenvolvida, no posíbel, lonxitudinalmente, e non tanto en altura, a pesar da súa grande monumentalidade.

Con todo, a cúpula de Buonarrotti, quedou desprazada cara ao fondo, a causa dos novos volumes introducidos. A pesar disto está recoñecido o mérito de Maderno por obrar cun grande respecto pola obra de Miguel Anxo, e por lograr articular o edificio, con todos os condicionamentos que se lle presentaban, tendo moi en conta o espazo que o precedía e preparándoo para a gran solución urbanística dada logo por Gian Lorenzo Bernini para a praza.

Maderno participou ademais en numerosas grandes obras da Roma e arredores da súa época.

Obras arquitectónicas[editar | editar a fonte]

  • Capela funeraria da familia Caetani en Santa Pudenziana, iniciada por Francesco da Volterra, acabada por Maderno en 1598
  • Sant Giacomo degli Incurabili, Roma; iniciada por Francesco da Volterra, acabada entre 1598-1602 por Maderno
  • Cappella Aldobrandini, en Santa Maria sopra Minerva, Roma, 1602
  • Villa Aldobrandini, en Frascati; iniciada por Giacomo della Porta, e entre 1602-1604 acabada por Maderno
  • Santa Susanna, Roma, decoración interior e fachada, cara 1593-1603
  • Palazzo Lancelotti, en Frascati; iniciada por Francesco da Volterra, acabada por Maderno
  • Palazzo Mattei di Giove, en Roma, 1598-1617
  • Basílica de San Pedro, Roma, naves e fachada, 1607-1620
  • Sant'Andrea della Valle, a partir de 1608, a construción da fachada erguida segundo planos de Maderno, foi acabada por Kuppel en 1622
  • Altar para Santa Maria della Pace, 1611-1614
  • Villa Mondragone, en Frascati, a partir de 1613, en colaboración cos arquitectos Giovanni Vasanzio, Flaminio Ponzio, Girolamo Rainaldi e Giovanni Fontana
  • Sant Giovanni de'Fiorentini, 1614
  • Palazzo Quirinale, en Roma, portada e xardín, a partir de 1615
  • Palazzo Barberini, en Roma, planos de 1625, acabada por Gian Lorenzo Bernini e Borromini

Obras menores: fontes[editar | editar a fonte]

  • Fonte na praza de San Pedro, 1613-1614.
  • Fonte ante Sant'Andrea della Valle.