León XIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
León XIII
Leo XIII..jpg
Papa da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 2 de marzo de 1810 en Carpineto Romano
Pasamento 20 de xullo de 1903 en Roma
Nome secular Vicenzo Gioacchino Pecci
Ordes
Ordenación sacerdotal 31 de decembro de 1837, por Carlo Odescalchi
Consagración episcopal 19 de febreiro de 1843, por Luigi Emmanuele Nicolò Lambruschini
Creado cardeal 19 de decembro de 1853, por Pío IX
Papa
Bispo de Roma
1878 - 1903
Predecesor Pío IX
Sucesor Pío X
Cargos anteriores Arcebispo de Perugia (1846-1878)
Outros
C o a Leone XIII.svg
Escudo de León XIII
Papa do século XIX
Papa do século XIX ó século XX
  • León XIII (1878 - 1903)
Papas do século XX
Papa do século XX ó século XXI
Antipapa/s
  • Ningún


León XIII (Carpineto Romano, 2 de marzo de 1810 - Roma, 20 de xullo de 1903). Papa italiano da Igrexa Católica Romana, o seu nome era Vincenzo Gioacchino Pecci. Procedente dunha familia aristocrática do Lazio, ordenouse sacerdote en 1837. Estudou na academia da diplomacia vaticana e foi destinado como nuncio a Bruxelas (1843-46). Logo exerceu como arcebispo de Perugia, de 1846 a 1877, e Pío IX fíxoo cardeal en 1856.

Nos anos seguintes produciuse a unificación italiana (1859-70), que supuxo a liquidación dos Estados Pontificios e o enfrontamento radical entre a Igrexa católica e o Estado liberal (especialmente, o novo Reino de Italia). A postura moderada que mantivo nestes temas o cardeal Pecci converteuno nun candidato idóneo para suavizar as tensións, razón que probablemente influíu na decisión do Colexio Cardenalicio de o elixir papa ó morrer Pío IX en 1878.

O seu longo pontificado significou un achegamento da Igrexa ás realidades do mundo moderno. Fronte ó crecente problema obreiro, creou unha doutrina social da Igrexa que condenaba tanto o socialismo coma o capitalismo liberal, destacando a función social do traballo e da propiedade e propondo un ideal de harmonía entre ambos (encíclica Rerum Novarum, 1891). O realismo político e a habilidade diplomática do papa permitiron poñer fin á hostilidade do réxime imperial alemán cara ós católicos (abandono por Otto von Bismarck da Kulturkampf en 1879 e visita a Roma do emperador Guillerme II en 1888); igualmente, propugnou o fin da confrontación entre a Igrexa francesa e a Terceira República, avalando a participación dos católicos franceses no réxime republicano; pero, en cambio, mantivo o enfrontamento co Estado italiano, insistindo no boicot dos católicos italianos á vida política nacional.

Reforzou os lazos coa Igrexa norteamericana, fomentando a expansión do catolicismo en Estados Unidos. Con todo, León XIII contribuíu a dotar á Igrexa dun novo protagonismo a escala mundial, reforzado por dous tipos de iniciativas súas: por un lado, o achegamento á Igrexa anglicana e ós ortodoxos gregos, que iniciou a tendencia ecuménica los papa do século XX; e por outro, o impulso da acción misioneira, especialmente en África.

Encíclicas[editar | editar a fonte]

Leo XIII..jpg
Papst leo xiii a.jpg
LeoXIIIcrown.jpg
Papst Leo XIII 1898.jpg
Cardinal Camerlengo certifying a papal death.JPG
Leo XIII.gif
C o a Leone XIII.svg
  • Ad Extremas (24 de xuño de 1893)
  • Adiutricem (5 de setembro de 1895)
  • Aeterni Patris (4 de agosto de 1879)
  • Affari Vos (8 de decembro de 1897)
  • Annum Sacrum (25 de maio de 1899)
  • Arcanum Divinae (10 de febreiro de 1880)
  • Augustissimae Virginis Mariae (12 de setembro de 1897)
  • Au Milieu Deas Sollicitudes (16 de febreiro de 1892)
  • Auspicato Concessum (17 de setembro de 1882)
  • Caritatis (19 de marzo de 1894)
  • Caritatis Studium (25 de xullo de 1898)
  • Catholicae Ecclesiae (20 de novembro de 1890)
  • Christi Nomen (24 de decembro de 1894)
  • Constanti Hungarorum (2 de setembro de 1893)
  • Cum Multa (8 de decembro de 1882)
  • Custodi di quella Fede (8 de decembro de 1892)
  • Dall'alto dell'Apostolico Seggio (15 de outubro de 1890)
  • Depuis le Jour (8 de setembro de 1899)
  • Diuturni temporis (5 de setembro de 1898)
  • Diuturnum (29 de xuño de 1881)
  • Divinum illud munus (9 de maio de 1897)
  • Dum Multa (24 de decembro de 1902)
  • Etsi Cunctas (21 de decembro de 1888)
  • Etsi Nos (15 de febreiro de 1882)
  • Exeunte Iam Anno (25 de decembro de 1888)
  • Fidentem Piumque Animum (20 de setembro de 1896)
  • Fin dal Principio (8 de decembro de 1902)
  • Grande Munus (30 de setembro de 1880)
  • Graves de Communi Re (18 de xaneiro de 1901)
  • Gravissimas (16 de maio de 1901)
  • Humanum Genus (20 de abril de 1884)
  • Iampridem (6 de xaneiro de 1886)
  • Immortale Dei (1 de novembro de 1885)
  • In Amplissimo (15 de abril de 1902)
  • Inimica Vis (8 de decembro de 1892)
  • In Ipso (3 de marzo de 1891)
  • In Plurimis (5 de maio de 1888)
  • Inscrutabili Dei Consilio (21 de abril de 1878)
  • Insignes (1 de maio de 1896)
  • Inter Graves (1 de maio de 1894)
  • Iucunda Semper Expectatione (8 de setembro de 1894)
  • Laetitiae Sanctae (8 de setembro de 1893)
  • Libertas (20 de xuño de 1888)
  • Licet Multa (3 de agosto de 1881)
  • Litteras a Vobis (2 de xullo de 1894)
  • Longinqua (6 de xaneiro de 1895)
  • Magnae Dei Matris (8 de setembro de 1892)
  • Magni Nobis (7 de marzo de 1889)
  • Militantis Ecclesiae (1 de agosto de 1897)
  • Mirae Caritatis (28 de maio de 1902)
  • Nobilissima Gallorum Gens (8 de febreiro de 1884)
  • Non Mediocri (25 de outubro de 1893)
  • Octobri Mense (22 de setembro de 1891)
  • Officio Sanctissimo (22 de decembro de 1887)
  • Omnibus Compertum (21 de xullo de 1900)
  • Pastoralis (25 de xullo de 1891)
  • Pastoralis Officii (12 de setembro de 1891)
  • Paternae (18 de setembro de 1899)
  • Paterna Caritas (25 de xullo de 1888)
  • Pergrata (14 de setembro de 1886)
  • Permoti Nos (10 de xullo de 1895)
  • Providentissimus Deus (18 de novembro de 1893)
  • Quae Ad Nos (22 de novembro de 1902)
  • Quam Aerumnosa (10 de decembro de 1888)
  • Quamquam Pluries (15 de agosto de 1889)
  • Quam Religiosa (16 de agosto de 1898)
  • Quarto Abeunte Saeculo (16 de xullo de 1892)
  • Quod Anniversarius (1 de abril de 1888)
  • Quod Apostolici Muneris (28 de decembro de 1878)
  • Quod Auctoritate (22 de decembro de 1885)
  • Quod Multum (22 de agosto de 1886)
  • Quod Votis (30 de abril de 1902)
  • Quum Diuturnum (25 de decembro de 1898)
  • Reputantibus (20 de agosto de 1901)
  • Rerum Novarum (15 de maio de 1891)
  • Saepe Nos (24 de xuño de 1888)
  • Sancta Dei Civitas (3 de decembro de 1880)
  • Sapientiae Christianae (10 de xaneiro de 1890)
  • Satis Cognitum (29 de xuño de 1896)
  • Spectata Fides (27 de novembro de 1885)
  • Spesse Volte (5 de agosto de 1898)
  • Superiore Anno (30 de agosto de 1884)
  • Supremi Apostolatus Officio (1 de setembro de 1883)
  • Tametsi Futura Prospicientibus (1 de novembro de 1900)
  • Urbanitatis Veteris (20 de novembro de 1901)
  • Vi è Ben Noto (20 de setembro de 1887)
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: León XIII, papa