Xoán Paulo I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Paulo I trala súa elección o 26 de agosto de 1978.

Albino Luciani, nado en Canale d'Agordo o 17 de outubro de 1912 e finado na Cidade do Vaticano o 28 de setembro de 1978, foi Papa da Igrexa Católica co nome de Xoán Paulo I (latín: Ioannes Paulus PP. I).

Traxectoria [editar]

Naceu nunha pequena localidade do Belluno (Italia), daquela coñecida como Forno dei Canale. Era fillo de Giovanni Luciani e Bortola Tancon, sendo o maior de catro irmáns. Ós 10 anos, e logo de vivir na pobreza durante a Primeira Guerra Mundial, a súa nai morreu e o seu pai contraeu novas nupcias cunha muller de gran devoción; foi entón cando naceu a súa vocación sacerdotal, segundo el declarou, grazas á predicación dun frade capuchino. En 1923 ingresou no seminario menor da localidade de Feltre, pasou logo ao seminario maior de Belluno, onde foi ordenado sacerdote en 1935. Trala súa ordenación trasladouse a Roma onde completou os seus estudos teolóxicos na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, na que obtería o grao de Doutor en teoloxía en 1947. Ó remata-los estudos regresou á súa localidade natal onde empezou o seu labor pastoral como párroco de Forno dei Canale e de Agordo, labor que compatibilizou cunha función docente no Instituto Tecnolóxico Mineiro.

Antes de se converter no "Papa do sorriso" (como sería coñecido por moitos), ocupou cargos como Vicerreitor do seminario de Belluno e Vicario Xeral de Belluno (diocese a cargo da cal estivo 11 anos) en 1954; En 1958 Xoán XXIII conságrao como bispo de Vittorio Veneto e O 15 de decembro de 1969 foi nomeado Patriarca de Venecia, penúltimo paso antes da súa elección como Sumo Pontífice ó que intermediaría a súa creación como cardeal o 5 de marzo de 1973.

Foi elixido como o 263º Papa oficial da Igrexa Católica o 26 de agosto de 1978. Foi o primeiro Papa con dous nomes, xesto co que pretendía honrar ós seus dous predecesores: Xoán XXIII e Paulo VI. Despois da súa elección, Xoán Paulo I estableceu un ambiente de optimismo e reformas. Pero nunca chegaría a avanzar máis alá das propostas. Morreu, aparentemente por infarto, 33 días despois, o 28 de setembro de 1978, tras o undécimo pontificado máis breve a historia (o primeiro corresponde ó de Urbano VII quen ocupou a sé por 13 días).

Escudo de Armas de Xoán Paulo I.

Hipótese do asasinato [editar]

Papa do século XIX ó século XX
Papas do século XX
Papas do século XXI


Así a todo, varias hipóteses, sen fundamento sólido, xurdiron posteriormente para explica-lo inesperado falecemento de Xoán Paulo I. Algúns anos despois da morte do Pontífice, destapáronse varios escándalos económicos de groso calado nos que se achaban implicados o Banco Ambrosiano e o Banco Vaticano (dirixido polo cardeal Marcinkus). De feito, Roberto Calvi, avogado do primeiro destes bancos, apareceu aforcado en Londres, a causa dun aparente suicidio. As teorías do asasinato implicarían que Xoán Paulo I tería descuberto estes escándalos, os cales levaban sucedendo baixo os narices de Paulo VI durante bastante tempo sen o seu coñecemento, e tería tentado limpa-la Igrexa deste mal, provocando que a Logia P2, de poderosa influencia no Vaticano, ordenase a súa morte, quizais mediante envelenamento. Iso explicaría, entre outras cousas, que despois de tres papas consecutivos de natureza progresista, os cardeais escollesen como novo papa a un cardeal moderado, e estranxeiro, que non tivese nada que ver co aire viciado que se respiraba por Italia neses momentos.

Así a todo, dado que non se realizou a autopsia a súa morte, esta está envolvida nun misterio.


Predecesor:
Paulo VI
Emblem of the Papacy SE.svg
263º papa

1978
Sucesor:
Xoán Paulo II
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: