Caetano de Thiene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
htumb

Caetano de Thiene , ou en italiano Gaetano di Thiene, nado en Vincenza en outubro de 1480 e finado en Nápoles o 7 de agosto de 1547, foi un relixioso italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Venerado polos católicos como San Caetano, naceu en Vicenza preto de 1480, doutorouse en dereito na universidade de Padua en 1504 antes de ingresar no clero. Foi chamado a Roma por Xulio II, que o fixo secretario, en 1506. O seu contacto coa curia desencantouno e levouno a ser un dos primeiros reformadores católicos:

Roma un tempo santa, ora è una Babilonia.

.

Deixou Roma tan pronto como puido e adicouse á caridade e a reforma. Non foi ordenado sacerdote até 1516, pois non se consideraba digno do cargo. Volveu a Roma en 1523 para fundar con Pietro Carafa (que se había converter despois no papa Paulo IV) a primeira congregación de cregos regulares, a dos Teatinos.

Morreu en Nápoles no 1547 e foi canonizado por Clemente X no 1671.

O seu nome parece que provén dun tío seu que era nativo de Gaeta, pois xa en época romana se chamaba Caietani aos desta vila.

A súa festa celebrase o 7 de agosto.