Pío VIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XVIII ó século XIX
Papas do século XIX
Papa do século XIX ó século XX


Pío VIII

Pio VIII (Cingoli, Italia, 20 de novembro de 1761 - Roma, 30 de novembro de 1830), papa da Igrexa Católica entre 1829 e 1830.

O seu nome era Francisco Saverio Castiglioni e nacera no seo dunha familia nobre. Instruído en Dereito Canónico e Teoloxía, vicario xeral en Anagni e Fano. Consagrado bispo de Montalto (1800) por Pío VII, instou a este, trala súa ruptura con Napoleón, a permanecer firme na defensa dos dereitos da Santa Sé. Tal actitude lle valería, por parte do Emperador, o desterro e a persecución. Máis tarde foi nomeado cardeal, bispo de Cesena (1816), de Frascati (1821) e Gran Penitenciario da Curia Pontificia. En Roma, secundou as iniciativas do cardeal Consalvi, ó que manifestou sempre unha grande admiración.

O seu ascenso ó Pontificado tivo lugar no conclave que seguiu ó falecemento de León XII. Elixido o 31 de marzo de 1829, nos seus actos iniciais proseguiu en diversos aspectos a obra do seu predecesor: ataques contra as correntes liberais e racionalistas, represión do carbonarismo, fomento e impulso da obra misional, prudencia ante os movementos de emancipación civil e política dos católicos en Gran Bretaña, Bélxica e Polonia. A súa defensa do orde constituído e da Europa da Santa Alianza non impediu, porén, o seu asine repulsa ante os intentos de Federico Guillermo III de Prusia de somete-los matrimonios mixtos, celebrados nas súas estados católicos, a unha lexislación protestante, que prescribía o que os fillos lexítimos de tales matrimonios habían de ser educados na relixión paterna. Polo breve Litteris altero abhinc armo, do 25 de marzo de 1830, manifestou que na celebración dos matrimonios mixtos nos que a educación católica dos futuros fillos non estivese previamente establecida, os prelados só permitirían a asistencia pasiva do sacerdote. No seu Traditi humiliati condenou o indiferentismo relixioso, o xansenismo e as sociedades segredas. A Revolución de xullo de 1830, en Francia contra Carlos X provocou nunha vaga de violento anticlericalismo. Pio VIII recoñeceu a Monarquía liberal de Luís Felipe de Orleans e ordenou ó episcopado francés a submisión á nova orde política. Aprobou as resolucións do Concilio de Baltimore. O Pontífice tratou tamén de mellora-la administración temporal dos dominios da Santa Sé e de mellora-las condicións de vida das clases máis humildes.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pío VIII, papa