Alessandro Algardi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fuga de Atila

Alessandro Algardi, nado en Boloña en 1598 e finado en Roma en 1654, foi un escultor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na escola de Agostino Carracci, onde demostrou talento para a escultura. No ano 1608 entrou ao servizo do duque de Mantua. Despois dun curto período en Venecia, trasladouse a Roma en 1625, baixo o padroado do cardeal Lodovisi, para o que realiza restauracións de estatuas antigas. A morte do duque déixao nunha situación precaria.

En 1644 cambia a fortuna de Algardi, ao ser empregado por un sobriño do Papa para deseñar a Villa Doria Panfili. Realiza tamén o Momumento ao Papa León XI ou o alto-relevo A fuga de Atila, onde a influencia de Bernini é evidente.

En 1650 coñeceu a Diego Velázquez e trasladouse a España, onde fixo as figuras para a Fonte de Neptuno en Aranjuez e a tumba dos condes de Monterrei, en Salamanca.