Outeiro Vaticano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tapiz mostrando o Outeiro Vaticana, cara 1519.

O Outeiro Vaticano (en latín: Vaticanus Mons) é o nome dado, moito antes do inicio da Cristiandade, a un dos outeiros situados ao oeste do río Tíber, o lado oposto a aquel en que se sitúan os Sete Outeiros tradicionais de Roma. É posible que sexa o sitio dun pobo Etrusco chamado Vaticum.

Historia[editar | editar a fonte]

No século I, o Outeiro Vaticano estaba fóra dos límites da cidade, e por iso foi apropiada para a construción dun circo (o circo de Nerón) e un cemiterio. A Basílica de San Pedro está construída sobre este cemiterio, sitio tradicional da tumba de San Pedro. Había outro cemiterio nos arredores, o cal foi aberto ao público o 10 de outubro de 2006 para conmemorar o aniversario número 500 dos Museos Vaticanos.[1]

O Outeiro Vaticano non é un dos famosas sete outeiros de romanos, aínda que foi incluída dentro dos límites da cidade durante o reinado do Papa León IV, quen entre 848 e 852 expandiu os muros da cidade para protexer a Basílica de San Pedro e o Vaticano. Deste xeito, o outeiro permaneceu dentro dos muros e límites da cidade de Roma (até os Pactos Lateranenses, en 1929, foi parte dun dos Rioni de Roma, o de Borgo) por máis de 1.100 anos. Antes do Papado de Aviñón (1305-1378), as oficinas centrais da Santa Sé estaban na Basílica de San Xoán de Latrán. Despois do papado de Aviñón, a administración da Igrexa trasladouse ao Outeiro Vaticano e o palacio papal foi (até 1871) o Palacio do Quirinal, sobre o Monte Quirinal.

Desde 1929 o Outeiro Vaticano foi o lugar da xefatura da Cidade do Vaticano. É conveniente aclarar que a catedral do bispo de Roma, o Papa, non é San Pedro, no Vaticano, senón a Basílica de San Xoán de Latrán, que está nunha do sete outeiros de Roma (o Celio), é un emprazamento da cidade de Roma que actualmente pertence á Cidade do Vaticano. Esta situación é o resultado dos Pactos de Latrán asinados co estado italiano en 1929, os que devolveron á Santa Sé un estado temporal independente e o seu consecuente status diplomático a través da cidade-estado do Vaticano, os que foran perdidos en 1860-1870, cando Italia capturou os territorios dos Estados Pontificios.

Notas[editar | editar a fonte]