Ciara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciara en 2009

Ciara Princess Harris, nada o 25 de outubro de 1985 en Austin, é unha cantante estadounidense profesionalmente coñecida como Ciara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ciara fixo o seu debut musical no verán de 2004 co sinxelo "Goodies" que foi número un do Billboard. O álbum de igual título saíu o 28 de setembro de 2004 nos Estados Unidos, metendo outros tres sinxelos no Billboard, vendendo tres millóns de discos nos Estados Unidos e cinco en todo o mundo. O seu segundo álbum, Ciara: The Evolution, lanzouse en decembro de 2006, o álbum vendeu máis dun millón nos Estados Unidos e tres internacionalmente, o sinxelo "Get Up" foi número 7 do Billboard Hot 100 e "Promise", "Like a Boy" e "Can't Leave 'em Alone" estiveron entre os primeiros das listas de Rhythm and blues. O terceiro álbum de estudio, Fantasy Ride apareceu o 5 de maio de 2009, o primeiro sinxelo oficial foi "Never Ever" co rapeiro Young Jeezy apareceu en xaneiro de 2009, o segundo foi un éxito internacional, "Love Sex Magic" con Justin Timberlake, publicado en marzo de 2009, o terceiro sinxelo, "Like a Surgeon" e o cuarto "Work" apareceron os dous en xullo de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciara Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]