Atlanta Hawks
| Atlanta Hawks | |
|---|---|
| Conferencia | Conferencia Leste |
| División | División Sueste |
| Fundado en | 1947 |
| Historia | Buffalo Bisons 1946 Tri-Cities Blackhawks 1946–1951 Milwaukee Hawks 1951–1955 St. Louis Hawks 1955–1968 Atlanta Hawks 1968–presente |
| Pavillón | Philips Arena |
| Cidade | Atlanta, Xeorxia |
| Cores | Azul mariño, vermello, prata e branco |
| Propietario(s) | Atlanta Spirit, LLC |
| Mánager xeral | Danny Ferry |
| Adestrador | Larry Drew |
| Afiliado da D-League | Utah Flash |
| Campionatos | 1 (1958) |
| Títulos de conferencia | 4 (1957, 1958, 1960, 1961) |
| Títulos de división | 4 (1970, 1980, 1987, 1994) |
| Dorsais retirados | 5 (9, 17, 21, 23, 40) |
| Web Oficial | hawks.com |
Os Atlanta Hawks son un equipo profesional de baloncesto de Atlanta, Xeorxia. Xogan na División Sueste da Conferencia Leste da NBA.
Índice |
Pavillóns[editar]
- Wharton Field House 1946-1951
- Milwaukee Arena 1951-1955
- Kiel Auditorium 1955-1968
- Alexander Memorial Coliseum 1968-1972 e 1997-1999
- Omni Coliseum 1972-1997
- Georgia Dome 1997-1999
- Philips Arena 1999-presente
Historia da franquía[editar]
A franquía foi formada en 1946 baixo o nome de Tri-Cities Blackhawks, xogaba na NBL, e estaba sita no área entre Molline, Illinois, Rock Island, tamén en Illinois e Davenport, en Iowa, zona agora chamada Quad-Cities. Cando a NBL fusionouse coa BAA para forma-la NBA, os Blackhawks acadaron os playoffs na tempada inaugural, baixo o liderado do adestrador Red Auerbach. Sen embargo, na seguinte tempada, despois de que o equipo elixira no draft a Bob Cousy e o mandara ós Chicago Stags (cando estes desapareceron foi ós Boston Celtics tras un draft de dispersión), non conseguiron calificarse para a postempada. En 1951, a franquía mudouse a Milwaukee, e convertiuse nos Hawks. En 1953, os Hawks elixiron a Bob Pettit, futuro MVP da NBA. Pero malia iso, os Hawks tiveron un dos peores balances da liga, e en 1955, mudáronse de novo, esta vez a San Luis, Misuri. Coas adquisicións do draft e de axentes libres, os Hawks convertíronse pronto nun dos equipos punteiros da liga en pouco tempo, chegando en 1957 á final da NBA, perdendo alí contra os Boston Celtics nun sétimo partido moi emocionante con dous tempos extra incluídos. Na tempada seguinte, no ano 1958, os Hawks chegaron de novo á final sendo o adestrador Alex Hannum, e conseguiron o seu primeiro e ata o momento último título da NBA contra os Celtics no sexto partido.
Os Hawks permaneceron coma un dos mellores equipos da NBA na seguinte década. En 1960, sendo adestrador Ed Macauley, o equipo volveu ás finais, pero caeron derrotados, outra vez, contra os Celtics nun sétimo partido moi emocionante. No ano seguinte, 1961, tras elixir ó rookie Lenny Wilkens, acadaron outra vez a oportunidade de loitar polo título nas finais, pero esperábanlles a súa besta negra, os Celtics, perdendo en cinco encontros.
Mudanza a Atlanta[editar]
Nos seguintes anos, os Hawks seguiron a ser aspirantes ó título, cada tempada chegando máis lonxe nos playoffs e gañando varios títulos de división. En 1968, sendo os novos donos o Gobernador do Estado de Xeorxia, Carl Sanders, e o responsable dunha inmobiliaria baseada en Atlanta, Tom Cousins, o equipo mudouse a Atlanta. A inmobiliaria de Cousins construíu o Omni Coliseum, unha cancha no centro da cidade para os Hawks e para a franquía de hockey sobre xeo Atlanta Flames, que abriu en 1972, sendo a primeira fase dun macrocomplexo deportivo que incluía hoteis, oficinas e tendas, que agora é coñecido coma CNN Center.
Nos seguintes anos despois da mudanza, os Hawks amosaron un equipo moi talentoso, incluíndo a Pete Maravich, gañando outro campionato de división e acadando de novo as finais. Pero despois de este período de éxitos, os Hawks entraron en anos de reestruturación do equipo.
O tamén dono dos Atlanta Braves, Ted Turner, mercou o equipo e asinou a Bernie Bickerstaff coma adestrador xefe. En 1979, os Hawks acabaron a tempada con 50 vitorias e gañaron a División Central. En 1982 a franquía asinou á superestrela Dominique Wilkins, e repetiu as 50 vitorias nas seguintes catro tempadas, pero malia iso o equipo non foi capaz de pasar das finais de conferencia. En 1993 asinouse a Lenny Wilkens no posto de adestrador xefe, conducindo ó equipo ás 57 vitorias na tempada 1993-1994, conseguindo o récord do equipo, e en 1995 o propio Wilkens esnaquiza o récord de vitorias dun adestrador da NBA con 939 partidos gañados, superando ó tamén antigo adestrador dos Hawks Red Auerbach.
Pero nos últimos anos, os Hawks desinfláronse, converténdose unha vez máis nun dos peores equipos da liga. En marzo de 2004 a franquía foi vendida a un grupo de executivos reunidos baixo o nome de Atlanta Spirit LLC [2] by Time Warner (que herdou ós Hawks e os Atlanta Braves por mor do acordo con Turner Broadcasting en 1996), xunto ó equipo de hockey sobre xeo da cidade, os Atlanta Thrashers, que compartía cos Hawks o Philips Arena. Pero a pesar do cambio de donos, o equipo continuaba a caer na clasificación. Na tempada 2004-2005 incluso tiveron a dubidosa honra de acada-lo peor balance da liga con só 13 vitorias, 5 menos que o novo equipo que entrou nesa tempada na liga, os Charlotte Bobcats, e que os New Orleans Hornets. Pero tiveron mala sorte no sorteo das posicións para o draft, e só puideron consegui-la posición número dous no 2005, indo na primeira elección ós Milwaukee Bucks. Utilizaron ese número dous para elixir a Marvin Williams, da Universidade de North Carolina. Williams está considerado coma un dos xogadores deste draft con máis potencial e rentabilidade económica. Ademais, os Hawks tamén puideron conseguir a Josh Childress, a Josh Smith, a Salim Stoudamire, e preto de 25 millóns de dólares en soldos libres para o mercado de axentes libres de 2005. No verán dese ano, completouse un sign-and-trade cos Phoenix Suns que trouxo a Joe Johnson a Atlanta, mandando a Phoenix a Francis Pierre, a Boris Diaw e dúas eleccións de primeira rolda en futuros drafts. Tamén asinaron a Zaza Pachulia, dos Milwaukee Bucks. Todos este trocos tiveron lugar despois dunha aparente loita de poder entre os donos da franquía nas tres semanas anteriores.[1]
No 2006, os Hawks amosaron unha moderada mellora. Malia te-lo peor balance da liga de novo na tempada 2005-2006, conseguiron derrotar ós campiones salintes dese ano, os San Antonio Spurs, por 94-84, e tamén ós Detroit Pistons, que terían o mellor récord do ano en tempada regular.
Os Hawks só son superados polos Golden State Warriors (12) en tempadas consecutivas sen aparecer nos playoffs con 7.
Récords tempada por tempada[editar]
| Tempada | V | D | % | Play-offs | Resultados |
|---|---|---|---|---|---|
| Tri-Cities Blackhawks | |||||
| 1949-50 | 29 | 35 | .453 | Perdidas semifinais de división | Anderson 2, Tri-Cities 1 |
| 1950-51 | 25 | 43 | .368 | ||
| Milwaukee Hawks | |||||
| 1951-52 | 17 | 49 | .258 | ||
| 1952-53 | 27 | 44 | .380 | ||
| 1953-54 | 21 | 51 | .292 | ||
| 1954-55 | 26 | 46 | .361 | ||
| St. Louis Hawks | |||||
| 1955-56 | 33 | 39 | .458 | Perdido 2º lugar de división Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división |
Minneapolis 1, St. Louis 0 St. Louis 2, Minneapolis 1 Ft. Wayne 3, St. Louis 2 |
| 1956-57 | 34 | 38 | .472 | Gañado desempate de división Gañado desempate de división Gañadas finais de división Perdida final da NBA |
St. Louis 1, Ft. Wayne 0 St. Louis 1, Minneapolis 0 St. Louis 3, Minneapolis 0 Boston 4, St. Louis 3 |
| 1957-58 | 41 | 31 | .569 | Gañadas finais de división Gañada final da NBA |
St. Louis 4, Ft. Wayne 1 St. Louis 4, Boston 2 |
| 1958-59 | 49 | 23 | .681 | Perdidas finais de división | Minneapolis 4, St. Louis 2 |
| 1959-60 | 46 | 29 | .613 | Gañadas finais de división Perdida final da NBA |
St. Louis 4, Minneapolis 3 Boston 4, St. Louis 3 |
| 1960-61 | 51 | 28 | .646 | Gañadas finais de división Perdida final da NBA |
St. Louis 4, Minneapolis 3 Boston 4, St. Louis 1 |
| 1961-62 | 29 | 51 | .363 | ||
| 1962-63 | 48 | 32 | .600 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división |
St. Louis 3, Ft. Wayne 1 Los Angeles 4, St. Louis 3 |
| 1963-64 | 46 | 34 | .575 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división |
St. Louis 3, Los Angeles 2 San Francisco 4, St. Louis 3 |
| 1964-65 | 45 | 35 | .563 | Perdidas semifinais de división | Baltimore 3, St. Louis 1 |
| 1965-66 | 36 | 44 | .450 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división |
St. Louis 3, Baltimore 0 Los Angeles 4, St. Louis 3 |
| 1966-67 | 39 | 42 | .481 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división |
St. Louis 3, Chicago 0 San Francisco 4, St. Louis 2 |
| 1967-68 | 56 | 26 | .683 | Perdidas semifinais de división | San Francisco 4, St. Louis 2 |
| Atlanta Hawks | |||||
| 1968-69 | 48 | 34 | .585 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división |
Atlanta 4, San Diego 2 Los Angeles 4, Atlanta 1 |
| 1969-70 | 48 | 34 | .585 | Gañadas semifinais de división Perdidas finais de división |
Atlanta 4, Chicago 1 Los Angeles 4, Atlanta 0 |
| 1970-71 | 36 | 46 | .439 | Perdidas semifinais de conferencia | New York 4, Atlanta 1 |
| 1971-72 | 36 | 46 | .439 | Perdidas semifinais de conferencia | Boston 4, Atlanta 2 |
| 1972-73 | 46 | 36 | .561 | Perdidas semifinais de conferencia | Boston 4, Atlanta 2 |
| 1973-74 | 35 | 47 | .427 | ||
| 1974-75 | 31 | 51 | .378 | ||
| 1975-76 | 29 | 53 | .354 | ||
| 1976-77 | 31 | 51 | .378 | ||
| 1977-78 | 41 | 41 | .500 | Perdida primeira rolda | Washington 2, Atlanta 0 |
| 1978-79 | 46 | 36 | .561 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 2, Houston 0 Washington 4, Atlanta 3 |
| 1979-80 | 50 | 32 | .610 | Perdidas semifinais de conferencia | Philadelphia 4, Atlanta 1 |
| 1980-81 | 31 | 51 | .378 | ||
| 1981-82 | 42 | 40 | .512 | Perdida primeira rolda | Philadelphia 2, Atlanta 0 |
| 1982-83 | 43 | 39 | .524 | Perdida primeira rolda | Boston 2, Atlanta 1 |
| 1983-84 | 40 | 42 | .488 | Perdida primeira rolda | Milwaukee 3, Atlanta 2 |
| 1984-85 | 34 | 48 | .415 | ||
| 1985-86 | 50 | 32 | .610 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 3, Detroit 1 Boston 4, Atlanta 1 |
| 1986-87 | 57 | 25 | .695 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 3, Indiana 1 Detroit 4, Atlanta 1 |
| 1987-88 | 50 | 32 | .610 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 3, Milwaukee 2 Boston 4, Atlanta 3 |
| 1988-89 | 52 | 30 | .634 | Perdida primeira rolda | Milwaukee 3, Atlanta 2 |
| 1989-90 | 41 | 41 | .500 | ||
| 1990-91 | 43 | 39 | .524 | Perdida primeira rolda | Detroit 3, Atlanta 2 |
| 1991-92 | 38 | 44 | .463 | ||
| 1992-93 | 43 | 39 | .524 | Perdida primeira rolda | Chicago 3, Atlanta 0 |
| 1993-94 | 57 | 25 | .695 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 3, Miami 2 Indiana 4, Atlanta 2 |
| 1994-95 | 42 | 40 | .512 | Perdida primeira rolda | Indiana 3, Atlanta 0 |
| 1995-96 | 46 | 36 | .561 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 3, Indiana 2 Orlando 4, Atlanta 1 |
| 1996-97 | 56 | 26 | .683 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 3, Detroit 2 Chicago 4, Atlanta 1 |
| 1997-98 | 50 | 32 | .610 | Perdida primeira rolda | Charlotte 3, Atlanta 1 |
| 1998-99 | 31 | 19 | .620 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 3, Detroit 2 New York 4, Atlanta 0 |
| 1999-00 | 28 | 54 | .341 | ||
| 2000-01 | 25 | 57 | .305 | ||
| 2001-02 | 33 | 49 | .402 | ||
| 2002-03 | 35 | 47 | .427 | ||
| 2003-04 | 28 | 54 | .341 | ||
| 2004-05 | 13 | 69 | .188 | ||
| 2005-06 | 26 | 56 | .317 | ||
| 2006-07 | 30 | 52 | .366 | ||
| 2007-08 | 37 | 45 | .451 | Perdida primeira rolda | Boston 4, Atlanta 3 |
| 2008-09 | 47 | 35 | .573 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 4, Miami 3 Cleveland 4, Atlanta 0 |
| 2009-10 | 53 | 29 | .646 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 4, Milwaukee 3 Orlando 4, Atlanta 0 |
| 2010-11 | 44 | 38 | .537 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Atlanta 4, Orlando 2 Chicago 4, Atlanta 2 |
| 2011-12 | 40 | 26 | .606 | Perdida primeira rolda | Boston 4, Atlanta 2 |
| 2012-13 | 44 | 38 | .537 | Perdida primeira rolda | Indiana 4, Atlanta 2 |
| Total | 2504 | 2556 | .495 | 1949–2013 | |
| Playoffs | 138 | 183 | .430 | 1 Campionato | |
Cadro de xogadores actuais[editar]
| Atlanta Hawks 2012-2013 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cadro • Transaccións |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xogadores destacados[editar]
Membros do Hall of Fame[editar]
- Walt Bellamy
- Cliff Hagan (St. Louis)
- Pete Maravich
- Bob Pettit (St. Louis)
- Dominique Wilkins
- Connie Hawkins
Hagan, Pettit, Ed Macauley, Lenny Wilkens e Bob Ferry, todos xogadores dos Hawks na súa época de San Luis, tamén foron elixidos para o Hall of Fame de Misuri.
Dorsáis retirados[editar]
- 9 Bob Pettit, A, 1954-65 (1954-55 Milwaukee, 1955-65 St. Louis)
- 17 Ted Turner, dono do equipo, 1977-2004 (o dorsal 17 polo seu imperio de televisións por cable, que comezou co Canal 17 de Atlanta, a WTBS).
- 21 Dominique Wilkins, A, 1983-94
- 23 Lou Hudson, A, 1966-77 (1966-68 St. Louis, 1968-77 Atlanta)
- 40 Jason Collier AP-P, 2003-05
Hudson e Wilkins tamén foron elixidos para o Hall of Fame de Xeorxia.
Outros[editar]
- Stacey Augmon
- Zelmo Beaty
- Mookie Blaylock
- Bill Bridges
- Jason Collier
- John Drew
- "Fast Eddie" Johnson
- Jon Koncak
- Christian Laettner
- Dikembe Mutombo
- Doc Rivers
- Steve Smith
- Spud Webb
- Dominique Wilkins
- Kevin Willis
Adestradores[editar]
Membros do Basketball Hall of Fame[editar]
Outros[editar]
Notas[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Web oficial dos Atlanta Hawks (en inglés).
- Atlanta Hawks InsideHoops.com coverage (en inglés).
- Web oficial da liga de verán dos Atlanta Hawks (en inglés).
- Impending Firestorm Blog dos Atlanta Hawks (en inglés).
- AmIAnnoying.com - Atlanta Hawks (en inglés).
- Enciclopeia deportiva E-Cyclopedia (en inglés).
- Unifomes da historia dos Hawks (en inglés).
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||