Buffalo, Nova York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Buffalo.
Buffalo
Bandeira de Buffalo, Nova York
Bandeira
City of Buffalo
Buffalo
Alcume The City of Good Neighbors
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado Flag of New York.svg Nova York
Superficie 136 km²
Poboación 270.919 (2008)
Densidade 2.782,4 hab./km²
Área metropolitana 1.254.066
Altitude 183 m
Alcalde Byron Brown (D)
Buffalo
Páxina oficial


Buffalo é a segunda cidade máis grande do estado de Nova York en Estados Unidos de América, tras a cidade de Nova York. A cidade sitúase ao oeste do estado, na área coñecida como Western New York e é a capital do condado de Erie, limitando co condado de Niágara. A súa poboación aproximada é de 279.745 habitantes segundo o censo de 2005. Pertence ao área metropolitana Buffalo-Niágara que conta cunha poboación de 1,1 millón de habitantes. Grazas á súa gran proximidade a Canadá, en concreto á provincia de Ontario (a fronteira entre ambos os dous países atópase a escasos minutos do centro da cidade) Buffalo forma xunto coa área de Toronto e do sur de Ontario unha rexión binacional pola que non é estraño ver flutuar aos seus habitantes, e na que o ambiente nocturno e cultural de Buffalo cobra unha gran importancia.

Búfalo atópase a uns 30 minutos das Cataratas do Niágara e a 1 hora e media de distancia da cidade de Toronto, á beira da rexión do sur de Ontario coñecida como Golden Horseshoe, que conta con máis de 8,5 millóns de habitantes. Búfalo xace ao extremo leste do lago Erie, moi próximo ao río Niágara, que desemboca no lago Ontario. O lago Erie rodea gran parte da cidade, e debido a iso, a miúdo Búfalo presenta un ceo gris e unha atmosfera nubrada e húmida, producíndose este efecto, coñecido como Lake Effect ou efecto do lago, pola evaporación das súas augas.

Índice

[editar] Historia

Os colonos europeos chegaron ao lugar a finais do século XVIII. O crecemento da zona foi lento ata que a cidade converteuse no extremo oeste do canle de Erie uns corenta anos despois. A comezos do século seguinte, Búfalo era unha das cidades máis importantes de Estados Unidos e converteuse no seu maior porto de interior. Grazas ao canle de Erie creáronse enormes silos e plantas industriais que comezaron a desaparecer a mediados do século XX debido á construción da canle de San Lourenzo, que evitou que o tráfico acuático cruzase a cidade.

Hoxe en día, distanciándose do seu pasado industrial, Búfalo estase redefinindo como un centro cultural, educativo e médico. En 2005 a cidade foi nomeada a terceira cidade máis limpa de Estados Unidos pola revista estadounidense Reader's Digest e o xornal estadounidense USA Today proclamou Buffalo a cidade máis amigable dos Estados Unidos, gañando o seu concurso City With A Heart (cidade con corazón).

[editar] Cidade

[editar] Barrios

A cidade de Buffalo está composta por 32 barrios ou zonas:

Allentown, Bailey-Lovejoy, Black Rock, Central Park, Cold Springs, Delaware District, Downtown, East Side, Elmwood Village, Fillmore-Leroy, First Ward, Fruit Belt, Hamlin Park, Hospital Hill, Humboldt Park, Kaisertown, Kensington, Kensington Heights, Lower West Side, Masten Park, North Buffalo, North Park, Parkside, Polonia, Riverside, Schiller Park, South Buffalo, University District, University Heights, Vernon Triangle, Upper West Side, Willert Park

[editar] Veciñanzas

Ademais, a cidade de Buffalo conta con 28 veciñanzas no seu arrabalde que pertencen a súa área metropolitana, en inglés denominados suburbs (suburbios):

Akron, Alden, Amherst, Angola, Aurora, Blasdell, Boston, Cheektowaga, Clarence, Depew, East Aurora, Eden, Elma, Grand Island, Hamburg, Kenmore, Lackawanna, Lancaster, Lewiston, Lockport, Marilla, North Tonawanda, Orchard Park, Sloan, Tonawanda, West Seneca, Wheatfield, Williamsville

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas