Birmingham, Alabama
| Birmingham | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| País: | Estados Unidos de América |
| Estado: | Alabama |
| Condado: | Jefferson |
| Incorporada: | 1871 |
| Alcalde: | [[]] |
| Xeografía | |
| Altitude: | 140 msnm |
| Superficie: | 393,5 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 242.820 habitantes (2000) |
| Densidade de poboación: | 625,4 hab/km² |
| Información | |
| Sitio na web: | http://www.birminghamal.gov/ |
Birmingham é a cidade máis grande do estado de Alabama, nos Estados Unidos. A poboación da propia cidade é de 242.820 habitantes, pero hai máis de 1.100.000 na área metropolitana. A cidade é relativamente nova, pois foi fundada en 1871.
Índice |
[editar] Historia
Birmingham comezou como un centro industrial dos Estados Unidos onde se fabricaba aceiro. A rexión tiña todo o que era necesario para fabricalo, por iso a cidade medrou axiña. Tanto foi así que chegou a ser coñecido como "A Cidade Máxica"[Cómpre referencia] ou "O Pittsburgh do Sur"[Cómpre referencia], por mor das historias similares das ambas as dúas cidades industriais.
Actualmente Birmingham está recoñecida como unha das cidades máis importante do sur xunto a Atlanta, Charlotte, Nashville e Miami. A día de hoxe hai cinco industrias predominantes en Birmingham: o aceiro, a banca, a medicina, o seguro, e a biotecnoloxía. Tamén Birmingham é a 1ª área metropolitana no sur e a 7ª dos Estados Unidos en canto a mellores oportunidades para gañar e aforrar cartos.[1]
[editar] Transporte
Hai moitas maneiras de chegar a Birmingham. A área está cuberta polo Aeroporto Internacional de Birmingham. É o aeroporto máis grande do estado e un dos de maior tráfico do sur dos Estados Unidos[Cómpre referencia]. O ano pasado máis de 3.000.000 persoas usaron este aeroporto. O aeroporto ofrece 160 voos cada día a máis de 37 cidades nos Estados Unidos e o mundo.
[editar] Deporte
Ningún dos catro grandes deportes de equipo de Estados Unidos ten franquías en Birmingham. Varias ligas menores de fútbol americano tiveron franquicias na cidade, pero as ligas desapareceron. Algúns exemplos son os Birmingham Americans e os Birmingham Vulcans da World Football League; os Birmingham Fire da World League of American Football; e os Birmingham Stallions da United States Football League.
En troques, os deportes universitarios están fortemente representados pola cidade. A Universidade de Alabama e a Universidade de Auburn participan en fútbol americano, en tanto que a Universidade de Alabama en Birmingham compite en baloncesto.
Existen dous circuítos de carreiras próximos a Birmingham: Talladega Superspeedway, o óvalo máis longo de Estados Unidos, e Barber Motorsports Park, onde se corren carreiras de gran turismos y de motociclismo de velocidade.
Birmingham posúe dous campos de golf que albergaron competicións do PGA Champions Tour: o Greystone Golf & Country Club, sede do Memorial Classic ata 2005; e o Ross Bridge Golf Resort and Spa, sede do Regions Charity Classic.
[editar] Notas
- ↑ Bizjournals(en inglés)