Guayaquil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 2°11′S 79°53′W / 2.183°S 79.883°W / -2.183; -79.883

Guayaquil
Bandera de Guayaquil.svg Escudo de Guayaquil.svg
Guayas from Santa Ana.JPG
Vista da cidade
Situación xeográfica
Guayaquil en Ecuador
Guayaquil
Guayaquil
País Flag of Ecuador.svg Ecuador
Provincia Guayas
Xeografía
Altitude 4 msnm
Superficie 344,5 km²
Poboación
Poboación 2.526.927 hab. (2010)
Densidade 7.227 hab/km²
Xentilicio Guayaquileño
Información
Código postal EC0901
Alcalde Jaime Nebot
Páxina web Páxina oficial

Guayaquil,[1] oficialmente Santiago de Guayaquil, é a cidade mais poboada de Ecuador, capital da provincia de Guayas. Situada no centro do país, o leste da cidade está na beira do río Guayas, a uns 20 quilómetros da súa desembocadura no Océano Pacífico. É ademais un importante centro de comercio con influencia a nivel rexional no ámbito comercial, de finanzas, cultural, e de entretemento. A cidade é a cabeceira cantonal do cantón homónimo.

Demografía[editar | editar a fonte]

É a cidade con maior densidade de poboación no Ecuador, cun total de 2.526.927 habitantes segundo o último censo no 2010. Actualmente a cidade de Guayaquil ten unha poboación flotante de 2.634.016 de habitantes, tendo en conta unha taxa anual media de crecemento poboacional de 2,70%. A cidade propiamente dita cobre 344,5 km² de superficie, dos cales 316,42 km² (91,9%) corresponden á terra firme mentres que os restantes 28,08 km² (8,1%) pertencen aos corpos de auga que comprenden ríos e esteiros.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada definitivamente en 1547 como estaleiro e porto comercial ao servizo da Coroa española, logo de varios outros intentos de fundación, serviu de punto principal na política e economía da nación. Foi sede de grandes revolucións e levantamentos ao longo da historia, sendo a primeira cidade ecuatoriana en obter de forma definitiva a súa independencia de España en 1820. Logo foi capital da Provincia Libre de Guayaquil que se desintegrou para formar parte da Gran Colombia. Dende 1830 forma parte da República do Ecuador como importante eixo político. A revolución marcista, que expulsou ao militarismo estranxeiro, a revolución liberal, liderada polo xeneral Eloy Alfaro, a folga xeral de novembro, de orientación anarcosindicalista, a [revolución de maio, de carácter popular, entre outras, son importantes puntos na historia da nación que se desenvolveron na cidade.

Economía[editar | editar a fonte]

Guayaquil destácase entre as cidades ecuatorianas polo seu elevado uso de tránsito masivo, e pola súa densidade total e a diversidade da súa poboación. O porto da cidade é un dos máis importantes da costa do Pacífico Oriental. O 70% das exportacións privadas do país sae polas súas instalacións, ingresando o 83% das importacións. Ademais, pola súa posición de centro comercial, denominouse á cidade como "A capital económica de Ecuador" por varios anos, isto é debido á cantidade de empresas, fábricas, e locais comerciais que existen en toda a cidade. Outro alcume moi común entre a poboación é o de "A Perla do Pacífico".

Deportes[editar | editar a fonte]

Coma no resto de Ecuador, o deporte mais popular na cidade é o fútbol. Guayaquil acolle dous dos clubs máis laureados e populares do país, o Barcelona Sporting Club e o Club Sport Emelec. Ámbolos dous clubs naceron no barrio do Estaleiro, polo cal o encontro no que se enfrontan é coñecido como Clásico do Estaleiro. Outros equipos de fútbol salientables da cidade son o CD Everest, o CS Patria e o AD 9 de Octubre.

De Guayaquil é o mellor tenista ecuatoriano da historia, Andrés Gómez, quen gañou o torneo de Roland Garros en 1990, vencendo naquela final a Andre Agassi. Actualmente o tenista número 1 do país e o tamén guayaquileño Nicolás Lapentti.

En 1982 tivo lugar en Guayaquil o Campionato Mundial de Natación.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 124. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]