Durham, Carolina do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDurham, Carolina do Norte
Durham (en) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Nomeado en referencia aBartlett S. Durham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 35°59′39″N 78°53′55″O / 35.9942, -78.8986Coordenadas: 35°59′39″N 78°53′55″O / 35.9942, -78.8986
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCarolina do Norte
County of North Carolina (en) TraducirCondado de Durham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación283.506 (2020) Editar o valor em Wikidata (988,99 hab./km²)
Número de fogares114.420 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaResearch Triangle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie286,662314 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,8406 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude123 m Editar o valor em Wikidata
Creación1869 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoLeonardo Williams (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27701–27713, 27715, 27717, 27722, 27712, 27702, 27709, 27707, 27708, 27710, 27711, 27713, 27705, 27703, 27706, 27701, 27704 e 27709-4528 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico919 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdurhamnc.gov Editar o valor em Wikidata
Twitter: CityofDurhamNC Editar o valor em Wikidata

Durham é unha cidade estadounidense do estado de Carolina do Norte. Atópase situada no condado de Durham. É a cuarta cidade máis poblada do estado, e na súa área metropolitana habitan 451.212 persoas segundo o censo de 2005. É coñecida por ser a sede da Universidade de Duke.

Historia[editar | editar a fonte]

Estatua dun touro no centro da cidade.

Nome[editar | editar a fonte]

Hai varias teorías sobre a orixe do nome da cidade, Durham, pero dende logo a máis acertada polos seus habitantes e a de que o nome provén do apelido dun home chamado Barlett, que doou as súas terras para construír o ferrocarril que logo traería consigo a construción e desenvolvemento desta cidade.

Orixe da cidade[editar | editar a fonte]

Durham orixinouse en 1853 coa busca dun ferrocarril adecuado para o depósito de Carolina do Norte Ferrocarril entre Raleigh e Hillsborough. A queima de madeira de locomotoras de vapor do momento, había que parar a repostar con moita frecuencia, e os depósitos que proporcionaban madeira e auga non podían estar a máis de 25-30 millas de distancia.

Unha oficina de correos coñecida como a Herndon existía na zona en 1827, e outra cerca de Prattasburg estableceuese en 1836. Os propietarios de terras en Prattsburg negáronse a vendelas para a construción dun ferrocarril. Algo máis ao noroleste, no que era o Condado de Orange, un señor chamado Bartlett S. Durham doou as súas terras para a construción do ferrocarril.

A comunidade da estación de Durham creceu lentamente antes da Guerra Civil, pero desenvolveuse con gran rapidez tras a guerra. Gran parte deste crecemento pódeselle atribuír á creación dunha próspera industria de tabaco. Os soldados acamparon cerca de Bennett Place, que estaba xusto nas aforas da estación de Durham, durante o procedemento de entrega en abril de 1865. Estes soldados consumiron do tabaco de Durham e regresaron aos seus fogares despois da guerra cun interese na adquisición de máis deste tabaco. A empresa de tabaco Bull Durham Tobacco Company empezou a vender grandes cantidades dese produto.

Século XX[editar | editar a fonte]

O rápido crecemento e a prosperidade da empresa de tabaco, traduciuse polo rápido crecemente da cidade. Primeiramente, a industria do tabaco dominaba a economía pero pronto empezaron a aparecer varias fábricas téxtiles, en particular no Leste e no Oeste. En 1924 James Buchanan Duke estableceu unha fundación filantrópica en honra a seu pai, Washington Duke, para apoiar o Trinity College en Durham. O colexio cambiou o seu nome polo de Universidade de Duke e construíuse un gran hospital universitario. A mediados do século XX empezaron a cerrar moitas fábricas. A competencia doutras compañías de tabaco e a diminución do hábito de fumar despois da décado de 1960 reduciu os ingresos da industria de tabaco.

O crecemento volveuse a reavivar durante os anos 1970 e 1980 coa construción de varias urbanizacións na parte Sur da cidade. En 1975, decidiuse preservar o patrimonio da antiga comunidade de Hayti (unha comunidade afroamericana) e promover a comprensión das contribucións da cultura mundial. En 1994, un novo estadio de béisbol foi construído para o Durham Bulls.

Xeografía e clima[editar | editar a fonte]

Ao igual que gran parte da rexión, a súa topografía é xeralmente plana con algúns outeiros. A cidade ten unha área total de 245,8 km², dos cales 245.1 km² é terra e 0,7 km² (0,29 %) é auga. A través desta cidade pasa o río Eno e tamén outros pequenos ríos. Clasificase a Durham como un clima subtropical húmido, segundo a clasificación climántica de Köppen, con veráns cálidos e húmidos e invernos fríos, e a primavera e outono son suaves. Recibe abundantes precipitacións e tormentas eléctricas comúns no verán. A rexión ve unha media de 6,8 polgadas (170 mm) de neve por ano, que se funde en moi poucos días normalmente.

Información climática de 'Durham
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 27 29 34 35 37 40 41 41 40 37 31 27
40
Temperatura mínima absoluta (°C) -9 -2 11 23 29 38 48 46 37 19 11 0
-9
Precipitacións (mm) 4,44 3,70 4,68 3,41 4,59 4,01 3.95 4,38 4,36 3,71 3,38 3,43
48,04
Fonte: NOAA

Economía[editar | editar a fonte]

Algunhas empresas das máis exitosas son propiedade de afroamericanos que se estableceron nesta cidade durante o século 20. Unha destas é o Banco de Agricultores de Carolina do Nore. Estes negocios, atópanse na súa maioría na rúa Parrish.

Unha das principais empresas nas que traballa máis xente é a Universidade de Duke que ten 3 900 traballadores (e 13 000 estudantes) e as empresas no Research Triangle Park con 49 000 empregados.

Os hoteis tamén son un gran factor na economía, xa que millóns de persoas visitan Durham cada ano.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do ano 2000, había 201 726 persoas, 74 981 vivendas e 43 563 familias residindo na cidade. A densidade de poboación era de 763,1 hab./km². O 45,5% dos habitantes eran de raza branca e o 43,81% de raza negra e o resto de diversas etnias.

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos en 2000 os ingresos medios por fogar na localidade son de 41 160 dólares e os ingresos medios por familia son 51.162 dólares. Os homes teñen uns ingresos medios de $35 202 fronte aos $30.359 das mulleres. A renda per cápita para a localidade era de 22 526 dólares.

Lecer e educación[editar | editar a fonte]

Lecer[editar | editar a fonte]

Durham é unha cidade famosa polos deportes profesionais de equipo, como é o Durham Bulls Liga Internacional, un equipo de béisbol. Os Bulls xogan no Durham Bulls Athletic Parl, situado ao sur do centro da cidade. Foi deseñado por Hok-Sport e a súa construción levouse a cabo en 1994. Conta con 10 000 prazas.

Hai diferentes eventos ao longo do ano como son festivais de jazz, blues, concertos sinfónicos, exposicións de arte e varias exposicións culturais como o Festival de Cine Documental, no que participan produtores de todo o mundo, e o Festival de danza americano que se celebra na Universidade de Duke durante seis semanas. O centro da cultura de Durham e o Teatro Carolina que mostra tanto actuacións en vivo como películas. En 2005 abriuse o museo de arte Nasher que contén exposicións de vangarda mundial e de arte contemporánea.

Ademais disto, tamén esta a Asociación de Durham Downtown Artes (DADA) que é unha organización non lucrativa situada no centro da cidade e fundada en 1998. A misión desta organización é un compromiso co desenvolvemento, presentación e patrocinio da arte. Sobre todo, o que intenta é apoiar aos artistas locais para que traballen nunha diversidade de medios artísticos.

A súa cultura musical tamén é grande. Ten estilos como jazz, hip hop, soul, folk, blues, bluegrass, punk, metal e rock entre outros. Hai moitas bandas e músicos moi populares como Branford Marsalis, The Mountain Goats, John Dee Holeman, 9th Wonder, Red Clay Ramblers, Megafaun, Eller Curtis, el Monte Moriah e Midtown Dickens.

Educación[editar | editar a fonte]

Universidade de Duke

Escolas primarias e secundarias

A cidade conta con 46 escolas públicas, que consiste en 30 de primaria, 16 de secundaria. Conta tamén, con varias escolas superiores centradas en temas distinto como a Escola das Artes de Durham ou a de Medicina. Varias escolas privadas tamén funcionan en Durham, como Durham Academy. Tamén hai un gran número de escolas relixiosas, entre elas Trinity School de Durham e Chapel Hill. En decembro de 2007 clasificaron a Durham como un dos 20 mellores lugares para educar un neno.

Universidades

A Universidade de Duke é unha das principais universidades dos Estados Unidos e do mundo, con arredor de 14.000 estudantes que se dividen entre graduados e estudantes universitarios. Duke constitúe un dos tres vértices do triángulo de investigación, xunto coa Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill e a Universidade do Estado de Carolina do Norte. Os esforzos da investigación da universidade, médicos, e a ensinanza, encóntranse entre os de maior rango tanto nos Estados Unidos como no resto do mundo.

Política[editar | editar a fonte]

A zona é predominantemente demócrata, e votou polo candidato presindencial do Partido Demócrata en todas as eleccións dende a fundación da cidade en 1869.

Durham funciona baixo o goberno do consello-encargado. O alcalde, dende 2001, é Bill Bell, que foi elixido no 2011 de novo co 82% dos votos na segunda volta electoral.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]