North Las Vegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°13′43″N 115°8′48″W / 36.22861°N 115.14667°W / 36.22861; -115.14667 North Las Vegas ou Las Vegas, Norte é unha cidade no condado de Clark, Nevada, Estados Unidos, localizada na área metropolitana de Las Vegas. A poboación de North Las Vegas foi estimada en 197,597 no 2006, converténdoa na cuarta cidade máis grande do estado de Nevada despois de Las Vegas, Henderson e Reno.[1]

A cidade está xusto ao norte de Las Vegas e do pobo non incorporado de Sunrise Manor. North Las Vegas é o lugar das comunidades planas de Aliante e O Dorado. North Las Vegas é probablemente mais coñecida por estar preto da Base Das Forzas Aéreas de Nellis.

Historia[editar | editar a fonte]

North Las Vegas foi incorporada coma unha cidade o 16 de maio de 1946.

Xeografía[editar | editar a fonte]

North Las Vegas está localizada no deserto ao sueste, no deserto de Mojave.

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade tiña unha área total de 78.5 millas cadradas (203.3 km²).

Transporte[editar | editar a fonte]

Aeropuerto de North Las Vegas coñecido anteriormente coma Sky Haven Airport foi establecido o 7 de decembro de 1941. Vision Airlines, unha aerolínea rexional e aeroliña de turismo. Voos internacionais e domésticos viaxan en toda a área metropolitana e é manexada polo Aeroporto Internacional McCarran, ao sur de North Las Vegas e Las Vegas.

Citizens Area Transit prove servizos de autobuses na zona, ao igual como fai na área metropolitana de Las Vegas.

As autoestradas principais que serven á cidade son a I-15 e o CC-215.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]