Colorado Springs, Colorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaColorado Springs, Colorado
Colorado Springs (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°51′48″N 104°47′31″O / 38.8633, -104.7919Coordenadas: 38°51′48″N 104°47′31″O / 38.8633, -104.7919
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoColorado
County of Colorado (en) TraducirCondado de El Paso (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación478.961 (2020) Editar o valor em Wikidata (943,55 hab./km²)
Número de fogares184.788 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaColorado Springs metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:755.105) Editar o valor em Wikidata
Superficie507,614753 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,1876 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude1.839 m Editar o valor em Wikidata
Creación1871 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJohn Suthers (pt) Traducir (2015–2023)
Yemi Mobolade (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal80901–80951, 80960, 80962, 80970, 80977, 80995, 80997 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico719 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcoloradosprings.gov Editar o valor em Wikidata

Colorado Springs é unha cidade localizada no condado de El Paso no estado estadounidense de Colorado. No censo dos Estados Unidos de 2010 tiña unha poboación de 416.427 habitantes e unha densidade de poboación de 824,93 km².

Turismo[editar | editar a fonte]

Ademais de Pikes Peak, hai moitas atraccións turísticas na zona, incluíndo o Xardín dos Deuses no que destacan as formacións de arenito vermello, o Manitou Cliff Dwellings, o Complexo de Adestramento Olímpico dos Estados Unidos e a Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos. De acordo coa Oficina de Convención e Visitantes de Colorado Springs, a área atrae preto de seis millóns de turistas cada ano.

A cidade está comunidada a través do aeroporto de Colorado Springs.

Industria[editar | editar a fonte]

Na cidade está unha das cinco estacións mestras do seguimento terrestre de GPS (as outras catro estacións do sistema están en Kwajalein, Hawai, Diego García e Ascensión).

Educación[editar | editar a fonte]

O Distrito Escolar 11 de Colorado Springs xestiona as escolas públicas. A cidade acolle o Colorado College e a Universidade de Colorado en Colorado Springs (UCCS), ademais da Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos.

Deporte[editar | editar a fonte]

O equipo de béisbol Colorado Springs Sky Sox xoga na Liga da Costa Pacífica (clasificación AAA). É un equipo das ligas menores correspondente aos Colorado Rockies.

Relixión[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos, Colorado Springs atraeu un grande fluxo de protestantes. Os grupos protestantes con sede en Colorado Springs inclúen Enfoque á Familia ("Focus on the Family"; unha organización cristiá e política), Compasión International, The Navigators, Youth with a Misión, Young Life e a International Bible Society.

Eventos[editar | editar a fonte]

O 23 de xaneiro de 2001, a policía obtivo un indicio de que os dous membros que aínda non foran capturados do grupo criminal Texas 7, buscados por roubo e o asasinato dun oficial da policía, escondíanse no Holiday Inn en Colorado Springs. Os dous fuxitivos realizaron algunhas transmisións de radio en directo antes de ser arrestados.

O 15 de febreiro de 2003, 4.000 manifestantes reuníronse en Academy Boulevard para protestar en contra da Guerra de Iraq. Despois da manifestación e masrcha pacíficas, a multitude foi dispersada con gases lacrimóxenos, aspersores de pementa e balas de goma. Houbo varios arrestados.

Nese ano, fíxose pública a evidencia que acusaba o Departamento de Policía de Colorado Springs por ter colaborado coa Policía de Denver, para reunir o que se coñece como os Arquivos Espía. Estes arquivos conteñen información reunida polo departamento de policía a través da vixilancia de activistas, organizacións e manifestantes que non incumpriran a lei.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]