Jacksonville, Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacsonville, Florida
800px-Jacksonville Skyline Panorama 3.jpg
Situación xeográfica
692px-Duval County Florida Incorporated and Unincorporated areas Jacksonville Highlighted.svg.png
País: Estados Unidos
Estado: Florida
Condado: Duval
Incorporada: 1792 (vila), 1822 (cidade)
Alcalde: Alvin Brown
Xeografía
Altitude: 5 msnm
Superficie: 2.292,15 km² km²
Poboación
Poboación total: 813.518 (2010)
Densidade de poboación: 409,89 hab./km²
Información
Sitio na web: http://www.coj.net

Jacksonville é unha cidade estadounidense localizada no condado de Duval, Florida. Segundo o censo do 2007 conta con 805.605 habitantes, o que a converte na cidade máis poboada de Florida e a décimosegunda dos Estados Unidos. O seu nome provén do primeiro gobernador territorial de Florida e séptimo presidente dos Estados Unidos, Andrew Jackson.

Índice

Historia [editar]

A área ocupada pola actual cidade estivo orixinariamente habitada polo pobo Timucua, ata que no 1564 pasou a formar parte da colonia francesa de Fort Caroline, un dos primeiros asentamentos europeos no que hoxe son os Estados Unidos continentais. Máis tarde foi ocupada polos británicos que lle deron o nome de Cowford (Vao das Vacas) a partir do nome indíxena Wacca Pilatka. No 1822, un ano despois de que os Estados Unidos adquirisen Florida de España, foi renomeada coa súa denominación actual, Jacksonville.

As melloras no seu porto efectuadas dende o século XIX fixeron de Jacksonville un importante porto civil e militar, existindo actualmente dúas bases da Armada dos Estados Unidos.

Irmandamentos [editar]

Jacksonville está irmandada coas seguintes cidades:

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]