Usher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Usher

Usher Raymond IV (14 de outubro, 1978) é un cantante americano de R&B e pop coñecido desde mediados dos anos 90. Polo de agora vendeu aproximadamente 20.4 millóns de álbums nos Estados Unidos e 35 millóns en todo o mundo.

Criado en Xeorxia e Tennessee, debutou no mundo da canción en 1994 co seu álbum Usher. Confessions, é o seu último álbum (2004) e leva vendidos máis de 15 millóns de exemplares.