Glendale, Arizona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glendale
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado Arizona
Superficie
 • Total

155,74 km²
Poboación
 • Total

226,721
Densidade 1.455,78 hab./km²
Altitude 348 m
Map of USA AZ.svg
Páxina oficial

Glendale é unha cidade situada no condado de Maricopa, en Arizona, a uns 14 km ao noroeste do centro de Phoenix. Coordenadas: 33°31′59″N 112°11′24″W / 33.53306°N 112.19000°W / 33.53306; -112.19000

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2010, a cidade tiña unha poboación de 226.721 habitantes e unha densidade de poboación de 1.455,78 persoas por km2. O 67,82% era poboación branca, o 6,04% eran afroamericanos, o 3,91% eran asiáticos, o 1,67% amerindios, o 0.19% eran isleños do Pacífico, o 16,41% doutras razas e o 3,96% pertencía a dúas ou máis razas.

Ocio e educación[editar | editar a fonte]

Os Phoenix Coyotes da NHL e os Sting da NLL de Arizona comezaron a xogar en Glendale cando o Jobing.com Arena (antes Arena Glendale) abreu as súas portas en decembro de 2003 en Westgate City Center. Glendale tamén é a casa dos Arizona Cardinals da NFL. Glendale posee un estadio no que se xogou a Super Bowl en 2008. Este estadio tamén acollerá a Super Bowl do 2015.

En Glendale está a sede do Distrito Escolar Unificado de Peoria. Moitos distritos escolares serven á cidade, e son os seguintes: Unified school districts

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Glendale celebra cada ano unhas festividades peculiares da zona:

  • Festival do Chocolate de Glendale
  • Glendale brilla
  • Festival de Jazz e Blues de Glendale
  • Rancho histórico Manistee
  • Rancho histórico Sahuaro