Fukuoka
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Fukuoka na prefectura de Fukuoka | |||
| Localización da prefectura de Fukuoka no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Kyūshū | ||
| Rexión | Rexión de Kyūshū | ||
| Prefectura | Prefectura de Fukuoka | ||
| Superficie | 341,11 km2 | ||
| Poboación | 1.446.644 (2009) | ||
| Densidade | 4.240 h/km² | ||
| Alcalde | Hiroshi Yoshida | ||
Fukuoka (福岡市, ふくおかし, Fukuoka-shi) é unha cidade da prefectura de Fukuoka, do sur do Xapón, a máis importante da illa de Kyūshū, capital da prefectura do seu nome. Sitúase na beira da baía de Hakata fronte ao Estreito de Tsushima, situación estratéxica que fai o seu porto fundamental no tráfico con Corea do Sur e China. Ten 341,11 km² de superficie e unha poboación de 1.446.644 de habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.240 h/km².
O concello de Fukuoka limita cos concellos de Shima, de Maebaru, de Nakagawa, de Kasuga, de Ōnojō, de Umi, de Shime, de Kasuya, de Hisayama, de Shingū (son da prefectura de Fukuoka); de Saga, de Kanzaki e de Yoshinogari (son da prefectura de Saga).
Índice |
[editar] Historia
- Artigo principal: Historia urbana de Fukuoka.
[editar] División administrativa
O concello de Fukuoka divídese en 7 barrios (ku 区):
- Chuuou-ku (中央区, ちゅうおうく)
- Hakata-ku (博多区, はかたく)
- Higaxi-ku (東区, ひがしく)
- Jounan-ku (城南区, じょうなんく)
- Minami-ku (南区, みなみく)
- Nixi-ku (西区, にしく)
- Sawara-ku (早良区, さわらく)
[editar] Universidades
- Universidade de Kyūshū (九州大学)
- Universidade de Seinan-Gakuin (西南学院大学)
- Universidade de Fukuoka (福岡大学)
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |