Condado de Fulton, Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Fulton, Xeorxia
Fulton County (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aHamilton Fulton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 33°47′N 84°28′O / 33.79, -84.47Coordenadas: 33°47′N 84°28′O / 33.79, -84.47
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoXeorxia Editar o valor em Wikidata
CapitalAtlanta Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.066.710 (2020) Editar o valor em Wikidata (770,19 hab./km²)
Número de fogares427.379 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1.385 km² Editar o valor em Wikidata
Auga1,4 % Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación20 de decembro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Código de departamento INSEE13121 Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1694833 Editar o valor em Wikidata

Páxina webfultoncountyga.gov Editar o valor em Wikidata
Twitter: fultoninfo Editar o valor em Wikidata

O condado de Fulton (en inglés, Fulton County) é un condado no estado estadounidense de Xeorxia. No censo de 2000 o condado tiña unha poboación de 816.006 habitantes. A sede de condado é Atlanta, a capital estatal desde 1868 e a principal cidade da área metropolitana de Atlanta. De acordo con estimados da Oficina do Censo, a poboación do condado en 2009 era de 1 033 756, converténdose no primeiro condado de Xeorxia en superar a marca dun millón.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

O condado de Fulton foi creado a partir da metade occidental do condado de DeKalb en 1853. Crese que o condado foi nomeado en honor ao inventor Robert Fulton, quen deseñou o primeiro barco de vapor. Con todo, algúns investigadores cren que o condado puido ser nomeado na honra de Hamilton Fulton, un agrimensor do Western and Atlantic Railroad.[3] Pola contra, o goberno municipal sostén que o condado foi nomeado en honor a Robert Fulton.[4]

A principios de 1932, como unha medida de austeridade durante a Gran Depresión, os condados de Milton e Campbell foron anexados ao condado de Fulton. Isto deulle ao condado a súa forma alargada actual. O 9 de maio de 1932, o condado de Cobb cedeu a cidade de Roswell e outras terras ao oeste do Willeo Creek ao condado de Fulton para facilitar a conexión entre o centro do condado e as terras cedidas polo condado de Milton.

Goberno[editar | editar a fonte]

O condado de Fulton é gobernado por unha xunta de comisionados de sete membros, os cales serven por un período de catro anos. O condado operaba baixo un sistema de administrador municipal, o cal asigna as operacións diarias do goberno municipal a unha persoa designada pola xunta. O presidente da xunta é elixido por todos os votantes do condado, mentres que os demais membros son elixidos en distritos separados.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo, o condado ten unha área total de 1.385 km² (535 sq mi), da cal 1.369 km² (529 sq mi) é terra e 15 km² (6 sq mi) (1,11%) é auga.

Condados adxacentes[editar | editar a fonte]

Transporte[editar | editar a fonte]

Aeroportos[editar | editar a fonte]

O aeroporto máis importante do condado é o Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, o cal atópase parcialmente no condado (parte do aeroporto atópase no condado de Clayton. Así mesmo, o Fulton County Airport (Aeroporto do Condado de Fulton) atópase ao suroeste de Atlanta e proporciona servizos de aviación xeral.

Autoestradas importantes[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

No censo de 2000, houbo 816.006 persoas, 321.242 fogares e 185.677 familias residindo no condado. A densidade de poboación era de 1.544 persoas por milla cadrada (596/km²). No 2000 habían 348,632 unidades unifamiliares nunha densidade de 660 por milla cadrada (255/km²). A demografía do condado era de 48,1% brancos, 44,6% afroamericanos, 0,2% amerindios, 3,0% asiáticos, 0,04% insular do Pacífico, 2,60% de outras razas e 1,5% de dúas ou máis razas. 5,9% da poboación era de orixe hispano ou latino de calquera raza.

A renda media para un fogar do condado era de $49.321 e o ingreso medio para unha familia era de 58.143. $En 2000 os homes tiñan un ingreso medio de 43.495 $ fronte $32.122 para as mulleres. A renda per cápita para o condado era de 30.003 $e o 15,70% da poboación estaba baixo o limiar de pobreza nacional.

Localidades[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fulton County QuickFacts" (en inglés). Oficina do Censo dos Estados Unidos. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2011. Consultado o 8 de xuño de 2010. 
  2. Tharpe, Jim; Mary Lou Pickel (19 de marzo de 2009). "Despite economy, Fulton passes 1 million mark" (en inglés). The Atlanta Journal-Constitution. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2010. 
  3. Carpenter, Cathy (26 de febreiro de 2010). "Fulton County" (en inglés). New Georgia Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2010. 
  4. "About Fulton County" (en inglés). Fulton County Government. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2008. Consultado o 8 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]