Censo dos Estados Unidos de América do 2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Censo dos Estados Unidos do 2000»)

O vixésimo segundo Censo dos Estados Unidos de América, levado a cabo pola Oficina do Censo dos Estados Unidos (United States Census Bureau), determinou que a poboación dos Estados Unidos de América ao 1 de abril do ano 2000 era de 281 421 906, un incremento do 13,2% respecto das 248 709 873 rexistradas durante o censo do ano 1990.

A poboación residente dos Estados Unidos inclúe a cantidade total de habitantes nos 50 estados e no Distrito de Columbia. Tamén foron contados os residentes do estado libre asociado de Porto Rico, cuxa poboación resultou ser de 3 808 610, un aumento do 8,1% respecto da década anterior.

Perfil demográfico[editar | editar a fonte]

A Census Bureau rexistrou os seguintes datos sobre a poboación dos Estados Unidos.

  • 75,1% da poboación é de raza branca.
  • 12,3% da poboación é de raza negra ou descendentes de afroamericanos.
  • 12,5% da poboación é hispana, un 9 por cento máis que en 1990.
  • 3,6% da poboación é asiática.
  • Entre 1990 e 2000, a poboación con idade entre os 45 e 54 anos creceu nun 49%, e a de máis de 85 anos creceu un 38%.
  • As mulleres superan aos homes en 2 a 1 naqueles cidadáns de máis de 85 anos.
  • Un de cada 5 adultos tivo algún tipo de invalidez en 1997.
  • Desde 1993 o ingreso por fogar, tanto para familias como para non-familias, foi en aumento.
  • O 51% dos fogares estadounidenses ten un ordenador e o 41% posúe algún tipo de acceso a Internet.
  • As parellas casadas sen fillos teñen a menor taxa de pobreza.
  • Os pobres, sexa cal for a súa idade, teñen maior posibilidades de non ser cubertos polo seguro médico.
  • O número de estudantes de escolas primarias e secundarias case chega ao tope histórico de 49 millóns alcanzado en 1970.

División da poboación por estados[editar | editar a fonte]

O estado máis poboado é California con 33 871 648 persoas, e o menos poboado é Wyoming con 493.782 habitantes. O estado que máis creceu en número de persoas foi California, con 4 111 627, e porcentualmente foi Nevada, cun incremento do 66,3% (769.424 persoas) desde 1880.

Idiomas[editar | editar a fonte]

A Modern Languaje Association encárgase de investigar e detallar información sobre os 36 idiomas e 7 grupos de linguas menos comúns. O inglés predomina como lingua principal, sendo falada nos fogares polo 82,12% da poboación. O 17,88% restante divídese do seguinte xeito (sinálanse unicamente os idiomas que contribúen máis dun 1%).

  1. Español ou linguaxes crioulos baseados no español (59,8%)
  2. Francés ou linguaxes crioulos baseados no francés (4,47%)
  3. Chinés (4,31%)
  4. Alemán (2,59%)
  5. Tagalo (2,61%)
  6. Vietnamita (2,15%)
  7. Italiano (2,15%)
  8. Coreano (1,90%)
  9. Ruso (1,50%)
  10. Polaco (1,42%)
  11. Árabe (1,31%)
  12. Portugués ou linguas crioulas baseadas no portugués (1,20%)
  13. Xaponés (1,02%)

Representación gobernamental[editar | editar a fonte]

Desde o primeiro censo, realizado en 1790, o reconto decenial foi a base para a forma de goberno representativo dos Estados Unidos. O Artigo I, Sección II especifica que "o número de representantes non pode exceder dun por cada 30.000 habitantes, cada estado debe ter polo menos un representante".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]