Henderson, Nevada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°2′N 114°59′W / 36.033°N 114.983°W / 36.033; -114.983 Henderson é unha cidade situada no suroeste do condado de Clark, Nevada, Estados Unidos. Trátase da segunda maior cidade de Nevada, despois de Las Vegas, cunha poboación de 257.729 habitantes segundo o censo de 2010.[1] Esta metrópole atópase a uns 410 metros sobre o nivel do mar e ocupa unha franxa de 244,7 km². CP:89009

Xeografía[editar | editar a fonte]

As cidades que están máis preto de Henderson son: Paradise (16 km), As Vegas (20.5 km), Enterprise (23.4 km)e Sandy Valley (39 km).

Ós redores de Henderson atópase unha cadea montañosa de rocha negra debido a unha explosión volcánica ocorrida hai millóns de anos. A montaña máis colindante coa metrópole chamase Mccullough Range, que mide 2.140 metros sobre o nivel do mar.

O clima desta cidade é árido, isto é, un verán caloroso e seco e un inverno suave e seco. é doado que durante o verán as temperaturas superen os 40ºC e non chova durante semanas polo que a vexetación non é moi abundante neste lugar.

Historia[editar | editar a fonte]

Henderson foi fundada en abril de 1953 como unha pequena cidade industrial dos arredores de As Vegas. A comezos de 1990 a poboación aumentara nuns 60.000 habitantes e a súa importancia a nivel estatal comezou a ser considerable, e agora mesmo, atópase no número 74 na lista das cidades máis poboadas dos Estados Unidos.

Goberno[editar | editar a fonte]

O actual alcalde da cidade de Henderson é James B. Gibson, o cal é nado nas Vegas á data de 1949. Leva fronte o mandato da cidade estadounidense 12 anos.

A cidade recibiu a súa carta da Lexislatura do Estado no ano 1953. A metrópole está dividida en catro distritos, inda que o alcalde é elixido por toda a cidade mediante o sufraxio universal, catro concelleiros son elixidos por toda a cidade e cada un deles reside nun barrio da cidade. A primeira e polo momento única alcaldesa feminina foi Lorna Kesterson a cal gobernou a cidade de 1993 a 1997.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. http://www.city-data.com/us-cities/The-West/Reno-Population-Profile.html

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]