Port of Spain
| Port of Spain | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 13´45 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 49.031 hab. (2000) |
| Densidade de poboación: | 3.650 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Murchison Brown |
| Sitio na web: | www.portofspain.com/ |
Port of Spain, ás veces tamén denominada Porto España, é a capital de Trindade e Tobago e o terceiro concello máis grande do país, logo de Chaguanas e San Fernando. A poboación do seu municipio é de 49.031 (censo de 2000), entanto a poboación metropolitana estimábase en 128.026 no ano 1990.
Índice |
Xeografía [editar]
Port of Spain está situada ao noroeste da illa de Trindade, entre o golfo de Paria, os outeiros do North Range e o pantano Caroni. Parte da cidade está sentada sobre terreos gañados ao mar.
Estrutura urbana [editar]
Port of Spain, oficialmente ten pouca poboación, o que reflicte os estritos límites do seu concello, que inclúen o distrito central de negocios e algúns barrios economicamente deprimidos. Fronte a poboación oficial contrasta a conurbación do corredor leste-oeste que se achega aos 600.000 habitantes.[1]. O corredor é unha área edificada ao norte da illa de Trindade que se estende desde a capital, Port of Spain, uns 15 km cara o leste até Arima, e que inclúe as cidades de Barataria, San Juan, St. Joseph, Curepe, St. Augustine, Tunapuna, Tacarigua, Arouca e máis Five Rivers, nun tempo comunidades diferentes e actualmente distritos que conforman unha área urbana continua. Na súa maior parte espállase ao longo da Eastern Main Road, entre a Churchill-Roosevelt Highway e a base dos outeiros da Northern Range (Cordal Norte).[2]
Historia [editar]
Port of Spain foi fundada pos españois a mediados do século XVI sobre o antigo emprazamento índio de Cumucarapo ou Conquerabia. Foi denominado Puerto de los Españoles.
A fins do século XVIII, o último gobernador, José María Chacón, trasladou a capital da illa desde San José de Oruña (hoxe denominada Saint Joseph) para a cidade. Despois da conquista de Trindade por Inglaterra, durante as Guerras Revolucionarias Francesas, en 1797, continuou sendo a capital da colonia, mais con o novo nome de Port of Spain. Con a independencia do arquipélago (1962) pasou a ser a capital do novo estado.
Anos antes, entre 1958 e 1962, Port of Spain foi capital da Federación das Indias Occidentais, aínda que se pensara en facer capital federal a Chaguaramas, ao oeste da cidade.
Economía [editar]
Port of Spain é o centro comercial, financeiro e de negocios da maior parte do país. Dous dos maiores bancos do Caribe, Republic Bank, Trinidad and Tobago Limited e RBTT (antes Royal Bank de Trindade e Tobago) teñen aquí a súa sede. Tamén a maioría das oficinas gubernativas están asentadas na cidade. en distintas localizacións: The Government Campus Plaza (en construción), Red House ou Eric Williams Plaza. O porto de Port of Spain é o maior porto de embarques con contedores e ten capacidade abondo para que amarren nos seus peiraos os maiores buques.
A economía de Trindade baséase no gas natural e o petróleo. Aínda que ningunha industria pesada está situada no mesmo Port of Spain, si que unha importante refinería petroleira, moitas plantas petroquímicas, siderúrxicas e de aluminio sitúanse ou están planificadas en lugares do sur da cidade[3]. Os altos ingresos procedentes da exportación de gas natural serviron para que o país finanzase o Port of Spain International Waterfront project. Port of Spain ten sona de ser o "eixo industrial" do Caribe, como a cidade máis desenvolvida do seu país.
Comunicacións [editar]
O tráfico automobilístico é extremadamente denso, sobre todo ás horas punta. A fin de facilitar o tránsito de entrada e saída a cidade, existen varios proxectos. Un deles é preparar a autovía Churchill-Roosevelt con vías rápidas; outro extender o servizo de buques transbordadores (que cargan vehículos) desde Port of Spain até os centros urbanos máis importantes da costa oeste.
Entretanto existe un importante servizo de transporte público de autobuses, e privado de minibuses, que serve City Gate, localizado en South Quay, xusto ao sur de Independence Square. O servizo actual de transbordador conecta Port of Spain con Scarborough, Tobago.
Para comunicacións aéreas, Port of Spain está atendido polo Aeroporto Internacional Piarco, situado na localidade de Piarco, que é o aeródromo internacional de todo o país.
Notas [editar]
- ↑ Trinidad and Tobago - Country overview, Location and size, Population, Industry, Oil and gas, Manufacturing, Services, Tourism
- ↑ Northern Range of Trinidad Travel Guide
- ↑ US State Department Background Notes - Trinidad and Tobago(11/07)[1]