Chula Vista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 32°37′40″N 117°2′53″W / 32.62778°N 117.04806°W / 32.62778; -117.04806

Chula Vista
Bandeira de Chula Vista
Escudo de Chula Vista
Bandeira Escudo
Cidade de Chula Vista
CV Montage.jpg
Alcume "A cidade de encanto"
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado California
Fundación 28 de novembro de 1911
Superficie
 • Total

132,7 km²
Poboación
 • Total

243.916
Densidade 1 838,1 hab./km²
Alcalde Cheryl Cox
San Diego County California Incorporated and Unincorporated areas Chula Vista Highlighted.svg
www.chulavistaca.gov/

Chula Vista é unha cidade do condado de San Diego, no estado estadounidense de California. No ano 2005 tiña unha poboación de 210.000 habitantes e unha densidade de poboación de 1.370,9 hab./km², sendo a segunda cidade máis grande do condado de San Diego, e a 14º no estado de California

Chula Vista está a 11 km do centro de San Diego e a 11 km da fronteira con México, na rexión da Baía do Sur da área metropolitana. A cidade está no centro dunha das zonas máis ricas e culturais dos Estados Unidos. Chula Vista é famosa grazas a súa situación escénica entre a Baía de San Diego e as estribacións dunha montaña costeira.

Fundouse a principio do século XIX, e recentemente tivo un crecemento demográfico. Sendo a segunda cidade máis grande do Condado de San Diego, Chula Vista converteuse rapidamente nun destino popular para moitos turistas. Nesta cidade atópase un dos poucos centros de formación olímpica dos Estados Unidos de América.

Os destinos máis populares e escollidos polos turistas son o Anfiteatro Inarámico de Cricket, Knott Soak City USA, e a mariña e o centro de natureza de Chula Vista.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina de Censo a cidade ten unha área total de 132,7 km², dos cales 126,6 é terra e 6,1 (4,61%) é auga. Chula Vista ten dous barrios, West Chula Vista e East Chula Vista. A orixinal Chula Vista abranguía desde a área oeste do Paseo de Cumio ata o norte da Rúa L.

Chula Vista ten un clima mediterráneo, que comparte co Condado de San Diego.

Economía[editar | editar a fonte]

Chula Vista mantén un ambiente de negocios que impulsa ao crecemento e ao desenvolvemento. Na cidade, hai unha pequena comunidade empresarial, que sirve como motor económico da mesma e a que se lle atribúe o seu crecemento.

Tamén se considera moi importante para dito desenvolvemento económico ao turismo, xa que Chula Vista presenta moitas experiencias relacionadas coa gastronomía, ocio e cine. Ademais, como moitas outras cidades de California, ofrece diversos cursos de golf.

Educación[editar | editar a fonte]

En Chula Vista está unha das catro universidades privadas no Condado de San Diego, e é a sede de Southwestern College, un colexio da comunidade fundada en 1961, que presta servizos a aproximadamente 19.000 estudantes ó ano.

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

Chula Vista está comunicada por múltiples estradas e Rutas Estatais de California. A estrada interestatal 5 empeza no sur da cidade e atravésaa ata o seu bordo occidental conectando Chula Vista co Condado do norte; chegando máis alá de Los Ángeles e California do Norte. A estrada interestatal 805 sirve para circunvalar a estrada 5, enlazando a última estrada en Sorrento Valle. A Ruta Estatal 54 e a Ruta Estatal 125 serven como autovías para cidades do Condado do Este.

Irmandades[editar | editar a fonte]

Chula Vista ten dúas cidades irmandadas, Cebu City en Filipinas e Odawara en Xapón.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Cricket Wireless Amphitheatre é un teatro de artes escénicas. Os escenarios teatrais OnStage, fan producións de alta calidade, que aportan a Chula Vista unha gran actividade cultural. KnottSoak City é un gran parque acuático que representa a Chula Vista e se ofrece para o desfrute dos turistas e residentes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]