Winnipeg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Winnipeg, Manitoba Location.png

Winnipeg é a capital e a cidade máis poboada da provincia de Manitoba, Canadá, localizada nas pradarías de Canadá Occidental[1][2]. É, ademais, a sétima cidade máis grande de Canadá e a máis importante do centro do país.

[editar] Características

Arredor da metade da poboación total de Manitoba reside na Rexión de Winnipeg Capital, o poboación da cal é de 730.305 habitantes. A cidade de Winnipeg conta cunha poboación total de 633.451 habitantes (estimación 2006). A cidade atópase na confluencia dos ríos Red e o Assiniboine. Caracterizada por un clima rigoroso (temperatura media de -19 °C en xaneiro, e de 19,7 °C en xullo) é considerada como unha das grandes cidades máis frías do mundo.

Winnipeg é fogar dunha arquitectura histórica e numerosos parques como Assiniboine Park ou Birds Hill Provincial Park. Pola súa situación, está tamén moi próxima aos ríos do Escudo Canadense e numerosos lagos, entre os que se atopan o lago dos Bosques, o lago Winnipeg (o décimo máis grande do mundo) e o lago Manitoba.

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas