LGBT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

LGBT (ou GLBT) é unha abreviatura de uso moi corrente para agrupar todo o referido á cultura ou á comunidade gai, lésbica, bisexual e transexual. Aínda que é un termo controvertido, resulta o máis axeitado para integrar as distintas formas da liberdade sexualhomosexual ou ca lesbigai. O acrónimo GLBT é máis usado nos Estados Unidos e en Australia, mentres que LGBT, dándolle maior visibilidade ao lesbianismo, é máis usual en Europa.

Significado dos termos[editar | editar a fonte]

Cada termo no acrónimo refírese a un grupo específico.

Lesbiana[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lesbianismo.

Neste contexto, lesbiana refírese ás mulleres homosexuais, é dicir, que practican sexo con outras mulleres.

Gai[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Gai.

Neste contexto, gai refírese especificamente aos homes homosexuais, é dicir, que practican sexo con outros homes.

Bisexual[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Bisexualidade.

Bisexual refírese ás persoas que practican sexo con persoas dos dous xéneros. Mentres que a bisexualidade tradicional se define como a "atracción cara a homes e mulleres", comunmente abrangue tamén a pansexualidade, ou "atracción onde o sexo da parella é de pouca ou ningunha importancia" (i.e. homes, mulleres, ou calquera outra identidade sexual). A bisexualidade cobre calquera orientación sexual entre a homosexualidade estrita e a heterosexualidade estrita.

Transexual[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Transexualidade.

O termo trans úsase para denominar un grupo de persoas caracterizadas pola inversión parcial ou total da súa identidade de xénero. Unha definición común é a de "persoas que senten que o sexo que lles foi asignado ao nacer é unha descrición falsa ou incompleta delas".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: LGBT

Outros artigos[editar | editar a fonte]