Richard Meier
Richard Meier, nado o 12 de outubro do 1934 en Newark (Nova Jersey), é un arquitecto estadounidense de finais do século vinte, coñecido mundialmente polo uso da cor branca nas súas obras.
Índice |
Traxectoria [editar]
Acadou a Graduación de Arquitecto na Universidade de Cornell no ano 1957, traballando para SOM (Skidmore, Owings e Merrill) durante o 1959, máis tarde para Marcel Breuer por tres anos, xusto antes de comezar o seu propio estudio no ano 1963. Recoñecido como un dos The New York Five (Os cinco de Nova York), o seu legado do Museo Getty na cidade dos Anxos, California catapultouno á fama.
No 1984 foi galardoado co Premio Pritzker.
Obras destacadas [editar]
- Torre ECM, Praga, República Checa, 2004-2007.
- Edificio Tecnolóxico das Ciencias da Saúde, Ithaca, Nova York, 2007.
- Museo Frieder Burda, Baden Baden, Alemaña, 2004.
- Sandra Day O'Connor United States Courthouse, Phoenix, Arizona, 2000.
- Centro Getty, Os Anxos, California, 1997.
- Museo da Television e Radio, Beverly Hills, California, 1996.
- Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona, Barcelona, España, 1995.
- O Hague, 1995.
- Ala de Arte Moderno Centro de Arte Des Moines, Des Moines, Iowa, 1984.
- Museo de Arte, Atlanta, Xeorxia, 1983.
- O Ateneo, New Harmony, Indiana, 1979.
- Centro de Desenvolvemento Bronx, O Bronx, Nova York, 1976.
- Casa Douglas, Harbor Springs, Michigan, 1973.
- Casa Smith, Darien, Conética, 1965-1967.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||