Memphis, Tennessee
|
|||||
| City of Memphis | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Vista aérea de Memphis |
|||||
| Alcume | The River City | ||||
| Información | |||||
| País | |||||
| Estado | |||||
| Fundación | 1819 | ||||
| Superficie • Total |
763,4 km² |
||||
| Poboación • Total • Posto • Área metropolitana |
669.651 (2008) 20º 1.280.533 |
||||
| Densidade | 898,6 hab./km² | ||||
| Altitude | 103 m | ||||
| Alcalde | A C Wharton | ||||
| Páxina oficial | |||||
Memphis é unha cidade do estado americano de Tennessee, situada no río Mississippi na súa unión co río Wolf. Está situada no Condado de Shelby, do que é capital. O seu reclamo turístico fundamental é Graceland, lugar onde viviu e faleceu Elvis Presley. Tamén é coñecida polo seu equipo de baloncesto, os Memphis Grizzlies. No 2007 tiña 674.028 habitantes, cifra que ascende ata 1.196.000 na área metropolitana. A cidade é moi coñecida pola música blues. En Memphis viviron Elvis Presley e B. B. King, e naceron artistas como Aretha Franklin, Carla Thomas, James Carr e Anita Ward.
Índice |
Historia [editar]
Memphis está situada nun estratéxico punto da ribeira oriental do Misisipi, sendo un asentamento da tribo Chickasaw. O soado explorador español Hernando de Soto, xunto á súa tropa, foi o primeiro europeo que explorou a zona, acampando nela en 1541. Os franceses construíron nas proximidades Fort Prudhomme (ou Fort Assumption) en 1739 como parte da colonia de Luisiana. En 1790 España anexou a área ao goberno de La Luisiana Española e construíuse o Forte de San Fernando das Barrancas ao belixerar apoiando á Guerra de Independencia Estadounidense contra os ingleses. Neste forte os españois levantaron un faro, pero tras o Tratado de París de 1783, Inglaterra cedera o territorio aos recentemente emancipados estadounidenses polo que estes tomaron o control da área rebautizando de San Fernando das Barrancas como Fort Adams (1797). En 1818, mediante un forzoso tratado, a nación Chickasaw cedeu os seus territorios aos Estados Unidos. A localidade actual fundouse en 1819, converténdose en cidade en 1826. Tras a Batalla de Memphis (durante a Guerra de Secesión), o 6 de xuño de 1862, as tropas nordistas conquistaron Memphis aos sudistas. Unha epidemia de febre amarela reduciu a poboación considerablemente en 1870. Entre 1910 e 1950 en Memphis desenvolveuse o clientelismo político baixo a dirección de E. H. Crump.
Lexislación e Goberno [editar]
Desde 1966 Memphis foi dirixida segundo a forma de alcaldía chamada Alcalde Débil. Desde 1995 a cidade está dividida en nove distritos, sete dos cales elixen un concelleiro e os outros dous elixen tres cada un. Nos últimos anos propúxose a idea de unir a alcaldía da cidade co goberno do condado, creando un goberno metropolitano como o que existe na próxima Nashville.
Xeografía [editar]
Memphis está situada a 35º7'3 N, 89º58'16 Ou. Segundo a oficina do censo de EE.UU., a cidade ten 763,4 Km², dos cales un 5,24% é superficie acuática.
Área Metropolitana [editar]
Memphis é a cidade principal dunha rexión metropolitana que inclúe partes dos estados de Tennessee, Misisipi e Arkansas. A área metropolitana inclúe os condados de Fayette, Tipton, Shelby (en Tennessee), DeSoto, Marshall, Tate, Tunica (en Misisipi) e Crittenden (en Arkansas).
Demografía [editar]
Segundo o censo de 2000, a cidade ten 850.100 habitantes, dos cales 350.721 son propietarios, e 258.455 familias vivindo nela. A densidade de poboación é de 1098,6 habitantes / Km². Por grupos étnicos, un 34,41% son brancos, un 61,41% son negros, un 0,19% son nativos americanos, un 1,46% son asiáticos, un 2,97% son latinos, e un 2,5% doutras razas ou de máis dunha raza.
Por pisos de idade, un 27,9% da poboación é menor de 18 anos, un 10,8% está entre 18 e 24, un 30,7% entre 25 e 44, un 19,7% entre 45 e 64 e un 10,9% é maior de 65 anos. A media de idade está en 32 anos. Hai 9 homes para cada 10 mulleres. O ingreso medio por familia é de 32.285$, sendo o ingreso per cápita de 17.838$. Un 20% da poboación e un 17% das familias están por baixo do limiar da pobreza.
Economía [editar]
Memphis produce pezas téxtiles, pianos, partes de automóbiles e camións, e material de calefacción. Na cidade sitúanse as oficinas centrais de FedEx. O Aeroporto Internacional de Memphis, ao ser a base principal de FedEx é o aeroporto con máis tráfico de carga do mundo. O AutoZone e Piggly Wiggly foron fundados nesta cidade. As autoestradas interestatais I-40, I-240 e I-55 son as principais autoestradas da zona. As futuras I-22 e I-69 está planificado que terminen en Memphis. O transporte público na zona metropolitana está xestionado pola Memphis Area Transit Authority, estando formado por autobuses e tranvías.
Turismo [editar]
Turistas de todo o mundo acoden á cidade para ver Graceland, a casa de Elvis Presley. Os Estudos Sun, onde Elvis gravou My Happiness e That's When Your Heartaches Begin tamén están na cidade. Outros famosos que comezaron en Sun foron Johnny Cash, Rufus Thomas, Charlie Rich, Howlin' Wolf, Roy Orbison, Carl Perkins e Jerry Lee Lewis.
Os amantes da música blues adoitan ir á Beale Street, onde B. B. King tocaba a súa guitarra, e ocasionalmente aparece por un club co seu nome do cal el é propietario. Hai un parque de atraccións Libertyland xunto á Boleira Liberdade, o Museo da Infancia de Memphis, Illa Mud, Detour Memphis, o Centro da Natureza Lichterman, o Museo Palacio Rosa, a Pirámide de Memphis, o Zoo de Memphis e o barco fluvial Raíña de Memphis.
A feira do Medio-Sur está en Memphis cada outono, e en maio celébrase o festival Memphis en maio. Cada ano, a cidade homenaxea a un país estranxeiro, e cada fin de semana acolle un evento especial, como o Campionato Mundial de Cociña en Grellada ou o Festival de Música da Rúa Beale. O Entroido de Memphis, anteriormente coñecido como o Entroido de Algodón de Memphis, é unha serie de festas e festivais que son realizados pola Asociación do Entroido de Memphis, e ten lugar a principios de verán. O entroido rende tributo a varios aspectos de Memphis e as súas industrias, e cada ano elíxese a un Rei e Raíña do entroido.
Persoeiros ilustres [editar]
- Johnny Cash, músico (1932 - 2003)
- Ric Flair, loitador de loita libre profesional (1949)
- Morgan Freeman, actor (1937)
- Aretha Franklin,cantante 1942
- Anfernee Hardaway, baloncestista (1971)
- Elvis Presley, Cantante de Rock, Soul e Blues (1935 - 1977)
- Justin Timberlake, cantante (1981)
Deporte [editar]
É a sede do equipo da NBA, os Memphis Grizzlies.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago |
||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Nova York | Nova York | 8.274.527 | 11 | Detroit | Michigan | 916.952 | |||
| 2 | Os Ánxeles | California | 3.834.340 | 12 | Jacksonville | Florida | 805.605 | |||
| 3 | Chicago | Illinois | 2.836.658 | 13 | San Francisco | California | 799.183 | |||
| 4 | Houston | Texas | 2.208.180 | 14 | Indianapolis | Indiana | 795.458 | |||
| 5 | Phoenix | Arizona | 1.552.259 | 15 | Columbus | Ohio | 747.755 | |||
| 6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.449.634 | 16 | Austin | Texas | 743.074 | |||
| 7 | San Antonio | Texas | 1.328.984 | 17 | Fort Worth | Texas | 681.818 | |||
| 8 | San Diego | California | 1.266.731 | 18 | Memphis | Tennessee | 674.028 | |||
| 9 | Dallas | Texas | 1.240.499 | 19 | Charlotte | Carolina do Norte | 671.588 | |||
| 10 | San Jose | California | 939.899 | 20 | Baltimore | Maryland | 637.455 | |||
| Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000 | ||||||||||
|
||||||||||||||