Delta Air Lines
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing 757 de Delta Air Lines
Delta Air Lines é unha aeroliña dos Estados Unidos. As súas oficinas principais están en Atlanta, Xeorxia. A aeroliña opera unha extensa rede nacional e internacional voando a todos os continentes agás a Antártida. Delta e as súas subsidiarias operan ao redor de 4.000 voos diarios. É membro da alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance.