Alabama
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alabama (homónimos).
| Alabama | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alabama é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. No ano 2000 tiña 4.447.100 habitantes. A capital é Montgomery.
[editar] Xeografía
Alabama ten unha superficie de 135.765 km², está dividido en 67 condados. O seu territorio é patelo, 734 metros é a altura máxima, regado por varios ríos, entre os que destacan o Alabama e o Tennessee.
[editar] Historia
Antes da chegada dos europeos no actual estado de Alabama vivían os Alabama, Cherokee, Chicksaw, Choctaw, Creek, Koasati e Mobile.
Españois e británicos disputáronse o territorio, en 1701 os franceses integraron o territorio en Luisiana (Nova Francia) ata que foi mercado polos Estados Unidos, e finalmente converteuse no 22º estado en 1819.
O estado de Alabama separouse da Unión para se unir aos Estados Confederados de América o 11 de xaneiro de 1861, ao que contribuíu con 120.000 soldados á Guerra Civil Americana. Alabama foi readmitida na Unión en xuño de 1868
|
|||||||||||