Renzo Piano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da zona de Potsdamer Platz en Berlín
O "Centro Paul Klee" en Berna
Edificio en Colonia, Alemaña

Renzo Piano (nado o 14 de setembro de 1937) é un arquitecto italiano de fama e recoñecemento internacional.

Naceu en Xénova, Italia, onde aínda mantén a súa casa e oficina de traballo. Foi alumno e posteriormente mestre na Escola Politécnica de Milán. Dende 1965 ata 1970 traballou con Louis Kahn e con Makowsky. Tamén traballou xunto a Richard Rogers dende 1971 ata 1977, sendo o seu proxecto máis famoso o Centro Georges Pompidou en París no ano 1977.

Deseñou o "Menil Collection Museum" en Houston no 1986, un dos proxectos de enxeñería máis extraordinarios do século vinte no Aeroporto Internacional de Kansai, Osaka (1988), e a reconstrución da Daimler-Benz en Berlín, Alemaña. No ano 2002 rematou o Auditorio de Música estado-da-arte en Roma. No 2003 remátase a Igrexa do Pai Pio Pelegrino en San Giovanni Rotondo. Un museo en Berna, Suíza, dedicado a o pintor suizo Paul Klee foi tamén deseñado por el. Piano ten deseñado tamén estadios, pontes e automóbiles.

Un dos deus proxectos máis novos é o rañaceos Torre da Ponte de Londres.

Gañou o Premio Pritzker no ano 1998 e foi nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNESCO.

[editar] Principais proxectos


[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas