El Paso, Texas
Coordenadas: 31°47′25″N 106°25′24″W / 31.79028°N 106.42333°W
| El Paso | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| País: | Estados Unidos |
| Estado: | Texas |
| Condado: | El Paso |
| Incorporada: | |
| Alcalde: | John Cook |
| Xeografía | |
| Altitude: | 1.140 msnm |
| Superficie: | 648,8 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 649.121 |
| Densidade de poboación: | 944,7 |
| Información | |
| Sitio na web: | elpasotexas.gov |
El Paso é unha cidade e a capital do condado de El Paso, situada no estado de Texas, nos Estados Unidos. No censo do 2010 a cidade tiña unha poboación de 649.121 habitantes, sendo a sexta cidade máis grande de Texas. A súa área metropolitana cubre todo o condado de El Paso, e ten unha poboación de 800.647 habitantes.
El Paso atópase na ribeira do río Grande, ao outro lado da cidade mexicana de Ciudad Juárez. As dúas cidades forman unha área metropolitana internacional que ás veces é chamada Juarez-El Paso, sendo Juárez a de maior poboación das dúas (cunha poboación próxima ao millón e medio de habitantes).
En El Paso está a University of Texas at El Paso (fundada en 1914 como The Texas State School of Mines and Metallurgy, e posteriormente chamada Texas Western College, ata que recibiu o seu actual nome en 1967) e a Texas Tech University Health Sciences Center. Fort Bliss, un dos maiores complexos militares do exército dos Estados Unidos, limita co leste e norleste da cidade, extendéndose a súa área de adestramento ao norte cara Novo México, ata a liña de mísiles de White Sands e a veciña base da Forza Aérea Holloman, en Alamogordo. As montañas Franklin exténdense cara El Paso dende o norte e case divide á cidade en dúas partes, a metade occidental onde comeza o val de Mesilla e as ladeiras orientais que conectan co céentrico distrito de negocios no extremo sur da cordilleira.