James Batcheller Sumner
Nome orixinal | (en) James Batcheller Sumner |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de novembro de 1887 Canton (Massachusetts), Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 12 de agosto de 1955 (67 anos) Buffalo Estados Unidos |
Lugar de sepultura | Canton Corner Cemetery (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Estados Unidos |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | |
Director de tese | Otto Folin (pt) |
Coñecido por | |
Actividade | |
Campo de traballo | |
Ocupación | bioquímico , químico , virólogo , profesor universitario |
Empregador | Universidade Cornell Worcester Polytechnic Institute (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Theodore Sourkes (en) e Alexander Dounce (en) |
Familia | |
Pais | Charles Sumner (en) e Elizabeth Rand Kelly (en) |
Premios | |
James Batcheller Sumner, nado o 19 de novembro de 1887 en Canton (Estados Unidos) e finado o 12 de agosto de 1955 en Buffalo (USA), foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1946.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou química na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1910. En 1912 iniciou os seus estudos de bioquímica en Harvard, onde se licenciou en 1914. Entre 1914 e 1929 foi profesor de bioquímica en Harvard, e entre 1929 e 1955 foi catedrático na Universidade Cornell.
Summer recibiu un disparo do seu compañeiro estando de caza aos 17 anos e a consecuencia o seu brazo esquerdo tivo que ser amputado debaixo do cóbado.
Sumner faleceu de cancro o 12 de agosto de 1955 na súa residencia de Buffalo, situada no estado de Nova York.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Iniciou as súas investigacións no illamento dos encimas na súa forma pura, un feito que nunca se puido conseguir, e que realizou durante as súas estancias en Bruxelas (1921 e 1922), Estocolmo (1929) e Uppsala (1937-1938), nesta última cidade sueca á beira do Premio Nobel Theodor Svedberg. Tras atoparse con moitos fracasos, en 1926 conseguiu illar e cristalizar os encimas grazas á urease.
En 1946 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polo descubrimento da cristalización de encimas. A outra metade do premio foi compartida polos químicos estado unidenses John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1936 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
Predecesor: Artturi Ilmari Virtanen |
Premio Nobel de Química 1945 compartido con John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley |
Sucesor: Robert Robinson |