Saltar ao contido

Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallos:
WM DIM1
WP:1WDIM
Cartel do evento do wikimaratón.
Logotipo do décimo quinto aniversario da Galipedia.
Código QR.
En marzo, achégate á Galipedia en Ourense! (Foto: Pórtico do Paraíso na Catedral).

O sábado 10 de marzo de 2018 levouse a cabo o primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que será realizado na cidade de Ourense en colaboración coa concellería de Igualdade da cidade. Este evento foi unha das actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia, que se cumpre o 8 de marzo. Nel traballouse na creación, ampliación e mellora de artigos biográficos de mulleres destacadas na historia para mellorar e aumentar a súa visibilización na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un wikimaratón é unha reunión (presencial ou virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que inclúan unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.

Cando, onde e como

[editar a fonte]

A actividade tivo lugar o 10 de marzo de 2018 na Biblioteca Pública de Ourense, podes ver aquí a súa localización.

Comezou ás 10:30 e desenvolveuse durante toda a mañá (máis abaixo podes ver o programa).

Para poder tirarlle todo o partido ao wikimaratón o ideal é asistir de forma presencial. Así, amais de editar, é posible coñecer outros wikipedistas, intercambiar experiencias e darlle visibilidade ao proxecto.

Programa de actividades

[editar a fonte]

Programa provisional

  • 10:30 - 11:30 Obradoiro de iniciación á edición na Galipedia
  • 11:30 - 12:15 Wikimaratón de artigos
  • 12:15 - 12:30 Pausa para café
  • 12:30 - 13:30 Wikimaratón de artigos
  • 13:30 - Wikitorta quince aniversario da Galipedia

Información para participantes

[editar a fonte]

Cuestións xerais

[editar a fonte]
Videotitorial de axuda para a creación dunha conta e para apuntarse ó wikimaratón.

Tanto se optas por achegarte ata Ourense, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.

Non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches no programa que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.

E tampouco fai falta que cargues co teu equipo: no local temos á nosa disposición ordenadores de sobremesa para que poidamos traballar a gusto. Pero se estás moi afeito ao teu portátil, tamén podes traelo: nós fornecerémosche a conexión á rede sen fíos para que poidas traballar.

Recomendación ós novos editores: levar xa creado o propio usuario.

  1. Accedendo á páxina principal e, na parte superior dereita, premendo en Crear unha conta
  2. Cubrir os campos solicitados (os únicos obrigatorios son o nome e contrasinal), e tras premer en  Crear a conta  xa tes o teu usuario.
Importante: Non esquecer o voso nome de usuario e o contrasinal.

As compañeiras da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela fixeron un pequeno videotitorial que pode serche de axuda para abrir conta en Galipedia e facer o teu rexistro como participante no wikimaratón. Pódelo consultar acó e tamén nesta mesma páxina, á esquerda.

Unha cousa que si podes traer, e sería moi interesante, é algún libro sobre as biografías de mulleres nas que imos traballar. Hai varias recompilacións dispoñibles con información sobre o tema, e moitos libros que profundizan na vida e obra de moitas delas. Toda esta información é de moita utilidade para achegar contido ós artigos e tamén para usar como fonte para engadir as referencias axeitadas.

Tamén é importante que teñas en conta a Política de espazo amigable para os eventos da Fundación Wikimedia.

Axudas co galego

[editar a fonte]

Os artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.

Artigos propostos

[editar a fonte]
Rosa Luxemburg.

Podes participar de varias maneiras:

  • Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.
  • Ampliando a información de artigos xa creados ou creando outros novos, aproveitando os teus propios coñecementos, ou botando man dos recursos que poñeremos ao teu dispor.

Se queres podes propor máis artigos modificando estas táboas ou deixar un comentario na páxina de conversa.

Cando remates de amañar ou crear un artigo, por favor, engade na columna de "Notas" o texto {{Feito}} para poder saber de forma sinxela o traballo que fixemos neste wikimaratón.

Carmen Babiano.
Olimpia Valencia.
Mercedes Tella.
Eva Veiga.

Nesta lista engadiremos os artigos sobre mulleres galegas sobre os que podemos traballar. Uns xa existen e poden revisarse e ampliarse, e outros non existen e habería que crealos.

Tamén podes atopar outros artigos a crear en Álbum de Mulleres.

Hai outras listas máis no Wikiproxecto galegas. Unha delas é de galegas que non teñen artigo na Galipedia pero si nas wikipedias doutras linguas. Podes facer unha tradución dos artigos das outras linguas.

ArtigoAvisosProvinciaNotas
1Inés de Castrofaltan referencias
2Ángeles Alvariñocoruñesa
3Antonia Ferrínourensá
4Manuela Barreiro Picoformato wikiluguesa
5Rita Fernández Queimadelospontevedresa
6Carme Adán
7Obdulia DíazourensáNovo artigoFeito! Feito! Foto da escultura "Torre do Baño" na praza de Saco y Arce, OurenseFeito! Feito!
8Irmás TouzaourensáFeito! Feito!, novo artigo (ver libro Memoria de Ferro na sección biblioteca do wikimaratón)
9Marián López Fernández-CaopontevedresaFeito! Feito!, novo artigo
10Asunta RodríguezlucenseFeito! Feito!, novo artigo
11Magis IglesiaspontevedresaFeito! Feito!, novo artigo
12María Lama TrigopontevedresaFeito! Feito!, novo artigo
13Eva Veigacoruñesa
14Leticia IglesiasourensáFeito! Feito!, novo artigo
15Helena de Carlosourensá
16Fátima RodríguezcoruñesaFeito! Feito!, novo artigo
17Asunción MontijanolucenseFeito! Feito!, novo artigo
18Paula GallegocoruñesaFeito! Feito!, novo artigo
19Cuqui PiñeiropontevedresaFeito! Feito!, novo artigo
20Docha Rioboocoruñesaartigo en es.wiki
21Sofía Oriana InfantecoruñesaFeito! Feito!, novo artigo
22Silvia Penidecoruñesaartigo en es.wiki
23Sabela Arias Castrocurto de máisluguesaartigo en es.wiki
24Ana Arias Saavedraluguesa
25Carmen Babianofaltan referenciasFeito! Feito!coruñesaartigo en es.wiki
26María Abel Diéguezatleta olímpica (Lugo 1974) GEG
27María Dolores Acevedoluguesaescritora rosa (Lugo 1932) GEG
28Paloma Acuña Fernándezdirectora dos Museos Estatais (Vigo 1946) GEG Feito! Feito!, novo artigo
29Ágapenobre que propagou as doutrinas gnósticas GEG
30Matilde Albert Robattocoruñesaescritora (Mugardos 1940) GEG
31Rosario Álvarez de Sotomayorpintora (Oleiros 1921) GEG Feito! Feito!
32Ángeles Barreiro RicoGEG
33María Victoria Díaz RivaÁlbum da JAE
34Carmén López-CortónÁlbum da JAE
35Sofía NovoaÁlbum da JAE
36Paz Parada PumarÁlbum da JAE
37Olga Moreiras TuniNovo artigo Feito! Feito! Álbum da Ciencia
38Carmen Arias LópezÁlbum da Emigración
39Elsa Fernández GonzálezÁlbum da Emigración
40Juana Rouco BuelaÁlbum da Emigración
41Josefina Fernández Mosquerahistoriadora
42Eva CarreraColección Afundación
43Almudena Fernández FariñaColección Afundación
44Ana García PanColección Afundación
45Ana Legido SotoColección Afundación
46Celsa Ferrín Moreirasourensá
47Olimpia Valenciaincluír máis referencias (Galiciana)ourensáFeito! Feito!
48Carmen GurriaránourensáFeito! Feito!, novo artigo (soprano.resumo biográfico acó e outra fonte)
49María Martinón TorresourensáFeito! Feito!, novo artigo (paleoantropóloga)
50Carmen Blancoescritora luguesaFeito! Feito!
51Eugenia Pereira RodríguezcrearourensáFeito! Feito!, novo artigo (primeira licenciada en Farmacia en Santiago en 1922)
52Pilar Wirtz Molezúncrearcoruñesamonxa da Compañía de María e editora de Encrucillada
53Carmen Agulló DíazourensáFeito! Feito!, novo artigo
54Aurora GilcoruñesaFeito! Feito!, novo artigo
55A banda da LobaFeito! Feito!, novo artigo
56Chelo García-CortésourensáFeito! Feito!, novo artigo
57María Cofán SotoourensáFeito! Feito!, novo artigo
58Irene Milleiro DíazpontevedresaFeito! Feito!, novo artigo
59Amalia Sofía Osorio DelgadoourensáFeito! Feito!, novo artigo
60María del Rosario ÁlvarezcoruñesaFeito! Feito!, novo artigo

Outros artigos

[editar a fonte]

Aquí podes ver unha lista de artigos sobre os que tamén podemos traballar no wikimaratón, os artigos foron escollidos porque son de calidade ou bos na Wikipedia en castelán ou inglesa.

Harriet Tubman, loitou pola liberdade, contra a escravitude e o racismo.
ArtigoAvisosNotas
1Día Internacional da MullerActualizar co paro internacional de mulleres 2018
2Margaret BrownCalidade en es.wiki
3Mariya SpiridónovaCómpre revisar transcrición nomes rusosCalidade en es.wiki
4Isabel II do Reino UnidoCalidade en es.wiki
5Harriet Tubmancurto de máisCalidade en es.wiki
6Alfonsina Stornitraducir citasCalidade en es.wiki
7J. K. RowlingCalidade en es.wiki
8Mary ShelleyCalidade en es.wiki
9Sarah TrimmerCalidade en es.wiki
10Juana Inés de la CruzCalidade en es.wiki
11Lady GagaCalidade en es.wiki
12Madonnaprecisa referenciasCalidade en es.wiki
13ThalíaCalidade en es.wiki
14AspasiaCalidade en es.wiki
15Isabel Bowes-LyonCalidade en es.wiki
16Golda MeirCalidade en es.wiki
17HatshepsutCalidade en es.wiki
18María Tareixa I de AustriaCalidade en es.wiki
19Reinado de Isabel II de EspañaCalidade en es.wiki
20Hildegard von BingenCalidade en es.wiki
21Ablación de clítorismellorar o formato wikiCalidade en en.wiki
22Lynn Margulis
23Jane Goodall
24Rosalind FranklinCalidade en de. e he.wiki
25Virginia Woolf
26Ada Lovelacefaltan referencias
27Tareixa, condesa de Portugal
28Valentina TereshkovaCómpre aumentar contido
29Lista de mulleres gañadoras do Premio NobelRevisar Feito! Feito!Calidade en en.wiki e bo en fr.wiki
30Barbara McClintockfaltan referencias, ampliarCalidade en es.wiki e en.wiki
31Guilhermina Suggiaampliar


Josephine Butler, feminista inglesa e reformadora social na época Victoriana.

Nas columnas "Wiki es" e "Wiki en" podemos poñer unha ligazón á versión do artigo nesas linguas, indicando se alí está marcado como artigo bo ou de calidade. Os artigos non teñen ningunha orde predeterminada.

ArtigoWiki esWiki enNotas
1Violencia contra as mulleresNormal(a encher)
2Lucille BallCalidade(a encher)
3Tita MerelloCalidade(a encher)
4Estela GiménezCalidade(a encher)
5Anna AndersonCalidade(a encher)
6Carlota Augusta de GalesCalidade(a encher)
7Ann BannonCalidade(a encher)
8Nancy DrewCalidade(a encher)
9Olivia ManningCalidade(a encher)
10Sor Josefa de los Dolores Peña y Lillo BarbosaCalidade(a encher)
11Virginia Eliza ClemmCalidade(a encher)
12Minoría de idade de Isabel IICalidade(a encher)
13Amelia BenceBo(a encher)
14Bronwyn BancroftNon existeCalidade
15Jean BelletteNon existeCalidade
16Florence FullerNormalCalidade
17Ima HoggNormalCalidade
18Margaret MurrayNormalCalidade
19Daisy Jugadai NapaltjarriNon existeCalidade
20Isabella BeetonNormalCalidade
21Louise BryantNormalCalidade
22Josephine ButlerNormalCalidade
23Emily DavisonNormalCalidade
24Marjory Stoneman DouglasNormalCalidade
25Ursula FranklinNormalCalidade
26Margaret FullerNormalCalidade
27Remedios ZafraNormal(a encher)
28Ramona Vaamonde(a encher)(a encher)
29María de MaeztuNormal(a encher)Feito! Feito!, novo artigo
30Remedios VaroNormal (a encher)
31Mujeres LibresNormal(a encher)
32Judy Wajcman(a encher)tecnofeminista artigo en es.wiki
33Ana de MiguelNormal(a encher)filósofa
34Rosa CoboNormal(a encher)filósofa
35Alicia PuleoNormal(a encher)filósofa
36Celia AmorósNormal(a encher)filósofa
37Mercedes BengoecheaNormal(a encher)lingüista
38Margot MolesNormal(a encher)deportista
39Emilia de Sousa CostaNormal(a encher)escritora
40Chrissie HyndeNormal(a encher)cantante
41Marilyn WaringNormal(a encher)política
42Mary NashNormal(a encher)historiadora
43Mariana PinedaNormal(a encher)heroína liberal
44Petra Karin KellyNormal(a encher)política
45Marilyn FrenchNormal(a encher)escritora
46María TeloNormal(a encher)xurista
47Violencia de xéneroNormal
48Irmás MirabalFeito! Feito!, novo artigo
49Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballoFeito! Feito!, novo artigo (documental)
50Fíos fóradocumental
51Candelaria Pérez (inventora)Feito! Feito!, novo artigo
52Candelaria Pérez (militar)Feito! Feito!, novo artigo
53Virginia Gutiérrez de PinedaFeito! Feito!, novo artigo
54María CurreaFeito! Feito!, novo artigo
55Carmiña Navia VelascoFeito! Feito!, novo artigo
56Catarina de MediciFeito! Feito!, novo artigo
57Betty WilliamsFeito! Feito!, novo artigo

Axuda para a edición

[editar a fonte]
Recursos de apoio
[editar a fonte]

Apúntate!

[editar a fonte]

Se che apetece participar nesta xornada, tes que apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).

  1. Elisardojm (presencial)
  2. Maria zaos (presencial)
  3. Estevoaei (presencial)
  4. Viascos (presencial)
  5. Moniquiña (en liña)
  6. Agremon (presencial)
  7. Chairego_apc (en liña)
  8. Lissall (conversa) 24 de febreiro de 2018 ás 17:13 (UTC) (en liña ou presencial)responder
  9. Amélie Place (presencial)
  10. Lles (por decidir)
  11. AVazVel (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:38 (UTC) (en liña)responder
  12. MAGHOI (en liña)
  13. Sobreira e asumo que Oliveira que me leva
  14. --Aliciaperalejo2 (conversa) 2 de decembro de 2020 ás 18:48 (UTC)(en liña)responder

A biblioteca do wikimaratón

[editar a fonte]

Nesta sección imos engadir libros que poidan ser de interese para ser a fonte dos artigos que se creen, ou melloren, e cos que se poderán achegar as referencias ós contidos. Podes engadir a bibliografía que consideres que pode ser de axuda para traballar os contidos do wikimaratón, e se tes a posibilidade de traelo ó evento. Todo o que queira pode colaborar achegando libros de interese, que teña na casa, ou que colla na biblioteca pública que teña máis a man.

TítuloAutorAnoEditorialQuen o achegaNotas
Liña do tempo. As mulleres na historia (2010), Consello da Cultura Galega, Comisión de Igualdade.2010Comisión de IgualdadeEn liña
Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista…Pérez Pais e Mariño Costales2013Comis. de IgualdadeEn liña
Historia de las mujeres en Occidente. Vol.5 : El siglo XXDuby, G. e Perrot, M. (eds)1993TaurusMaría Zaos
Cinco llaves del mundo secreto de Remedios Varo2015Imaginatio VeraMaría Zaos
Mulleres destacadas de GaliciaAlvarellos, Enrique1993Alvarellos EditoraDispoñible na biblioteca de Ourense.Podes pedir aquí copia dalgún artigo.
Dicionario de Mulleres GalegasMarco, Aurora2007A Nosa TerraElisardojmPodes pedir aquí copia dalgún artigo.
Gran Enciclopedia Galega, en DVDVVAA1974-Elisardojm
Mulleres galegas e ciencia na rede formativa universitariaGurriarán, Ricardo2007Comis. de IgualdadeMaría ZaosEn liña
Llinares García, Mar (2010). Historia das mulleres en Galicia: Prehistoria. Historia antiga. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7807-4. ElisardojmA libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1]
Pallares Méndez, Carmen (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade media. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7812-8. ElisardojmA libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1]
Rey Castelao, Ofelia; Rial García, Serrana (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade moderna. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7808-1. ElisardojmA libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1]
Pernas Oroza, Herminia (2011). Historia das mulleres en Galicia: Época contemporánea. Nigra Trea. ISBN 978-84-150-7822-7. ElisardojmA libraría institucional da Xunta de Galicia remite gratuitamente, a quen o solicite este título.[1]
Ménage, Giles (2009). Historia de las mujeres filósofas. Herder. ISBN 978-84-254-2581-3. María ZaosDispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 1 MEN his
Folsing, Ulla (1992). Mujeres premios Nobel. Alianza. ISBN 84-206-0600-6. María ZaosDispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de préstamo. Signatura 06 FÖL muj .Tamén un exemplar no depósito
Castarnado, Toni (2011). Mujeres y música : 144 discos más que avalan esta relación. 66 rpm. ISBN 978-84-941250-3-4. María ZaosDispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura 78 CAS muj
Patiño Regueira, Antón (2005). Memoria de ferro. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-30-0. María ZaosDispoñible na biblioteca de Ourense. Sala de Galicia. Signatura C (ES-gal) PAT mem [FL] Válido para ás irmás Touza
Pioneiras do deporte en GaliciaCristina López Villar2018Deputación da CoruñaElisardojm
MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega (ed.). "Documentarios sobre mulleres galegas". En liña
  1. 1 2 3 4 Nota: Hai que pagar os gastos de envío, que inclúen a entrega a domicilio. Neste caso son dous euros en total, porque os catro libros suman menos de cinco quilos.

Resultados

[editar a fonte]
Momento de edición.
Momento de edición.
Wikitorta do décimo quinto aniversario da Galipedia.

Houbo once persoas editando de forma presencial, das cales catro eran mulleres.

Comezamos a xornada con algúns problemas técnicos de conexión á Wi-Fi que fomos amañando. Logo de agradecer ó concello de Ourense e á Biblioteca Pública a súa colaboración para a realización do evento, comentamos a Política de espazo amigable para os eventos a Fundación Wikimedia.

Despois desta introdución pasamos a facer un obradoiro de introdución á edición explicando os cinco piares da Galipedia, e como engadir ligazóns, referencias e imaxes ós artigos usando o editor visual. Os participantes foron probando cada unha das cousas na súa páxina de usuario e fomos resolvendo as dúbidas que foron aparecendo.

Fixemos unha pequena parada para repoñer forzas cunhas rosquillas de Ponteareas e despois explicamos a tarefa a realizar, puxemos a disposición dos asistentes a biblioteca do wikimaratón (á cal esquecéusenos facerlle unha foto que ben merecía), e comentamos un par de notas a ter en conta na tradución de artigos doutras Wikipedias.

O traballo foi avanzando de forma constante e amena, apareceron máis dúbidas e algún problema co artigo de Exeria xa que estaba semibloqueado (os admin que estabamos alí non nos decatamos de desbloquealo para que o puidesen editar de tan concentrados que estabamos, sentímolo!!). Pero iso non foi impedimento para seguir creando e mellorando outros artigos.

Mentres máis atarefados nos atopabamos, varios medios de comunicación pasaron pola sala da biblioteca para facer fotos do frikimaratón e entrevistar a algún dos participantes. Podedes ver algunhas destas novas nas ligazóns de "Mencións nos medios", "Posteriores ó evento".

Ó final do evento case non nos da tempo de probar a wikitorta, con tanta concentración na edición esquecérasenos a celebración dos quince anos da Galipedia! Preparamos a torta, prendemos as candeas e gozamos do doce que ben mereciamos, á saúde do proxecto e por outros quince anos máis!!

Artigos creados e amañados:

Mencións nos medios

[editar a fonte]

Previas ó evento

[editar a fonte]

Posteriores ó evento

[editar a fonte]

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outras páxinas

[editar a fonte]



<<< Evento anterior: 20/2/2018, Santiago de Compostela.
2º wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
1º wikimaratón do
Día Internacional da Muller

10/3/2018, Ourense
Evento seguinte: 20/10/2018, Ourense. >>>
Wikimaratón Grupo Nós