Saltar ao contido

Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O martes 20 de febreiro de 2018 vaise celebrar en Santiago de Compostela o segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, despois do celebrado en liña o ano pasado.

Nel traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos relacionados coas mulleres na ciencia, biografías de científicas e as súas achegas. Un wikimaratón é unha reunión, neste caso virtual, convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas.

Cando, onde e como

[editar a fonte]

Esta actividade terá lugar o 20 de febreiro de 2018 de 9 a 14 horas na Biblioteca Concepción Arenal do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela. As persoas que non poidan asistir de forma presencial, poderán colaborar dende o seu equipo, coa súa conexión e no lugar no que o faga habitualmente, na casa, na biblioteca, no parque...

Contexto

[editar a fonte]

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, coa intención de marcar aspectos importantes da vida humana e da historia, elixe unha serie de “Días Internacionais”. Estes días adoitan estar relacionados cos campos de competencia da axencia especializada que os propón.[1]

É así como a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución A/70/474/Add.2, decidiu proclamar o día 11 de febreiro de cada ano o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, recoñecendo, entre outras cousas, que as mulleres e as nenas xogan un papel crítico nas comunidades de ciencia e tecnoloxía, así como no desenvolvemento económico sostible e que a súa participación debe ser fortalecida.[1][2]

O primeiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia celebrouse o 11 de febreiro de 2016, e a mensaxe da Unesco foi clara: a nova Axenda para o Desenvolvemento Sostible de 2030 non cumprirá a súa promesa sen investir no desenvolvemento das mulleres e as nenas a través de e na ciencia, a cal é considerada como motor dos dereitos humanos e a dignidade, a erradicación da pobreza e a protección do planeta.[3]

Para Irina Bokova, Directora Xeral da Unesco:

Hoxe máis que nunca, o mundo necesita a ciencia e a ciencia necesita ás mulleres.
Irina Bokova, 11 de febreiro de 2016

Pasaron máis de 20 anos da Declaración e Plataforma de Acción de Pekín da IV Conferencia Mundial sobre a Muller, e pese a todo ese tempo as mulleres seguen estando insuficientemente representadas nas ciencias naturais, xa que segundo un Informe da Unesco sobre a Ciencia, as mulleres representan só o 28 por cento dos investigadores de todo o mundo, e a fenda profundízase nas esferas superiores da toma de decisións, o cal supón que contan con menos acceso ó financiamento, ás redes, ós altos cargos, o que supón unha desvantaxe adicional na publicación científica de alto impacto.[3] É por iso que hai que tratar de cambiar esta situación mellorando a participación das mulleres e as nenas na educación científica, a capacitación e as actividades de investigación a tódolos niveis, a través de diversas iniciativas.[3]

Información para participantes

[editar a fonte]

Cuestións xerais

[editar a fonte]

Tanto se optas por achegarte ata Santiago de Compostela, como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así ha ser máis doado organizar e xestionar o traballo.

Non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información por se queres ir mirando. E se non, xa viches no programa que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.

No local non hai computadores dispoñibles, polo que é bo que traias o teu portátil para editar. Hai conexión wi-fi para que poidas traballar.

Recomendación ós novos editores: levar xa creado a propia conta de usuario.

  1. Accedendo á páxina principal e, na parte superior dereita, premendo en Crear unha conta
  2. Cubrir os campos solicitados (os únicos obrigatorios son o nome e contrasinal), e tras premer en  Crear a conta  xa tes o teu usuario.
Importante: Non esquecer o voso nome de usuario e o contrasinal.

As compañeiras da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela fixeron un pequeno videotitorial que pode serche de axuda para abrir conta en Galipedia e facer o teu rexistro como participante no wikimaratón. Pódelo consultar acó.

Unha cousa que si podes traer, e sería moi interesante, é algún libro sobre as biografías de mulleres nas que imos a traballar. Hai varias recompilacións dispoñibles con información sobre o tema, e moitos libros que profundizan na vida e obra de moitas delas. Toda esta información é de moita utilidade para achegar contido ós artigos e tamén para usar como fonte para engadir as referencias axeitadas.

Axudas co galego

[editar a fonte]

Os artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.

Información para participantes

[editar a fonte]

Cuestións xerais

[editar a fonte]

É importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.

E se aínda non tes un usuario, non esquezas crear unha conta antes: así poderás identificarte cun nome e non co enderezo IP do equipo desde o que te conectes. E aínda hai máis vantaxes.

Ah, e non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información para comezar o teu artigo. É moi doado!!

Tódalas dúbidas, ideas, problemas, e outras cousas que vaian aparecendo ó longo do día podedes comentalas na páxina de conversa, estaremos atentos a ela e intentaremos contestar e solucionar os problemas no menor tempo posible.

Se o que queredes é facer traducións dende a Wikipedia en castelán o mellor é que usedes a ferramenta da wiki do Tradutor de contidos <<< Non deixes de probala!

Artigos propostos

[editar a fonte]

Esta é unha lista de 85 mulleres científicas que estudaron na Universidade de Santiago de Compostela entre 1910 e 1960. A lista está tomada da tese de doutoramento As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960, presentada por Xoana Pintos Barral en 2015:


Abaixo suxírense unha serie de científicas falecidas antes de 1900 sobre as que se pode traballar, aínda que pode traballarse sobre outras sen máis que engadilas á táboa.

Nota, esta táboa está adaptada da Wikipedia en castelán, polo que esa wiki non sae na columna de "Outras linguas", revisade dende os artigos doutras wikis, por exemplo a wiki en inglés, se hai versión en castelán. Se preferides consultar esa lingua.

Nota, se queres, podes indicar nesta páxina os artigos que remataches, para iso dálle a editar e no apartado de notas engade o texto "{{Feito}}". Así poderemos saber mellor como vai funcionando o wikimaratón.

Artigo Grupo Wikidata Reasonator Outras linguas Estado previo Melloras realizadas Cat. Commons Notas
Agatha Streicher Q391113 ligazón de Non existe (a encher) médica alemá
Aleksandra Potanina Q464518 ligazón en fr cv de kk (+3) Non existe (a encher) ligazón xeógrafa e exploradora rusa
Almira Hart Lincoln Phelps Q4733834 ligazón en cy ja Non existe (a encher) ligazón botánica, escritora e educadora estadounidense
Amédée Barthélemy Berthollet Q18011866 ligazón Non existe (a encher) naturalista e química francesa
Amelia Griffiths Q4742264 ligazón en cy Non existe (a encher) ficóloga
Amelia Long Q4742279 ligazón en Non existe (a encher) horticultora británica
Ana Crespo Q21339702 ligazón species Non existe (a encher) liquenóloga española Feito! Feito!
Anandi Gopal Joshi Q2845322 ligazón en fr pt bn de (+12) Non existe (a encher) ligazón médica india
Andrea B. Archbold Q21338066 ligazón cy species Non existe (a encher) botánica estadounidense
Anna Barbara Reinhart Q559636 ligazón de Non existe (a encher) matemática suíza
Anna Maria Walker Q15994808 ligazón en cy Non existe (a encher) botánica británica
Anna Russell Q18917228 ligazón en cy ja Non existe (a encher) botánica británica
Anna Sandström Q7410 ligazón en fr oc ru sv Non existe traducindo--Maria zaos (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 12:03 (UTC)[responder] química suecaFeito! Feito!
Anna Feodorovna Vólkova Q2645703 ligazón en fr ru sv Non existe (a encher) química rusa
Anne Halkett Q565358 ligazón en de Non existe (a encher) escritora británica
Anne Monson Q15994645 ligazón en cy sv Non existe (a encher) botánica británica
Anne Sheepshanks Q18534125 ligazón Non existe (a encher) astrónoma
Ann Preston Q4766629 ligazón en Non existe (a encher) médica estadounidense
Aurelia Molins Q19037955 ligazón Non existe (a encher) cirurxiá británica
Birgitte Esmark Q17119594 ligazón no Non existe (a encher) zoóloga noruega
Camille Flagey Q21339591 ligazón cy species Non existe (a encher) botánica francesa
Cassandra Pickett Durham Q17089821 ligazón en fr Non existe (a encher) médica estadounidense
Catharina Cramer Q5052085 ligazón en fy nl Non existe (a encher) médica comadroa xermanoneerlandesa
Catharina Helena Dörrien Q1050781 ligazón cy de Non existe (a encher) botánica alemá
Catharine Parr Traill Q455349 ligazón en fr cy de eu (+3) Non existe (a encher) escritora, botánica e naturalista británicocanadense
Catherine Gage Q19962950 ligazón en cy Non existe (a encher) botánica irlandesa Feito! Feito!
Charlotte Denman Lozier Q4793943 ligazón en Non existe (a encher) médica estadounidense
Charlotte von Siebold Q1067211 ligazón en de sv Non existe (a encher) médica alemá
Cristina Roccati Q4975142 ligazón en pl sv Non existe (a encher) profesora, poeta e física italiana
Christine Kirch Q100918 ligazón en fr de pl sv Non existe (a encher) astrónoma alemá
Claudine Picardet Q14125842 ligazón en fr Non existe (a encher) química, mineraloxista, meteoróloga e tradutora francesa
Clémence Lortet Q21519514 ligazón fr Non existe (a encher) botánica e naturalista francesa
Clemence Sophia Harned Lozier Q17180744 ligazón en Non existe (a encher) médica estadounidense
Munadjemeh Neyshabouri Q5946533 ligazón fa Non existe (a encher) astrónoma e matemática iraniana
Eleanor Glanville Q4814842 ligazón en ml sv Non existe (a encher) entomóloga británica
Elisabeth Bardwell Q21177524 ligazón en Non existe (a encher) astrónoma estadounidense
Elisabeth Christina von Linné Q13360126 ligazón en cy eo ru sv Non existe Entrada creada a partir das wikis ES e EN ----XustoRguez (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 12:47 (UTC)[responder] botánica sueca
Elisabeth von Matt Q17311604 ligazón Non existe (a encher) astrónoma austríaca
Elizabeth Brown Q3051196 ligazón en fr Non existe (a encher) astrónoma británica
Elizabeth Lomax Q22018864 ligazón en cy Non existe (a encher) botánica británica
Elizabeth Sinclair Q5363512 ligazón en Non existe (a encher) ligazón granxeira, gandeira e terratenente británica
Eliza Tibbets Q5362206 ligazón en Non existe (a encher) horticultora e activista estadounidense
Ema Ransai Q6530667 ligazón ja Non existe (a encher) médica
Emily Bovell Q18671142 ligazón en Non existe (a encher) médica británica
Fanny Langdon Q20811148 ligazón en Non existe (a encher) zoóloga estadounidense
Frances Joanna Bunbury Q27255564 ligazón cy Non existe (a encher) botánica británica
Friederike Lienig* Q18920658 ligazón en species sv Non existe (a encher)
Galila Tamarhan Q4794312 ligazón en ar Non existe (a encher) médica exipcia
Gueraula Codines Q16188959 ligazón ca Non existe (a encher) curandeira catalá Feito! Feito!
Harriot Kezia Hunt Q4793814 ligazón en ja Non existe (a encher) médica estadounidense
Helen Almira Shafer Q5701799 ligazón en Non existe (a encher) matemática estadounidense
Henrietta Wilson Q18576298 ligazón Non existe (a encher) zoóloga británica
Hortensia von Moos Q121697 ligazón en fr de Non existe (a encher) médica, periodista, investigadora e escritora suíza
Huang Daopo Q842488 ligazón en fr ja mg zh Non existe (a encher) enxeñeira e inventora china
Jessie Fowler Q18783733 ligazón Non existe (a encher) médica, escritora e conferencista británica
Josephine Kablik Q8520923 ligazón cy de Non existe (a encher) paleontóloga e botánica austriaca
Josephine Meeker Q6288415 ligazón en Non existe (a encher) médica e profesora estadounidense
Józefa Rostkowska Q3186661 ligazón en fr bg pl Non existe (a encher) asistente de cirurxiá polaca
Katherine Plymley Q18528278 ligazón Non existe (a encher) escritora, botánica e ilustradora británica
Kisamor Q3307884 ligazón en simple sv Non existe traballando --Maria zaos (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 08:00 (UTC)[responder] médica sueca Feito! Feito!
Louisa Lawrence Q6688531 ligazón en Non existe (a encher) horticultora británica
Louise Bourgeois Boursier Q3263690 ligazón en fr de fi sv Non existe (a encher) ligazón comadroa, escritora e xinecóloga francesa
Lucia Galeazzi Galvani Q4794936 ligazón en ru sv Non existe (a encher) bióloga italiana
Lydia Becker Q276466 ligazón en fr ar de ru (+1) Non existe (a encher) ligazón astrónoma, bióloga, escritora e activista británica
Lydia Folger Fowler Q4793675 ligazón en ar Non existe (a encher) médica británica
Lydia White Shattuck Q16910361 ligazón en Non existe (a encher) botánica, naturalista, química e profesora estadounidense
Margaret Bentinck Q126219 ligazón en fr it cy de Non existe (a encher) botánica e duquesa británica
Margaret Clement Q1475505 ligazón en de Non existe (a encher) ligazón matemática británica
Margaretha Kirch Q17425380 ligazón en de sv Non existe (a encher) astrónoma alemá
Margaretha Lassadotter Q4965670 ligazón sv Non existe (a encher) médica sueca
Margaretta Riley Q3290537 ligazón fr cy Non existe (a encher) botánica británica
Maria Angela Ardinghelli Q80365 ligazón en fr it de fa (+4) Non existe (a encher) ligazón física, escritora, tradutora e matemática italiana
Maria Christina Bruhn Q4940924 ligazón en ar mg ru sv Non existe (a encher) química e inventora sueca
Maria Clara Eimmart Q1895764 ligazón en de ru sv Non existe (a encher) ligazón astrónoma, grabadora e deseñadora alemá
Maria Dalle Donne Q3372863 ligazón en fr it no pl (+2) Non existe (a encher) ligazón médica xinecóloga italiana
María Elizabetha Jacson Q18936200 ligazón en cy Non existe (a encher) botánica e escritora británica
María Louisa Angwin Q22017234 ligazón en sv Non existe (a encher) médica canadense
Marie-Aimée Lullin Q2645962 ligazón en fr sv Non existe (a encher) entomóloga suíza
Marie Boivin Q3292391 ligazón en fr de sv Non existe (a encher) médica, comadroa, inventora e escritora francesa
Marie-Charlotte de Romilley de La Chesnelaye Q3291621 ligazón fr Non existe (a encher) matemática francesa
Marie de Brimeu Q3292880 ligazón fr cy ru Non existe (a encher) botánica neerlandesa
Marie-Geneviève-Charlotte Thiroux d'Arconville Q3291849 ligazón en fr eo ru sv (+1) Non existe (a encher) ligazón anatomista, química, escritora e tradutora francesa
Marie Le Masson Le Golft Q3292653 ligazón en fr it mg sv Non existe (a encher) naturalista francesa
Martha Maxwell Q15452141 ligazón en Non existe (a encher) naturalista e taxidermista estadounidense
Mary Elizabeth Barber Q4937489 ligazón en af cy de sv Non existe (a encher) naturalista, entomóloga e botánica británica
Mary Fielding Q18576720 ligazón Non existe (a encher) botánica británica
Mary F. Thomas Q27990105 ligazón en Non existe (a encher) médica e sufraxista estadounidense
Mary Harris Thompson Q6779725 ligazón en Non existe (a encher) médica e cirurxiá estadounidense
Mary Horner Lyell Q3296187 ligazón en fr ar sv Non existe (a encher) xeóloga británica
Mary Impey Q6779827 ligazón en nl Non existe (a encher) ligazón ornitóloga británica
Mary Somerset Q3850445 ligazón en fr it cy de Non existe (a encher) ligazón botánica, xardineira e nobre británica
Matilda Chaplin Ayrton Q4793350 ligazón en ja Non existe (a encher) médica e comadroa británica
Morgan Dee Voon Q4794887 ligazón Non existe (a encher) bióloga e xenetista austriaca
Nonaka En Q11645007 ligazón ja Non existe (a encher) médica xaponesa
Perette de Rouen Q15638903 ligazón sv Non existe (a encher) médica, cirurxiá e comadroa francesa
Petronella Johanna de Timmerman Q4982887 ligazón en nl pl ru sv Non existe (a encher) poetisa e científica neerlandesa
Priscilla Wakefield Q532982 ligazón en de sv Non existe (a encher) escritora e feminista británica
Rachel Nicol Q20684977 ligazón en ar Non existe (a encher) médica estadounidense
Rebecca Lee Crumpler Q4793563 ligazón en fr ml Non existe (a encher) médica estadounidense
Regina Josepha von Siebold Q102745 ligazón en fr de sv Non existe (a encher) médica xinecóloga e comadroa alemá
Rosalie Huzard Q3442211 ligazón fr Non existe (a encher) agrónoma, editora e impresora francesa
Sally Mapp Q7405217 ligazón en it Non existe (a encher) médica británica
Salomée Halpir Q4400306 ligazón en be_x_old pl ru sv Non existe (a encher) médica e oculista lituana
Sara Elisabeth Moraea Q3473264 ligazón fr sv Non existe (a encher) médica sueca
Sarah Guppy Q41495 ligazón en de mg Non existe (a encher) inventora e enxeñeira británica
Sarah Parker Remond Q4794162 ligazón en Non existe (a encher) médica e activista estadounidense
Selina Hall Q18577005 ligazón Non existe (a encher) cartógrafa británica
Susan Dimock Q4793602 ligazón en Non existe (a encher) médica estadounidense Feito! Feito!
Tōda Chōan Q11642142 ligazón ja Non existe (a encher) médica chinesa
Varvara Rúdneva Q2645512 ligazón en fr ru sv Non existe (a encher) médica rusa
Xiao-Ling Fan Q21340942 ligazón species Non existe (a encher) entomóloga china


Axudas para a edición

[editar a fonte]
  

Axuda para a edición

[editar a fonte]
Recursos de apoio
[editar a fonte]

Apúntate!

[editar a fonte]

Se che apetece participar nesta xornada, tes que apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).

  1. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de febreiro de 2018 ás 12:04 (UTC)[responder]
  2. --Maria zaos (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 12:43 (UTC) (en liña, pero limitadas contribucións por falta de tempo)[responder]
  3. --kuartillo Presencialmente (Aviso: conta non rexistrada!)
  4. --abogadopenal Presencialmente
  5. --Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 12:52 (UTC) En liña[responder]
  6. --Sigridth (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 09:50 (UTC)presencialmente[responder]
  7. --AMPERIO (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 10:07 (UTC) En liña[responder]
  8. --XustoRguez (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 12:32 (UTC) En liña[responder]
  9. --Berta Merelles En liña
  10. --Faraquel En liña de 10:30 a 12:30
  11. --xabi.gal Presencialmente
  12. --Vispa65 Presencialmente
  13. --inesdecampos En liña
  14. --Maite Sanmarco, Filoloxía. Presencialmente de 9:15 a 10:45
  15. --Gracia Frutos.Química.Presencialmente de 9:00a 12:00
  16. --Encina Calvo. Presencialmente de 9:30 a 10:15
  17. --Marniero Presencialmente
  18. --Anxo Doval. Presencialmente
  19. --Ydiem (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 13:15 (UTC) Presencialmente[responder]
  20. --Min Hota (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 13:18 (UTC) Presencialmente[responder]
  21. --Marie Al (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 18:23 (UTC) Presencialmente[responder]
  22. ----Mar Caribe (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 09:40 (UTC) Presencialmente de 10:30 a 11:30[responder]
  23. --Chairego apc (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 17:03 (UTC) (En liña)[responder]

Resultados

[editar a fonte]

A xornada comezou cunha charla de introdución xeral á edición na Wikipedia. Falouse da necesidade de indicar a orixe da información incluída, e explicouse a diferenza entre o editor visual (máis intuitivo) e editar en código fonte. Despois as persoas participantes animáronse a ir editando cadanseu artigo, nos que colocaran o Modelo:enuso para evitar conflitos de edición. Conforme a xente ía rematando de redactar artigos, foise explicando tamén as posibilidades de HotCat para incluír as categorías correspondentes.

Amais das persoas que participaron de forma presencial na Biblioteca Concepción Arenal, tamén participaron outras persoas en liña. Ao remate da sesión, explicouse por riba o funcionamento de Commons e WikiData como repositorios de información, tanto de documentos audiovisuais como de datos.

Creáronse ou ampliáronse os seguintes artigos:

Houbo un problema: a Usuaria Maite Sanmarco intentou traducir ao italiano o artigo de Antonia Ferrín, pero foi eliminado dúas veces a pesar de que incluíu o modelo {{enuso}}.

Mencións nos medios

[editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Días Internacionais Organización Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura. Consultado 19 de novembro de 2016
  2. Globalización e interdependencia: ciencia y tecnología para el desarrollo Informe de la Segunda Comisión* Relatora: Sra. Chantal Uwizera (Rwanda) Asemblea Xeral de Nacións Unidas Consultado o 19 de novembro de 2016
  3. 3,0 3,1 3,2 Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da Unesco Internacional Day of Women and Girls in Sciencie 2016 (en inglés) Consultado o 19 de novembro de 2016
  4. Pérez Pena, Marcos. "As 85 científicas pioneiras da USC que abriron o camiño". Praza Pública. Consultado o 14 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outros artigos

[editar a fonte]



<<< Evento anterior: 12/11/2016, Ponferrada.
Wikimaratón Museo da enerxía
2º wikimaratón do Día Internacional
da Muller e a Nena na Ciencia

20/2/2018, Santiago de Compostela
Evento seguinte: 10/3/2018, Ourense. >>>
1º Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller