Paz Parada Pumar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paz Parada Pumar
Paz Parada Pumar.jpg
Nacemento23 de febreiro de 1905
 Ourense
Falecemento2005
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterSantiago de Compostela
Ocupaciónmédica
CónxuxeJulio Freijanes Malingre
Fillosoito
editar datos en Wikidata ]

María Paz Parada Pumar, nada en Canedo, Ourense, o 23 de febreiro de 1905 e finada en Ourense en 2005, foi unha médica galega, especialista en análise clínica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla dun veterinario e sobriña do pintor Ramón Parada Justel. Fixo o bacharelato no Instituto provincial de Ourense. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, alí fixo os dous primeiros anos da carreira sacando matrícula de honra co anatomista Alejandro Rodríguez Cadarso. Na carreira era a única muller entre sesenta estudantes. Rematou a carreira en Madrid. Foi vivir a Ourense, sendo a primeira muller inscrita do Colexio Provincial de Médicos. Dirixiu un laboratorio privado de Análises Clínicas ata a súa xubilación. Foi nai de oito fillos.[1]

A Consellaría de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Prata ao Mérito Sanitario de Galicia no ano 2000.[2][3] Morreu en Ourense en 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]