Ada Lovelace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ada Lovelace.

Augusta Ada Byron King, tamén alcumada como Ada Lovelace, por conta do seu título nobiliario de Condesa de Lovelace, naceu en Londres o 10 de decembro de 1815, e tivo defunción en Londres o 27 de novembro de 1852, foi unha matemática británica e escritora coñecida principalmente por pasar a ser a primeira programadora do mundo. Traballou sobre a máquina analítica de Charles Babbage escribindo o primeiro algoritmo da historia en ser procesado por unha máquina.

Lovelace naceu como a filla única e lexítima do poeta George Gordon Byron, Lord Byron, e a súa esposa a baronesa Anne Isabella Byron. Todos os outros fillos de Lord Byron foron nados fora do matrimonio. Byron deixou a súa esposa un mes despois e abandonou Inglaterra definitivamente, faleceu por enfermidade durante a guerra de independencia de Grecia, deixando así orfa de pai a pequena Ada con só oito anos. A nai de Ada promoveu o interese de Ada nas matemáticas e a lóxica.

Durante a súa ceda madurez, o seu talento matemático conduciuna a unha relación e amizade prolongada co matemático inglés Charles Babbage. Entre 1842 e 1843, traduciu un artigo do enxeñeiro militar italiano Luigi Menabrea sobre a máquina, que complementou cun artigo repleto de notas propias. Estas notas conteñen o que se considera o primeiro programa de computador da historia, sendo o primeiro algoritmo codificado deseñado para que unha máquina o procese. Tamén pensou que os ordenadores tiñan máis capacidade aló do que outros vían, incluíndo neles o propio creador da máquina.

Ela referíase a si mesma como unha científica, poetisa, analista e metafísica.

Ada Lovelace.

Biografía[editar | editar a fonte]

No 1834 Ada era unha habitual na Corte Vitoriana e comezou a asistir a diversos eventos en los que con frecuencia participou nos bailes e encadilou a moitos dos alí asistentes. Porén, John Hobhouse, que fora amigo do seu pai, describiuna coma “unha xoven estirada e demacrada pero con algún rasgo do seu amigo, especialmente a súa boca”. A descrición foi feita despois do seu encontro no 24 de febreiro de 1834 na que Ada deixou claro a Hobhouse que non lle gustaba, algo probablemente debido a influencia da súa nai, a que lle levaba a rechazar aos amigos do seu pai. Esta primeira impresión non durou demasiado tempo e remataron facéndose amigos.

No 8 de xullo do 1835 Ada casou con William King, 8º barón de King, converténdose na baronesa de King. A súa residencia pasou a ser unha gran propiedade en Ockham Park, xunto con outra no Fiordo de Torridon e unha máis en Londres. Pasou a súa lúa de mel na Mansión Worthy, situada en Asley Combe. Posteriormente esa casa converteríase na súa casa de retiro verañeiro. O matrimonio tivo tres fillos, dous homes e unha muller. A vida de Ada estivo chea de sucesos dramáticos, polémicos e controversiais, no 1941 a nai de esta foi quén de contarlle as súas fillas (Sendo o feito falso) que o seu pai era o pai de Ada. A nai de Ada tiña un rencor reservado a Lord Byron e sempre que obtía ocasión aproveitábaa para difamara súa imaxe. Nesa mesma década, Ada protagonizou algúns escándalos debidos, no primeiro lugar, as súas afectuosas relacións con outros homes, as cais desembocaron nunha serie de rumores sobre aventuras amorosas; no segundo lugar a súa paixón polo xogo, grazas a cal conformou no ano 1951 un grupo coa ambiciosa intención de crear un modelo matemático que lles axudase a gañar grandes apostas. O intento foi un estrepitoso fracaso, xerándolle a Ada miles de libras de débeda e provocando que un dos formantes do grupo a chantaxease con informar ao seus marido, ao final Ada viuse obrigada a confesarllo. Tamén témoslle que engadir a esta vida chea de detalles unha relación secreta e posiblemente ilícita co fillo de Andrew Crosse, John, coñécese con pouca certeza deste asunto xa que o propio pai foi quen de queimar toda a correspondencia que tivesen entre eles unha vez Ada foi dada por morta. Aínda así, esta relación foi o suficientemente forte para que Ada lle deixase en herdanza as únicas reliquias familiares que o seu pai lle había deixado a ela. Durante a enfermidade que finalmente a matou no 1852, Ada sentíase moi angustiada por mor de que John, o seu amante, a visitara.

Máquina analítica de Charles Babbage[editar | editar a fonte]

Ada Lovelace é principalmente lembrada por escribir unha descrición da anterga máquina analítica de Charles Babbage, e por desenvolver instrucións para facer cálculos nunha versión inicial da computadora.

Nas súas notas, Ada Augusta di que a ~Máquina analítica~ só podía dar información dispoñíbel xa que era coñecida: Veu claramente que non podía orixinar coñecemento. O seu traballo foi perdido no esquecemento por moitos anos, atribuíndolle única e exclusivamente o papel de transcriptora das notas de Babbage. Este mesmo caracterizou o seu aporta ao chamala intérprete, porén, recentes investigacións mostran a orixinalidade do seu punto de vista sobre as instrucións necesarias para acadar o funcionamento desta máquina.

A día de hoxe recoñécese a Ada Byron como a primeira persoa en describir unha linguaxe de programación de carácter xeral interpretando as ideas de Babbage, pero recoñecéndolle a plena autoría e orixinalidade dos seus aportes. Ada Byron é a nai da programación informática.

Ada Lovelace publicou en 1843 unha serie de influentes notas sobre a computadora de Babbage, a que nunca chegou a construírse, non as firmou coas súas iniciais por mor a ser censurada polo mero feito de ser muller. Ada Byron chamouse a si mesma analista, un concepto realmente moderno para a época.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desenvolveu a programación analítica. Filla do poeta Lord Byron, axudou a Charles Babbage con xeitos novedosos de afrontar a programación de máquinas, sendo considerada por moitos como a primeira programadora. En 1843 fixo a suxestión da adaptación das tarxetas perforadas á programación.

Ada soubo apreciar as ideas de Babbage, e en particular o concepto dunha máquina universal. E o que é máis importante, preveu un atributo que podería facer que potencialmente podería procesar non so números, senón tamén calquera notación simbólica, incluída a notación musical e outras notacións artísticas.

A condesa traduciu ao inglés un artigo sobre a máquina analítica de Babbage de Luigi Menabrea (enxeñeiro militar italiano que máis tarde chegaría a primeiro ministro de Italia) para a revista científica Scientific Memoirs. Cando llo comunicou a Babbage, este sorprendeuse de que ela mesma non tivera escrito o artigo orixinal, ao que ela replicou que nin se lle pasara pola cabeza (por aquela época as mulleres no adoitaban publicar artigos científicos). Babbage suxeriulle entón que agregase unhas notas ao artigo. Nestas notas de tradutora se describen as súas tres maiores achegas:

  1. A explicación da esencia dos ordenadores modernos.

Explica Ada:

Os límites da aritmética víronse superados no momento no que xurdiu a idea de aplicar tarxetas. A máquina analítica non ten nada en común coas meras máquinas de calcular. Ocupa plenamente un lugar propio. Ao permitir a un mecanismo combinar símbolos xerais, en sucesións de variedade e alcance ilimitados, establecese un vínculo de unión entre as operacións da materia e os procesos mentais abstractos.

2. A xeneralización das operacións que pode realizar a máquina analítica.

Ada baseándose na extensión de De Morgan da álxebra dunha lóxica formal sinalou que a máquina analítica podería procesar e executar calquera cosa que se puidese expresar con símbolos: palabras, lóxica, música...

3. O funcionamento dun programa ou algoritmo informático.

Intentando explicar como a máquina analítica podería calcular números de Bernouilli (unha serie infinita moi complexa) introduciu os conceptos de subrutina (secuencia de instrucións que realizan unha tarefa específica e que poden posteriormente introducirse nun programa máis amplo) e de bloque recursivo (secuencia de operacións que se repite)..[1]

A linguaxe informática ADA chámase así na súa honra.

Morte[editar | editar a fonte]

Morreu aos trinta e seis anos, un tráxico 27 de novembro do 1852, causa do cancro uterino e probablemente por complicacións derivadas das sangrías realizadas polos seus médicos. A enfermidade durou varios meses, durante os cais a súa nai, baronsa Byron, tomou o control respecto as súas citas médicas e persoais. A súa nai fixo que deixase de ser materialista e adoptase ideas relixiosas que a levaron a arrepentirse da súa vida anterior.

Foi soterrada por petición propia ao carón do seu pai, no cemiterio da Igrexa de Santa María Magdalena, en Hucknall, Nottingham.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Durante a vida de Ada poucos dos seus feitos foron apreciados, só se lle deu a importancia merecida anos despois da súa morte, pero non foi ate o seguinte século cando se aproveitaron para os avances da informática.

Moitas foron as mulleres que realizaron grandes tarefas para a informática, aínda así Ada Lovelace é a única muller que conta con unha linguaxe de programación que leva o seu propio nome.

No ano 2001, o autor alemán de ciencia ficción, Michal Flynn, publicou unha novela: No país dos cegos (Ucronía onde se especula as consecuencias de haberse construído a máquina analítica co programa de Ada).

O seu rostro foi marca de autenticidade nos certificados de licenza do sistema Windows.

No 2010 comeza o rodaxe dun filme sobre a súa vida, é chamada Enchantress of Numbers, A encantadora dos números.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Isaacson, Walter (2014). Los innovadores. Penguin Random House Grupo Editorial, S.A.U. ISBN 9788499924663. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ada Lovelace Modificar a ligazón no Wikidata
Galilibros
O Galilibros ten un manual sobre: A ciencia ten nome de muller

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]