Leticia Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leticia Iglesias
Nome completoLeticia Iglesias Herráiz
Nacemento27 de decembro de 1979
 O Carballiño
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista, presentadora e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

Leticia Iglesias Herraiz, nada no Carballiño en 1979, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.[2] Cursou un Máster en Periodismo Audiovisual e especializouse en Economía e Finanzas polo Instituto de Empresa.[1]

Comezou a traballar facendo prácticas en Televisión Española e Radio Galega. Despois estivo no canal de televisión Expansión TV como correspondente da Bolsa de Madrid, e en 2004 pasou a CNN+ na sección de economía[2], e compaxinou o seu traballo de redacción coa presentación de Globoeconomía.[1] En 2005 incorporouse á edición dos informativos de CNN+, e en xuño de 2011[2] foi contratada polo grupo de comunicación Mediaset España para presentar o informativo matinal de Telecinco.[3][4] En novembro de 2014 foi nomeada Directora de Comunicación de Coca-Cola.[5] En xullo de 2017 incorporouse a Mediaset España, Informativos Telecinco como presentadora substituta e editora do primeiro informativo da cadea.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 29 de setembro de 2012 casou con Juan Tejón Borbón —neto de Leandro de Borbón— no Pazo de San Lourenzo.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Antena de Plata (2012)[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Telecinco, ed. (20 de xullo de 2012). "De tiendas con… Leticia Iglesias". Mediaset España Comunicación. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 cuatro.com, ed. (6 de marzo de 2009). "Leticia Iglesias". Mediaset España. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  3. Redacción (23 de xaneiro de 2011). El economista, ed. "Las candidatas de Telecinco para cubrir la 'vacante' en sus informativos". Ecoprensa. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  4. Vertele, ed. (8 de agosto de 2012). "Ana Pastor debe fichar por laSexta". Lavinia Editorial. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  5. Redacción (21 de novembro de 2014). PRComunicación, ed. "Coca-Cola nombra nueva directora de comunicación a Leticia Iglesias, periodista de T5". PRNoticias. Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  6. Luis Fernández (3 de outubro de 2012). Vanitatis, ed. "La otra boda de Leticia con un Borbón". El confidencial. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  7. Redacción (5 de setembro de 2012). Vertele, ed. "Marca TV, Ramón García, Leticia Iglesias, Sandra Sutherland y Roberto Leal, Antenas de Plata 2012". Consultado o 26 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]