Remedios Zafra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRemedios Zafra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Zuheros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla
Universidade de Santiago de Compostela
Universidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura española, Antropoloxía cultural, Antropoloxía social, feminismo, cultura e Internet Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , conferenciante , profesora universitaria , cultural anthropologist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sevilla
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor em Wikidata

Páxina webremedioszafra.net Editar o valor em Wikidata
Twitter: RemediosZafra Dialnet: 851497 Editar o valor em Wikidata


Remedios Zafra Alcaraz, nada en Zuheros (provincia de Córdoba) o 3 de novembro de 1973, é unha escritora e investigadora española, especializada en arte e feminismo e en ciberfeminismo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada e doutora en Belas Artes pola Universidade de Sevilla, fixo un máster en Creatividade e estudos en Arte, Filosofía e Antropoloxía Social e Cultural. Foi profesora de Educación Artística na Universidade Autónoma de Madrid e profesora titora de Antropoloxía na UNED. Desde 2002 é profesora Titular de Educación Artística na Universidade de Sevilla.[2], onde imparte docencia en Arte, Innovación, Xénero e Cultura Dixital.

Colaborou en numerosas revistas e espazos editoriais nacionais e internacionais especializados en arte e cultura contemporánea como aleph, artszin, Estudios Visuales ou Papers d'Art. Entre 2003 e 2009 dirixiu a revista Mujer y cultura visual, e entre 2003 e 2005 foi responsable da sección "Arte" de Red Digital (MEC). Entre 2005 e 2006 formou parte do grupo de traballo Arte, Ciencia y Tecnología da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).[3]

En 2003 comisariou a primeira exposición de net.art sobre ciberfeminismo en castelán: Habitar a (punto)net (espai > f, Mataró). Comisariou tamén varios proxectos sobre Arte, Xénero e Tecnoloxía en Internet, como a exposición de net.art Violencia sin Cuerpos dentro do proxecto interdisciplinar Cárcel de Amor. Relatos culturales sobre a violencia de xénero do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (MNCARS) en colaboración co Centro de Arte Contemporánea Párraga de Murcia, Centro de Arte Contemporánea de Almagro, Centre d’Art de la Panera, CAB de Burgos, Centro Museo Vasco de Arte Contemporánea Artium, Filmoteca das Canarias e CaixaForum de Barcelona (2005-2006).

Dirixiu o I Encontro Internacional "X0y1" sobre xénero e ciberespazo[4] (CAAC, 2009); o curso Ser/Estar en Internet. Dinámicas del sujeto conectado (UAM, 2009); e o seminario "net.art (exergo)" (Mundos Digitales, A Coruña, 2004).

En 2020 redactou o prólogo do libro De esto no se habla. Sexo, mentiras y revolución, de Laurie Penny. [5]

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Las Cartas Rotas. Espacios de igualdad y feminización en Internet (Instituto de Estudios Almerienses, 2000)
  • Habitar en (punto)net (Universidade de Córdoba, 2001)
  • Netianas. N(h)acer mujer en Internet (Lengua de Trapo, 2004)
  • "X0y1 #ensayos sobre género y ciberespacio" (coord.) (Briseño, 2010)
  • Un cuarto propio conectado. (Ciber)espacio y (auto)gestión del yo (Fórcola Ediciones, 2010). Traducida ao italiano e o inglés
  • (h)adas. Mujeres que crean, programan, prosumen, teclean (Páginas de Espuma, 2013)
  • Ojos y capital (Consonni, 2015)
  • El entusiasmo. Precariedad y trabajo creativo en la era digital (Editorial Anagrama, 2017)
  • Frágiles: cartas sobre la ansiedad y la esperanza en la nueva cultura (Anagrama, 2021)[6]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Espacios Magenta (2005)
  • Lo mejor (no) es que te vayas (2007)
  • Historia de una mujer sin nombre (Madrid, Briseño 2012)
  • #Despacio (Barcelona, Caballo de Troya 2012)
  • Los que miran (Fórcola, 2016)

Proxectos e textos[editar | editar a fonte]

  • Habitaciones para mirar (estéticas de recepción y ciberespacio).[7]
  • X0y1. Propuesta para un "nosotros" digital.[8]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de Ensaio Carmen de Burgos (2000)
  • Premio de Investigación da Cátedra Leonor de Guzmán 2001)
  • Premio de Ensaio Caja Madrid (2004)
  • Premio de poesía Antonia Pérez Alegre (2005)
  • Premio Literario Mujeres del Medio Rural do Goberno de España (2006)
  • Mención de honor no Premio de Escritos sobre Arte (2009)
  • Premio de Comunicación non sexista da Associació de Dones Periodistes de Catalunya (2010)
  • Premio Málaga de Ensaio (2013)
  • Premio El Público a las Letras (Canal Sur) por (h)adas. Mujeres que crean, programan, presumen, teclean.
  • V Premio Málaga de Ensayo por (h)adas. Mujeres que crean, programan, presumen, teclean (2013)[9]
  • Premio Meridiana a iniciativas artísticas e culturais, Instituto Andaluz de la Mujer (2014)
  • Premio Anagrama de Ensaio por El entusiasmo. Precariedad y trabajo creativo en la era digital (2017)[10][11]
  • Premio Internacional de Ensaio Jovellanos en 2022.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Perfil de Remedios Zafra, na web Dialnet, Universidad de la Rioja.
  2. "Ficha persoal - Remedios Zafra Alcaraz". Universidad de Sevilla. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  3. [1] Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología
  4. [2] Arquivado 21 de novembro de 2017 en Wayback Machine. I Encuentro Internacional "X0y1" sobre género y ciberespacio
  5. "«De esto No se habla (hoy sí)» Charla con Remedios Zafra". Traficantes de Sueños (en castelán). 10 de outubro de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2022. 
  6. Zafra, Remedios (2021). Frágiles : cartas sobre la ansiedad y la esperanza en la nueva cultura (1ª ed.). Barcelona. ISBN 978-84-339-6469-4. OCLC 1258389396. 
  7. Habitaciones para mirar
  8. "X0y1. Propuesta para un "nosotros" digital". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  9. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, "Remedios Zafra, Premio El Público a las Letras", 4 de decembro de 2013
  10. "El entusiasmo Precariedad y trabajo creativo en la era digital". Editorial Anagrama. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  11. "Remedios Zafra, Premio Anagrama de Ensayo por una obra sobre la precariedad". El Mundo (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  12. "La investigadora del CSIC Remedios Zafra gana el Premio de Ensayo Jovellanos". La Voz de Asturias (en castelán). 17 de marzo de 2022. Consultado o 4 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]