Wikipedia:O que é un artigo de calidade

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Criterios dos Artigos de calidade na Galipedia

Os artigos de calidade exemplifican os mellores traballos da Galipedia, distinguíndose por ter un contido, escrita, presentación e uso de referencias e fontes fiables, o que os converte en artigos dun gran nivel e valor enciclopédico.

Como requisito inicial, ao igual que tódolos artigos teñen que cumprir os requirimentos das políticas e normas relacionadas coa verificabilidade, neutralidade e estilo, e non presentar ningún marcador de mantemento nin estar incluídos nalgunha das categorías de mantemento debido a algún problema ou tarefa pendente presente no artigo.

A maiores disto, os candidatos a artigos de calidade deben posuír as seguintes características:

  1. Deben estar correctamente redactados, ser completos, entendibles, precisos, neutrais e estables.
    1. Correctamente redactados: A redacción ten que ser clara e correcta, seguindo un ton enciclopédico e sen erros gramaticais (ortográficos, sintácticos ou semánticos).
    2. Completos: Deben tratar o tema de forma completa e situalo no contexto axeitado, sen omitir elementos esenciais nin detalles relevantes, acadando unha extensión axeitada para o tema tratado sen diluílo en detalles innecesarios ou non relevantes.
    3. Entendibles: Deben facilitar a súa comprensión por parte daqueles que non dominen o tema tratado, evitando centrarse nun público especialista e enfocándose cara o público xeral.
    4. Precisos: Debes tratar o tema de forma precisa e indicar a fonte da información contida nel. As afirmacións do artigo teñen que estar verificadas polas correspondentes fontes fiables axeitadas en cada caso, en forma de citas ao pé, para non ofrecer dúbidas sobre a exactitude da información.
    5. Neutrais: Deben seguir o punto de vista neutral, presentando tódolos puntos de vista existentes sobre o tema, tanto favorables como críticos.
    6. Estables: Deben atoparse nun estado estable, sen cambios significativos frecuentes agás aqueles que se fan en forma de resposta ao propio proceso de escolla, e sen mudar constantemente como resultado de disputas e guerras de edicións.
  2. Os artigos deben estar en concordancia cos patróns definidos polo libro de estilo.
    1. Deben evitar empregar formas dialectais e cumprir o estilo ortotipográfico acordado.
    2. Deben posuír unha introdución en forma de resumo do contido que se vai desenvolver no artigo, proporcional ao tamaño do mesmo.
    3. Ter unha estrutura clara, facendo uso substancial mais non excesivo das divisións en seccións e subseccións.
    4. Ser consistentes no uso de referencias e citas ao pé seguindo un mesmo padrón para todas elas, ben en formato detallado ou ben en formato curto tipo Harvard cando sexa axeitado, reutilizando as mesmas cando sexa posible para evitar duplicidade. Recoméndase o uso de modelos de citas, aínda que non é obrigatorio.
  3. Na medida do posible, os artigos deben posuír imaxes relacionadas co tema e con descricións ao pé da imaxe axeitadas en cada caso, de xeito que completen o artigo sen estragar a estética xeral e sen dificultar a súa lectura, seguindo sempre a política de uso de imaxes.

O vieiro cara a un artigo de calidade

  1. Creación dunha nova entrada
  2. Edición da páxina
  3. Redacción dun artigo brillante
  4. Exame dos criterios de avaliación
  5. Presentación da proposta
  6. Inclusión do artigo aquí

Artigos de calidade na Galipedia: