Sabela Arias Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sabela Arias Castro
Nacemento24 de xullo de 1969
 Lugo
NacionalidadeEspaña
EidoPintura e ilustración
MovementoFiguración
Webwww.sabelaarias.com
editar datos en Wikidata ]

Sabela Arias Castro, nada en Lugo o 24 de xullo de 1969, é unha pintora e historietista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudos[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo, obtivo a licenciatura na facultade de Belas Artes de Salamanca e proseguiu os estudos de postgrado na Universidade do País Vasco.[1][2]

Cómic[editar | editar a fonte]

Sabela Arias é a creadora das viñetas de "Historias de Icía e Avoa". Comenzou a crealas en 2003 e foron publicadas despois de 2006 en Terras de Santiago, e máis tarde aparecerán en El Correo Gallego até hoxe. Esta tira é unha conversa entre avoa e neta na que falan da vida con retranca.

Pintura[editar | editar a fonte]

A súa primeira exposición foi no ano 1988 na súa cidade natal.

A busca desta artista plástica é sen ningunha dúbida a cor, o espazo e a textura, na que o tema muda case que anecdótico, caendo nun mundo de ríos de pigmentos case sempre na gama cálida. Nesta bagaxe descobre distintas técnicas e sensacións que van pouco a pouco fundíndose co seu eterno encarnado nos lenzos.

Cuncas, torques, persoas, galerías, unha descrición dunha sociedade que pasea diante de nós para que descubramos formas e cores. Vemos a través dos anos cambios nas temáticas, aínda que a súa investigación sempre vai ó redor da experiencia da cor e dos ritmos que xorden dentro do seu espazo.

Obra[editar | editar a fonte]

Pintura[editar | editar a fonte]

  • Cuncas (1989). Nesta serie, os protagonistas son, por unha banda, a cor vermella e, por outra, os obxectos de barro chamados "cuncas".
  • Medo (1993). É unha serie curta, realizada en El Salvador na que se aprecia un debuxo expresionista así coma o emprego de materiais pouco habituais como mercurocromo, terra, café etc. O formato deste traballo é moi pequeno, axeitado á falta de materiais e á dureza retratada.
  • Torques (1996). Trátase de obras que describen as pezas de ouro prerromanas: torques dourados e azuis que fan relaxar-la retina do ommipresente vermello na obra de Arias Castro.
  • Choivas (1998).[3] Posiblemente, esta serie titulada "Chuvias, brétemas e outras veladuras atmosféricas", sexa a que presenta unha paleta máis galega. os grises e verdes amosan a paisaxe cando non se pode ver.
  • Xentes (dende 1987). Aínda que a serie comeza en 1987, vai ser unha constante na súa obra: mulleres e homes que se enchen de cor e ofrecen unha danza no espazo.
  • Galerías (20032006). Unha paisaxe urbá, chea das galerías que se ven nas cidades galegas e chea de cor, fundamentalemente vermello, aínda que tamén aparecens verdes e azuis.
  • Paisaxe cotiá (2006)[1] Nesta obra destácase a beleza do cotiá, o retrato das pequenas cousas, de xestos normais; non de grandes acontecementos. Como noutras ocasións, a cor é o protagonista, xunto coa luz e a sombra. Esta obra foi exposta en Nova York, El Salvador, A Haia, Santiago de Compostela,[4] e A Coruña, entre oustros lugares.
  • Conversas (dende 2015)[5][6]

Ilustración[editar | editar a fonte]

Banda Deseñada[editar | editar a fonte]

  • Píntome de cores (1999). Lugo: Ed. Citania.
  • Historias de Icia e Avoa (Condensadas) (2013). Betanzos: Eiravella.[7]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • XIVª edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La artista Sabela Arias expone su colección Paisaje Cotidiano en la Galería Sol & Bartolomé". galiciadigital.com (en castelán). 11-12-2008. Consultado o 09-03-2019. 
  2. Requeixo, Armando (21-2-2014). "Icía, Avoa & Co.". Criticalia. Consultado o 25-7-2019. 
  3. "Biografía". sabelaarias.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2019. Consultado o 25-7-2019. 
  4. "Sabela Arias inaugura mañana la muestra de pintura 'Paisaje Cotidiano' en la galería Sol&Bartolomé". elcorreogallego.es (en castelán). 10-12-2008. Consultado o 26-7-2019. 
  5. "Inauguración da expo: Conversas, de Sabela Arias Castro". vivalugo.es. 11-4-2019. Consultado o 25-7-2019. 
  6. "EXPOSICIÓN: Conversas, de Sabela Arias Castro". redemuseisticalugo.org. 3-4-2019. Consultado o 25-7-2019. 
  7. Xiz, Xulio. "SABELA ARIAS PRESENTA O LIBRO HISTORIAS DE ICÍA E AVOA (CONDENSADAS)". galiciaenelmundo.es. Consultado o 25-7-2019. 
  8. "Muchas reuniones en día frío". lavozdegalicia.es (en castelán). 28-1-2006. Consultado o 25-7-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Crespo, José (2000). Corpus Christi en Redondela. Pontevedra: Ir Indo. ISBN 9788476806081. 
  • Iglesias, Baldomero (2000). O papel que mudo escoita. Lugo: Xermolos. 
  • García Cerrada, Juan (2018). El futuro lo dibujan las niñas. Alcalá de Henares,Madrid: Gráficas Solana. ISBN 978-84-88754-75-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]