Marián López Fernández-Cao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarián López Fernández-Cao

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Marian López Fernández-Cao Editar o valor em Wikidata
5 de febreiro de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteórica da arte , profesora , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 146028

Marián López Fernández Cao, coñecida tamén como Marián Cao, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1964, é profesora e investigadora galega, especializada en arte, feminismo, arteterapia e inclusión social. Investigou os desequilibrios de xénero na arte e os museos e é impulsora do proxecto Museos en Feminino.[1] Desde 2019, é Catedrática de Educación Artística da Universidade Complutense de Madrid.[2] Ademais, é experta na artista Sonia Delaunay.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marián López Fernández-Cao no 20 aniversario do Curso de Teoría Feminista dirixido por Celia Amorós e Ana de Miguel. Madrid, 2011.

Marián Cao estudou na Facultade de Belas Artes de Madrid onde se licenciou no ano 1987, e doutorouse no 1991 na Universidade Complutense de Madrid.[3]

Como estudante predoutoral e investigadora fixo estancias longas na Akademie der Künste (Múnic), na Hochschule der Künste (Berlín), no Museum of Modern Art (Nova York), no Courtland Institute of Art (Londres) e posdoutoral na Universidade de Veracruz (México). Foi convidada para facer estadías de investigación e docencia nos Estados Unidos, Gran Bretaña, Alemaña, o Brasil e México, onde abordou temas da arte, inclusión e igualdades e arte coma terapia cunha implicación sempre no social e no xénero.

Posteriormente obtivo o Mestrado en Intervención Psicoterapéutica (2009) na UCM[4] e unha Bolsa Fulbright posdoutoral.[2]

Foi membro do colectivo de redacción da revista En Pie de Paz desde 1988 até a súa disolución en 2001 Imparte clases desde 1992 na Facultade de Educación na UCM e tamén no Mestrado de Estudos de Xénero e no Mestrado Erasmus Mundus Gemma, da Universidade de Granada.[5]

Representa a UCMN no Europeam Consortium of Art Therapy Education (ECArTE) desde 2000 e tamén exerce de vicepresidenta desde 2017.[6]

Cao foi directora do Instituto de Investigacións Feministas (2007-2011), impulsora e directora do mestrado en Arteterapia e educación Artística para inclusión social (2010-2014) do Servizo de Publicacións da Universidade Complutense.[7]

Entre os anos 2012 e 2017 foi presidenta da Asociación Nacional Española Mulleres nas Artes Visuais (MAV).[8][9]

De maneira paralela ao seu labor investigador, desenvolveu a súa faceta de debuxante producindo en formato de libro de artista numerosas obras con carácter ecolóxico e naturista. Proba diso son os libros presentados na Feira do Libro de Artista da Xunta de Castela e León, Librarte 2021.[10]

Marián Cao na Feria Libro de Artista Librarte (Burgos, 2021)

Investigación[editar | editar a fonte]

Marián Cao dirixe o grupo de investigación Research Group EARTDI[11] con quen firmou convenios con diferentes organismos e institucións en axuda a grupos vulnerables a través da arteterapia e a mediación cultural.[12]

Foi directora dos seguintes proxectos de investigación:

  • Violencia e identidade de xénero. Análise da construción da identidade de xénero en relación a violencia en nenas e nenos de tres a doce anos a través da representación gráfica. Estratexias de cambio e mellora. (ref. 15/05, Plan Nacional do Instituto da Muller, 2005-2008).[13]
  • I+D Estudo de fondos museísticos desde a perspectiva de xénero (FEM2010-16670) (Plan Nacional I+D 2011-2014), ALETHEIA: Arte, Arteterapia, Trauma y memoria emocional (I+D Plan Nacional 2016-2019),​​​​[14][15]Museoloxía e integración social: a difusión do patrimonio artístico e cultural do Museo do Prado a colectivos con especial accesibilidade” (Comunidade de Madrid, convocatoria pública para consorcios de grupos de investigación das universidades públicas do seu ámbito autonómico, 2016-2018) e varios contratos de investigacións, entre os que destaca “Contratación do estudo técnico dos bens culturais conservados en museos usuarios de domus desde unha perspectiva de xénero para a subdirección xeral de museos estatais” ref (65-2011) co Ministerio de Cultura español, entre outros.
  • Tamén foi coordinadora do European project Divercity, un proxecto europeo creado pola Universidade Complutense de Madrid coa colaboración doutras institucións como o Museo Thyssen e Intermediae, sobre museos, cidade e diversidade.[16]
  • Creou a aplicación móbil "Madrid cidade das mulleres", por cuxo traballo obtivo o primeiro premio de transferencia do coñecemento en Humanidades e Ciencias Sociais 2017.[17][18]
  • Marian Cao é impulsora do proxecto Museos e Xénero creado no 2009 entre o Instituto de Investigacións Feministas da UCM, o Ministerio de Cultura e a asociación e-Mulleres que xerou Museos en Feminino centrado nos museos: Museo do Prado, Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, Museo Arqueolóxico Nacional e Museo do Traxe.[19] É unha ferramenta de divulgación e docencia mediante itinerarios que analizan a arte desde a perspectiva de xénero.[20]
  • Participou na investigación do Autodiagnóstico MAV para a igualdade en museos e centros de arte, motivada como consecuencia da exposición do Museo do Prado Invitadas. Fragmentos sobre mulleres, ideoloxía e artes plásticas en España (1833.1931) e a necesaria reflexión sobre os contidos e a preparación das exposicións incluíndo ás expertas e investigadoras da arte con coñecementos de xénero. Tamén é autora do libro Contexto y Fundamentos teóricos publicado pola Asociación MAV en novembro do 2020.[21]

Obras[editar | editar a fonte]

  • LÓPEZ FDZ CAO, M. (2020) Arte, memoria y trauma: Aletheia, dar forma al dolor. Volumen II Intervenciones desde la terapia, imágenes de la herida. Madrid: Fundamentos. ISBN: 9788424513870
  • LÓPEZ FDZ CAO, M. y FERNÁNDEZ VALENCIA, A. (2019) “Museos en femenino: Un proyecto sobre igualdad, empoderamiento femenino y educación” Storia delle Donne, 14 (2018), DOI: 10.13128/SDD-25661 - CC BY 4.0 IT, 2018, Firenze University Press, pp. 103-124.
  • LÓPEZ FDZ CAO, M.(2019) El arte abre ventanas. Re-construirnos a través del arte.Repensar la masculinidad. Madrid: Ed. Eneida, 2019 978-84-17726-07-2
  • LÓPEZ FDZ CAO, M.(2018) Aletheia, dar forma al dolor Volumen I: Sobre procesos, arte y memoria. Madrid, Fundamentos. ISBN: 978-84-245-1372-6
  • Para qué el arte: reflexiones en torno al arte y su educación en tiempos de crisis. Marián López Fernández Cao. (Madrid) Fundamentos, 2015. ISBN 978-84-245-1288-0.
  • Mulier me fecit: hacia un análisis feminista del arte y su educación. Marián López Fernández Cao. (Madrid) Horas y Horas, D.L. 2011. ISBN 978-84-96004-42-9.
  • Memoria, ausencia e identidad: el arte como terapia. Marián López Fernández Cao. (Madrid) Eneida, 2011. ISBN 978-84-92491-82-7.
  • Käthe Kollwitz: (1867-1945) Marián López Fernández Cao. Ediciones del Orto,1997. ISBN 84-7923-175-0.
  • Arteterapia. Marián López Fdz. Cao, Martínez Díez, N. Ediciones tutor, 2006 ISBN 9788479025557.

Colaboracións en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Arte, intervención y acción social: la creatividad transformadora. Coord. por Ana Carnacea Cruz, Ana Lozano Cámbara, 2013, ISBN 978-84-937730-2-1.
  • De la función estética y pedagógica a la función social y terapéutica (arteterapia). Págs. 69-95. Marián López Fdz. Cao.
  • Cómo hacer una sopa con piedras: el arte como herramienta de intervención y mediación social. Construyendo sociedades más creativas. Páxs. 97-127. Marián López Fdz. Cao.
  • Sociología y género. Coord. por Capitolina Díaz Martínez, Sandra Dema Moreno, 2013. ISBN 978-84-309-5810-8.
  • El mundo del arte, la industria cultural y la publicidad desde la perspectiva de género. Páxs.271-300. Marián López Fdz. Cao.
  • Infancia, mercado y educación artística. Coord. por Ricardo Marín Viadel, 2011, ISBN 978-84-9700-658-3.
  • Niños de cine: Apuntes sobre las películas dirigidas a la infancia tardía. Páxs. 89-108. Marián López Fdz. Cao.
  • Género y paz. Coord. por María Elena Díez Jorge, Margarita Sánchez Romero, 2010, ISBN 978-84-9888-264-3.
  • De la creación de las mujeres. Apuntes sobre paz, feminismo y creación. Páxs.151-158. Marián López Fdz. Cao.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Intervención sobre los desequilibrios de género que existen en los museos españoles". 
  2. 2,0 2,1 "Facultad de Educación - Centro de Formación del Profesorado.". educacion.ucm.es (en castelán). Consultado o 2021-10-24. 
  3. "CREA: Marián López Fernández Cao". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 08 de marzo de 2018. 
  4. Didáctica 2.0. "Biodata. Marián López Fdz. Cao". 
  5. "GEMMA. Erasmus Mundus Master's Degree". masteres.ugr.es. Consultado o 2021-10-24. 
  6. "ECArTE - European Consortium of Arts Therapies Education". ecarte (en inglés). Consultado o 2021-10-24. 
  7. "Máster Universitario en Arteterapia y Educación Artística para la Inclusión Social (UCM-UAM-UVA)". 
  8. "MAV". MAV (en castelán). Consultado o 2021-10-24. 
  9. de 2017. "Luchando por la igualdad, también en la Cultura". Alternativas (en castelán). Consultado o 2021-10-24. 
  10. ARTEINFORMADO (20211018). "Librarte '21, Feria de arte, oct 2021". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 2021-10-24. 
  11. "GRUPO DE INVESTIGACIÓN APLICACIONES DEL ARTE EN LA INTEGRACIÓN SOCIAL: ARTE, TERAPIA Y EDUCACIÓN ARTÍSTICA PARA LA INCLUSIÓN". www.ucm.es. Consultado o 2021-10-24. 
  12. "L–ABE". Condeduque Madrid (en castelán). Consultado o 2021-10-25. 
  13. "Proyectos de Investigación - GRUPO DE INVESTIGACIÓN APLICACIONES DEL ARTE EN LA INTEGRACIÓN SOCIAL: ARTE, TERAPIA Y EDUCACIÓN ARTÍSTICA PARA LA INCLUSIÓN". www.ucm.es. Consultado o 2021-10-24. 
  14. "ALETHEIA. Arte, arteterapia, trauma y memoria emocional". www.ucm.es. Consultado o 2021-10-24. 
  15. Aísa, Lucía Ramos (2019-11-26). "“Hay que redistribuir la felicidad”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-10-24. 
  16. "Intermediae". www.intermediae.es. Consultado o 2021-10-24. 
  17. ARRANZ, MARÍA (2017-04-29). "Una ‘app’ para visibilizar las gestas femeninas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-10-24. 
  18. "Una ‘app’ recuerda que Madrid es la ciudad de las mujeres". La Vanguardia (en castelán). 2017-05-10. Consultado o 2021-10-25. 
  19. "MUSACCES". 
  20. "Didáctica 2.0 - Museos en femenino". museosenfemenino.es. Consultado o 2021-10-25. 
  21. "INVITADAS: COMUNICADO MAV". M-Arte y Cultura Visual (en castelán). 2020-10-14. Consultado o 2021-10-25.