Saltar ao contido

Lista de mulleres gañadoras do Premio Nobel

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todos os Premios Nobel gañados por mulleres

O Premio Nobel outórgano anualmente a Real Academia das Ciencias de Suecia, a Academia Sueca, o Instituto Karolinska e o Comité Noruegués do Nobel ás persoas que fan contribucións sobresaíntes nos campos da química, física, literatura, paz, fisioloxía ou medicina e economía.[1] Todos os galardóns, excepto o premio de economía, foron instituídos acatando as indicacións do testamento de 1895 de Alfred Nobel, que ademais sinala que os premios deben ser administrados pola Fundación Nobel. O Premio Nobel de Economía, ou Premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel, foi establecido en 1968 polo Banco de Suecia, que é o banco central deste país, para as contribucións sobresaíntes no campo da Economía.[2]

Cada premio é outorgado por un comité independente; así, a Real Academia das Ciencias de Suecia entrega os premios de Física, Química e Economía; a Academia Sueca entrega o premio de Literatura; o Instituto Karolinska entrega o premio de Fisioloxía ou Medicina; e o Comité do Nobel entrega o premio da Paz.[3] Cada receptor obtén unha medalla, un diploma e un premio en efectivo que variou ao longo dos anos.[2] En 1901, os gañadores dos primeiros Premios Nobel recibiron 150 782 coroas suecas, o que equivale a 8 192 489 coroas suecas a decembro de 2013. Entre 2001 e 2011, os anos en que se entregaron os premios de maior contía, os gañadores foron premiados con 10 millóns de coroas suecas, e a partir do 2012 con 8 millóns.[4] Os premios son entregados en Estocolmo (Física, Química, Fisioloxía ou Medicina, Literatura e Economía) e Oslo (Paz) nunha cerimonia anual celebrada o 10 de decembro, aniversario da morte de Nobel.[5]

A data de 2018, o premio foi outorgado a 853 homes, 51 mulleres e 24 organizacións.[6][7][8] Entre as mulleres gañadoras do Premio Nobel, a primeira foi Marie Curie, quen gañou o de Física en 1903 xunto ao seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel.[7][9] Marie Curie tamén a única muller que gañou o Premio Nobel en máis dunha ocasión, xa que en 1911 gañou o de Química. A súa filla, Irène Joliot-Curie, gañou o de Química en 1935, polo que son a única parella de nai e filla que gañaron esta distinción.[7] Dezasete mulleres gañaron o Premio Nobel da Paz, trece o de Literatura, once o de Fisioloxía ou Medicina, cinco o de Química, tres o de Física e só unha muller o de Economía.[10] 2009 foi o ano en que máis mulleres resultaron gañadoras do premio, cun total de cinco mulleres premiadas nese ano.

Gañadoras

[editar | editar a fonte]
AnoImaxePremiadaPaísCategoríaMotivación
1903 Marie Curie
(compartido con Pierre Curie e Henri Becquerel)
Polonia Polonia
Francia
Física «En recoñecemento aos extraordinarios servizos que prestaron coas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos da radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel».[9]
1905 Bertha von Suttner Imperio Austrohúngaro Paz Presidenta honoraria da Oficina Internacional pola Paz, Berna, Suíza. Autora de Lay Down Your Arms.[11]
1909 Selma Lagerlöf Suecia Suecia Literatura «En recoñecemento ao elevado idealismo, a vívida imaxinación e a percepción espiritual que caracterizan os seus escritos».[12]
1911 Marie Curie Polonia Polonia
Francia
Química Polo seu descubrimento do radio e do polonio.[13]
1926 Grazia Deledda Italia Italia Literatura «Polos seus escritos inspiradamente idealistas, que con claridade plástica debuxan a vida na súa illa natal e que con profundidade e simpatía tratan os problemas humanos en xeral».[14]
1928 Sigrid Undset Noruega Noruega Literatura «Principalmente polas súas poderosas descricións da vida dos nórdicos durante a Idade Media».[15]
1931 Jane Addams
(compartido con Nicholas Murray Butler)
Estados Unidos de América Estados Unidos Paz Socióloga, pioneira do traballo social e o feminismo, presidenta da Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.[16][17]
1935 Irène Joliot-Curie
(compartido con Frédéric Joliot-Curie)
Francia Química «Pola súa síntese de novos elementos radioactivos».[18]
1938 Pearl S. Buck Estados Unidos de América Estados Unidos Literatura «Polas súas descricións ricas e verdadeiramente épicas da vida campesiña en China e polas súas obras mestras biográficas».[19]
1945 Gabriela Mistral Chile Literatura «Pola súa poesía lírica que, inspirada por poderosas emocións, fixo do seu nome un símbolo das aspiracións idealistas de todo o mundo latinoamericano».[20]
1946 Emily Greene Balch
(compartido con John Raleigh Mott)
Estados Unidos de América Estados Unidos Paz Anteriormente profesora de Historia e Socioloxía, presidenta honoraria da liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.[21]
1947 Gerty Theresa Cori
(compartido con Carl Ferdinand Cori e Bernardo Houssay)
Estados Unidos de América Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento do proceso da conversión catalítica do glicóxeno».[22]
1963 Maria Goeppert-Mayer
(compartido con J. Hans D. Jensen e Eugene Wigner)
Estados Unidos de América Estados Unidos Física «Polos seus descubrimentos sobre a estrutura de capas nuclear».[23]
1964 Dorothy Crowfoot Reino Unido Reino Unido Química «Por determinar as estruturas de importantes substancias bioquímicas por medio de técnicas de raios X».[24]
1966 Nelly Sachs
(compartido con Samuel Agnon)
Alemaña Alemaña
Suecia Suecia
Literatura «Pola súa destacada escritura lírica e dramática, que interpreta o destino de Israel con forza conmovedora».[25]
1976 Betty Williams Reino Unido Reino Unido Paz Fundadora do Northern Ireland Peace Movement (Movemento pola Paz de Irlanda do Norte), despois renomeado Community of Peace People (Comunidade de Xente Pacífica).[26]
Mairead Maguire Reino Unido Reino Unido Paz Fundadora do Northern Ireland Peace Movement (despois renomeado Community of Peace People)[26]
1977 Rosalyn Sussman Yalow
(compartido con Roger Guillemin e Andrew Schally)
Estados Unidos de América Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo desenvolvemento do radioinmunoanálises das hormonas peptídicas».[27]
1979 Tareixa de Calcuta India India
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Paz Líder das Misioneiras da Caridade, Calcuta.[28]
1982 Alva Myrdal
(compartido con Alfonso García Robles)
Suecia Suecia Paz Exministra do gabinete sueco, diplomática e escritora.[29]
1983 Barbara McClintock Estados Unidos de América Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos elementos xenéticos móbiles».[30]
1986 Rita Levi-Montalcini
(compartido con Stanley Cohen)
Italia Italia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos factores de crecemento».[31]
1988 Gertrude Elion
(compartido con James W. Black e George H. Hitchings)
Estados Unidos de América Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento de importantes principios no tratamento con fármacos».[32]
1991 Nadine Gordimer Sudáfrica Suráfrica Literatura «Quen a través da súa magnífica escritura épica -en palabras de Alfred Nobel- foi de gran beneficio para a humanidade».[33]
Aung San Suu Kyi Myanmar Paz «Pola súa loita non violenta pola democracia e os dereitos humanos».[34]
1992 Rigoberta Menchú Guatemala Paz «En recoñecemento ao seu traballo pola xustiza social e a reconciliación etno-cultural baseada no respecto dos dereitos dos pobos indíxenas».[35]
1993 Toni Morrison Estados Unidos de América Estados Unidos Literatura «Quen en novelas caracterizadas pola súa forza visionaria e transcendencia poética, dá vida a un aspecto esencial da realidade estadounidense».[36]
1995 Christiane Nüsslein-Volhard
(compartido con Edward B. Lewis e Eric F. Wieschaus)
Alemaña Alemaña Fisioloxía ou Medicina «Polos seus descubrimentos sobre o control xenético do desenvolvemento embrionario temperán».[37]
1996 Wisława Szymborska Polonia Polonia Literatura «Pola poesía que con precisión irónica permite ao contexto histórico e biolóxico saír á luz nos fragmentos da realidade humana».[38]
1997 Jody Williams
(compartido coa Campaña Internacional para a Prohibición das Minas Antipersonais)
Estados Unidos de América Estados Unidos Paz «Polo seu traballo para a prohibición e limpeza de minas antipersoais».[39]
2003 Shirin Ebadi Irán Paz «Polos seus esforzos pola democracia e os dereitos humanos. Centrouse especialmente na loita polos dereitos das mulleres e os nenos».[40]
2004 Elfriede Jelinek Austria Austria Literatura «Polo seu fluxo musical de voces e contravoces en novelas e obras teatrais que con extraordinario celo lingüístico revelan o absurdo dos clixés da sociedade e o seu poder subxugante».[41]
Wangari Maathai Quenia Kenya Paz «Pola súa contribución ao desenvolvemento sustentábel, a democracia e a paz».[42]
Linda B. Buck
(compartido con Richard Axel)
Estados Unidos de América Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos receptores olfactivos e a organización do sistema olfactivo».[43]
2007 Doris Lessing Reino Unido Reino Unido Literatura «Narradora épica da experiencia feminina, quen con escepticismo, ardor e poder visionario someteu unha civilización dividida ao escrutinio».[44]
2008 Françoise Barré-Sinoussi
(compartido con Harald zur Hausen e Luc Montagnier)
Francia Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento do virus da inmunodeficiencia humana».[45]
2009 Elizabeth Blackburn
(compartido con Carol Greider e Jack Szostak)
Australia Australia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Fisioloxía ou Medicina «Polo descubrimento de como os cromosomas son protexidos polos telómeros e a encima telomerase».[46]
Carol W. Greider
(compartido con Elizabeth Blackburn e Jack Szostak)
Estados Unidos de América Estados Unidos
Ada E. Yonath
(compartido con Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz)
Israel Química «Polo estudo da estrutura e función dos ribosomas».[47]
Herta Müller Alemaña Alemaña
Romanía Romanía
Literatura «Quen, coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposuídos».[48]
Elinor Ostrom
(compartido con Oliver E. Williamson)
Estados Unidos de América Estados Unidos Economía «Pola súa análise do goberno económico, especialmente os bens comúns».[49]
2011 Ellen Johnson-Sirleaf Liberia Liberia Paz «Pola súa loita sen violencia pola seguridade das mulleres e o dereito da muller a participar plenamente no labor de consolidación da paz»[50]
Leymah Gbowee
Tawakel Karman Iemen
2013 Alice Munro Canadá Literatura «Mestra do conto contemporáneo»[51]
2014 May-Britt Moser
(compartido con John O'Keefe e Edvard I. Moser)
Noruega Noruega Fisioloxía ou Medicina «Polos seus descubrimentos de células que constitúen un sistema de posicionamento no cerebro»[52]
Malala Yousafzai
(compartido con Kailash Satyarthi)
Paquistán Paz «Pola súa loita contra a represión dos nenos e mozos, e polo dereito de todos os nenos á educación».[53]
2015 Tu Youyou
(compartido con William C. Campbell e Satoshi Ōmura)
China Fisioloxía ou Medicina «Polos seus descubrimentos relativos a unha terapia novidosa contra a Malaria».[54]
Svetlana Alexievich Belarús Belarús Literatura «Polos seus escritos polifónicos, un monumento ó sufrimento e coraxe no noso tempo».[55]
2018 Donna Strickland
(compartido con Gérard Mourou e Arthur Ashkin)
Canadá Física «Polo seu método de xerar pulsos ópticos ultracurtos de alta intensidade».[56]
Frances Arnold
(compartido con Gregory Winter e George Smith)
Estados Unidos de América Estados Unidos Química «Pola evolución dirixida das encimas».[57]
Nadia Murad
(compartido con Denis Mukwege)
Iraq Paz «Polos seus esforzos en poñer fin á violencia sexual como arma de guerra e conflito armado».[58]
Olga Tokarczuk Polonia Polonia Literatura «Por unha imaxinación narrativa que con paixón enciclopédica representa o cruzamento de fronteiras como forma de vida»[59]
2019 Esther Duflo
(compartido con Abhijit Banerjee e Michael Kremer)
Francia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Economía «Pola súa aproximación experimental para aliviar a pobreza global»[60]
2020 Andrea M. Ghez

(compartido con Roger Penrose e Reinhard Genzel)

Estados Unidos de América Estados Unidos Física «Polo descubrimento dun obxecto compacto supermasivo no centro da nosa galaxia»[61].
Emmanuelle Charpentier Francia Química «Polo desenvolvemento dun método para a edición do xenoma».[62]
Jennifer Doudna Estados Unidos de América Estados Unidos
Louise Glück Estados Unidos de América Estados Unidos Literatura «Pola súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual».[63]
2021
Maria Ressa (compartido con Dmitry Muratov) Paz
2022
Carolyn Bertozzi[64]

(compartido con Morten Meldal e K. Barry Sharpless)

Estados Unidos de América Estados Unidos Química
Annie Ernaux[65] Francia Literatura
2023
Anne L'Huillier[66] (compartido con Pierre Agostini[67] e Ferenc Krausz)[67] Francia Física «Polos seus experimentos, que proporcionaron á humanidade novas ferramentas para explorar o mundo dos electróns dentro dos átomos e moléculas».[68]
Katalin Karikó[69] (compartido con Drew Weissman)[70] Estados Unidos de América Estados UnidosHungría Hungría Fisioloxía ou Medicina «(as súas investigacións)... foron fundamentais para desenvolver vacinas eficaces de ARNm contra COVID-19 durante a pandemia que comezou a principios de 2020»[71]
Narges Mohammadi[72] Irán Paz «...pola súa loita contra a opresión das mulleres en Irán e pola súa loita por promover os dereitos humanos e a liberdade para todos».[73]
Claudia Goldin[74] Estados Unidos de América Estados Unidos Economía «...proporcionou o primeiro relato completo dos ingresos das mulleres e da participación no mercado laboral ao longo dos séculos».[75]
2024
Han Kang[76] Corea do Sur Literatura «..pola súa intensa prosa poética que confronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana».[77]
2025 Mary Brunkow Fisioloxía ou Medicina
María Corina Machado Paz
  1. "Alfred Nobel – The Man Behind the Nobel Prize". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  2. 1 2 "Nobel Prizes and Laureates". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  3. "The Nobel Prize Awarding Institutions". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  4. "The Nobel Prize Amounts". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  5. "The Nobel Prize Award Ceremonies". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  6. "All Nobel Prizes". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2018.
  7. 1 2 3 "Nobel Prize Awarded Women". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2018.
  8. "Nobel Prize Awarded Organizations". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2016.
  9. 1 2 "Nobel Prize in Physics 1903". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  10. "Economics 2009". Nobel Foundation (en inglés). 12 de outubro de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2015.
  11. "Nobel Peace Prize 1905". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  12. "Nobel Prize in Literature 1909". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  13. "The Nobel Prize in Chemistry 1911". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  14. "Nobel Prize in Literature 1926". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  15. "Nobel Prize in Literature 1928". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  16. "Nobel Peace Prize 1931". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  17. "Jane Addams - Biographical". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2015.
  18. "The Nobel Prize in Chemistry 1935". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  19. "Nobel Prize in Literature 1938". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  20. "Nobel Prize in Literature 1945". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  21. "Nobel Peace Prize 1946". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  22. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1947". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  23. "The Nobel Prize in Physics 1963". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  24. "The Nobel Prize in Chemistry 1964". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  25. "Nobel Prize in Literature 1966". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  26. 1 2 "Nobel Peace Prize 1976". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  27. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1977". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  28. "Nobel Peace Prize 1979". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  29. "Nobel Peace Prize 1982". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  30. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1983". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  31. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1986". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  32. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1988". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  33. "Nobel Prize in Literature 1991". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  34. "Nobel Peace Prize 1991". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  35. "Nobel Peace Prize 1992". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  36. "Nobel Prize in Literature 1993". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  37. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1995". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  38. "Nobel Prize in Literature 1996". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  39. "Nobel Peace Prize 1997". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  40. "Nobel Peace Prize 2003". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  41. "Nobel Prize in Literature 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  42. "Nobel Peace Prize 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  43. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  44. "Nobel Prize in Literature 2007". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  45. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2008". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  46. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  47. "Nobel Prize in Chemistry 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  48. "Nobel Prize in Literature 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  49. "Nobel Prize in Economics 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  50. "The Nobel Peace Prize 2011". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015.
  51. "The Nobel Prize in Literature 2013" (PDF). Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015.
  52. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2014". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015.
  53. "The Nobel Peace Prize 2014". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015.
  54. "The Nobel Prize in Literature 2013" (PDF). Nobel Foundation. Consultado o 4 de abril de 2016.
  55. "Nobel Prize in Literature 2015". Nobel Foundation. Consultado o 4 de abril de 2016.
  56. "The Nobel Prize in Physics 2018". Nobel Foundation. Consultado o 13 de outubro de 2018.
  57. "Nobel Prize in Chemistry Is Awarded to 3 Scientists for Using Evolution in Design of Molecules". Consultado o 3 de outubro de 2018.
  58. "Nobel Peace Prize for anti-rape activists Nadia Murad and Denis Mukwege". Consultado o 5 de outubro de 2018.
  59. "Nobel Prize in Literature 2018". Nobel Foundation. Consultado o 10 de outubro de 2019.
  60. Nobel Prize 2019 nobelprize.org
  61. "The Nobel Prize in Physics 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17.
  62. "The Nobel Prize in Chemistry 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17.
  63. "All Nobel Prizes 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17.
  64. "Nobel de Química consagra primeira mulher da temporada; americano vence pela segunda vez". RFI (en portugués). 2022-10-05. Consultado o 2022-10-08.
  65. García Higueras, Laura (6 de outubro de 2022). "Annie Ernaux, la maestra de la autoficción, gana el Premio Nobel de Literatura 2022". eldiario.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  66. Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  67. 1 2 Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  68. "The Nobel Prize in Physics 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  69. Criado, Miguel Ángel (2 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Medicina 2023 para Katalin Karikó y Drew Weissman por la vacuna de la covid". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  70. Criado, Miguel Ángel (2 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Medicina 2023 para Katalin Karikó y Drew Weissman por la vacuna de la covid". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  71. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  72. García Díaz, Sara (6 de outubro de 2023). "Premio Nobel de la Paz 2023: Nargis Mohammadi ganadora, en directo". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  73. "The Nobel Peace Prize 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  74. Redacción (9 de outubro de 2023). "El Nobel de Economía es para Claudia Goldin por estudiar la aportación de las mujeres en el mercado de trabajo". rtve.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  75. "The 2023 economic sciences laureate". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023.
  76. Santirso, Jaime (10 de outubro de 2024). "Han Kang, premio Nobel de Literatura 2024". abc.es (en castelán). Consultado o 19 de outubro de 2024.
  77. "The Nobel Prize in Literature 2024". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]