Wifi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Wi-Fi")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
WiFi Logo.svg

A wifi é a tecnoloxía de conexión sen cabos entre dispositivos por medio de ondas de radio de baixa frecuencia,[1] en frecuencias non reservadas para outros fins específicos.

É precisamente polo feito de seren frecuencias abertas, que non necesitan de licenza ou autorización do regulador das comunicacións para operar, ao contrario das demais áreas de negocio, o que as torna tan atractivas.[Cómpre referencia]

Un ordenador portátil conectado mediante ondas de radio a un punto de acceso sen fíos (á dereita) mediante unha placa PCMCIA (que se ve saíndo pola esquerda do portátil).

Uso moderno[editar | editar a fonte]

No uso moderno, wireless refírese a comunicación sen cabos ou fíos e usa principalmente frecuencia de radio e ondas infravermellas. Por exemplo, Internet sen fíos ou Wlan.

O funcionamento do wifi é simple. Para ter acceso á Internet a través dunha rede wifi (tamén coñecida como Wlan) débese estar no radio de acción dun punto de acceso (normalmente coñecido por hotspot) ou lugar público onde opere unha rede sen fíos e usar un dispositivo móbil, como un computador portátil, unha tableta PC ou un asistente persoal dixital con capacidades de comunicación Wireless.

Un Hotspot wifi créase para establecer un punto de acceso para unha conexión de Internet. O punto de acceso transmite un sinal sen fíos nunha pequena área – preto de 100 metros. Cando un aparello permite wifi , como un Pocket PC, e atopa un hotspot, este pode conectar na rede sen fíos. Moitos hotspots están localizados en lugares que son accesibles ao público, como aeroportos, cafés, hoteis e librarías. Moitas casas e oficinas tamén teñen redes wiki. Mentres que algúns hotspots son gratuítos, a maioría das redes públicas son soportadas por unha Internet Service Provider (ISPs), que cobra unha taxa aos usuarios pola conexión a Internet.

Para os portátiles máis recentes, Intel, o maior fabricante mundial de microprocesadores, prové o chip Centrino, que trae incorporada a xestión wireless. Para os que non veñan equipados con este procesador, a solución é pórlle unha placa ou tarxeta especialmente apropiada.

As altas-frecuencias de transmisión precisan xeralmente de aprobación dos gobernos. Con iso, medrou a industria comercial da radio e millares doutros tipos de radiodifusión. As ondas (frecuencias) de radio están sendo agora crecentemente usadas regularmente por usuarios de computador, coñecidas por streaming.

Algúns desenvolvedores de software e hardware están creando computadores menores que forman unha Internet sen fíos ad-hoc, con protocolos como wifi. A IEEE 802.11 estandarizou o uso wireless de conexións locais.

Router sen fíos de D-Link

Os Routers optimizados para Internet sen fíos requiren o cálculo en tempo real da mellor dirección do tráfico das ondas.

Os fornos de microondas usan unha radiación electromagnética de frecuencia 2.45 GHz de alcance. Os teléfonos móbiles, Internet sen fíos, e outras ferramentas semellantes están a 2.4 GHz de alcance. Isto é porque a proximidade das ondas poden romper a comunicación sen fíos, ou wireless.

Riscos para a saúde[editar | editar a fonte]

En 2007 o goberno alemán lanzou aos seus cidadáns unha advertencia[2] dos problemas de saúde que poderían vir asociados ao uso desta tecnoloxía, entre outras sen fíos. O ministro de medio ambiente dese país desaconsellaba o seu uso e suxería que os cidadáns usasen conexións cableadas convencionais no seu lugar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]