Sarah Trimmer
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Sarah Kirby 6 de xaneiro de 1741 Ipswich |
| Morte | 15 de decembro de 1810 Brentford |
| Lugar de sepultura | St Mary's Church, South Ealing (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, escritora de literatura infantil, editora literaria |
| Familia | |
| Fillos | Joshua Kirby Trimmer, Henry Scott Trimmer |
| Pais | John Joshua Kirby |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A Cyclopaedia of Female Biography A Historical Dictionary of British Women, (p.431) |
Sarah Trimmer, nada o 6 de xaneiro de 1741 e finada o 15 de decembro de 1810, foi unha escritora e crítica de literatura infantil británica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu xornal, The Guardian of Education, axudou a definir o xénero emerxente, facendo crítica de literatura infantil de forma oficial por vez primeira; tamén creou a primeira recensión histórica da literatura para cativos, estabelecendo un punto de referencia do xénero que os historiadores seguen a empregar na actualidade. O seu libro infantil máis popular, Fabulous Histories, inspirou varias historias infantís e seguiu entrando no prelo durante máis dun século.