Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo do Wikidata.

O sábado 24 de febreiro de 2018 houbo unha xuntanza/obradoiro en Santiago de Compostela para aprender o que é Wikidata e como utilizalo.

Cando e onde[editar a fonte]

O Centro Sociocultural As Fontiñas está moi preto de Área Central.

A xuntanza fíxose no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, a carón de Área Central, o sábado 24 de febreiro de 10 a 14 h. As coordenadas do sitio son: 42°53'02.4"N 8°31'52.5"W. Podes velo en Google Maps aquí ou en OpenStreetMap aquí.

Información para participantes[editar a fonte]

Temos unha aula con ordenadores e con conexión a Internet para facer as prácticas e fedellar todo o que faga falta en Wikidata, así que, se queres, non é preciso que traias o teu equipo.

Que imos facer?[editar a fonte]

Dado que na comunidade de galipedistas non hai ninguén especializado en Wikidata, o obradoiro foi un pouco intuitivo e autodidacta. Desde o máis básico, como modificar un ítem xa existente, á creación de novos ítems, o uso de identificadores para o control de autoridades, ou as posibilidades de https://query.wikidata.org/.

Tamén poderemos adiantar un pouco na tradución das propiedades e categorías relacionais, así como no uso que se lle dá ás infotáboas. (persoa, entidade xeográfica, organización, acontecemento).

Que fixemos?[editar a fonte]

Xuntámonos nove persoas, algunhas con máis coñecementos sobre WikiData e outras con menos. Primeiro estivemos falando sobre as utilidades de Wikidata, e despois atrevémonos a crear un novo elemento. Aproveitamos que catro días antes tivera lugar o Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e fixemos o elemento de Rebeca Atienza (d:Q50066171). Despois fixéronse outros máis de artigos creados no Wikimaratón.

Doutra banda, aprendemos a crear cualificativos dentro dunha declaración. Concretamente dentro de d:Q3393322 (Miguel Anxo Fernández Lores) e da declaración d:P39 (cargo ocupado), editouse a declaración d:Q26690645 (alcalde de Pontevedra), incluíndo d:P50 (data de inicio), d:P1365 (a quen substitúe) e d:P102 (partido político).

Ao tempo, traducíronse ao galego as descricións de varios elementos e intentouse modificar o Modelo:Biografía para que nos artigos de mulleres incluíse a forma feminina na sección 'ocupación'.

Houbo moi bo ambiente de traballo, a pesar de certos problemas coa Wi-Fi, mais solventámolos compartindo unhas rosquillas traídas de Sigüeiro (fabricadas en Ponteareas, iso si).

Galicomida[editar a fonte]

E xa que remataremos sobre as dúas, estamos falando de facer unha comida para seguir de cháchara nalgún bareto, vai pensando o que vas pedir!

Apúntate![editar a fonte]

Se che apetece participar nesta xornada, podes apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario.

--

  • Apetecer, apetece, pero por esta non poderá ser. Deixo o meu apunte como candidato para a seguinte.--Agremon(contacto) 8 de febreiro de 2018 ás 09:25 (UTC) // 'Última hora': ó mellor aínda se me logra. Agremon(contacto) 8 de febreiro de 2018 ás 19:58 (UTC)

Véxase tamén[editar a fonte]

Outras páxinas[editar a fonte]